Home Pontevedra O Circo de Pinocho chega a Salceda de Caselas

O Circo de Pinocho chega a Salceda de Caselas

- Anuncio -

Ofrecerán funcións o 15, 16 e 17 de novembro fronte a Igrexa de Santa María de Salceda
Educateatro Producións sae dos teatros para poñer en escena o seu novo espectáculo en carpa, Circo de Pinocho. O proxecto de maior envergadura dos creadores de Os tres porquiños, Carapuchiña Vermella e O mundo máxico de Pinocho, atópase de xira pola provincia, e a vindeira fin de semana recalará en Salceda de Caselas, fronte á Igrexa de Santa María, con funcións o venres ás 18:30h, o sábado ás 18:00h e o domingo, ás 12:00h e ás 17:00h.
O espectáculo realizarase nunha carpa de circo con aforo para 450 persoas, comodamente sentadas en butacas individuais e con calefacción. Ademais, o ambigú conta con servizo de cafetería, photocall e instalacións adaptadas para cadeiras de rodas. Na representación circense non participan animais. A música, a lingua e a diversión son os piares fundamentais do traballo, cos que pretenden fomentar a educación en valores e contribuír a unha aprendizaxe signicativa.
Loli Castiñeira, Alcaldesa de Salceda: “Salceda non podía ser menos. Tratándose dun espectáculo para público familiar tiñamos que recoller esta xira que deste xeito recae nun pobo xoven e ansioso de participar en moitos eventos. Resaltar que sexa un espectáculo en galego, coa necesidade que teñen os nosos nenos e nenas de referentes de ocio en galego, polo que van ser uns días estupendos de ocio e diversión”.
O equipo creativo, así como o elenco do Circo de Pinocho, componse maioritariamente por artistas galegos, e a montaxe, creada unicamente para representarse en carpa, combina o teatro musical cunha escolma dos números máis tradicionais do circo, empregando como fío conductor a Pinocho, un dos personaxes máis coñecidos da literatura universal.
Alex Rodríguez, Concelleiro de Cultura e Normalización Lingüística destacou que se trata de unha proposta que realiza un esforzo por realizarse integramente en galego e con un elenco exclusivamente galego, polo que é un valor importante na promoción deste espectáculo.
Durante as dúas horas de función, descanso incluído, o público acompañará ao protagonista a cumplir o seu soño de montar un circo. Para iso, Gepetto construirá aos bonecos que, coa maxia da Fada Mimadriña, volveranse de carne e óso para ofrecer números de corda frouxa, malabares, suspensión capilar, acrobacias, trapecio… aderezadas por unha banda sonora orixinal composta por 20 cancións. Co que non contaba ninguén, é que ese feitizo fará que Pinocho se transforme de novo nun boneco de madeira. Durante o espectáculo, Pinocho e Pepiño Grilo terán que atopar á Fada para reverter o conxuro, pero non aparece por ningures. Raptouna a malvada Chinche Chinchón, que está reclutando artistas para o circo da competencia. Poderán os artistas liberala para que Pinocho volva ser un neno de verdade?
As entradas para as funcións oscilan entre os 15€ na grada e palcos laterais e os 20€ no palco central. Os venres, día da persoa espectadora, as localidades terán un prezo único de 10€ , e os domingos ás 12:00h, un desconto xeral de 3€ en cada boletos. As entradas xa se poden adquirir na web www.circodepinocho.gal e tamén na billeteira física no hall do circo, unha hora antes de cada función.

Relacionadas

A sede da Deputación en Vigo acolle unha conferencia do ilustrador Paco Roca no...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, abriu este xoves na sede da institución en Vigo unha das actividades que acolle as instalacións...

A Casa Consistorial abrirase ao público cun acto institucional no que participarán todas Corporacións...

0
A inauguración está prevista para o venres, 15 de novembro, a partir das 18 horas. Están convidados 166 concelleiros e concelleiras municipais que estarán...

Soutomaior acollerá por primeira vez na súa historia un foro sobre Memoria Histórica

0
O encontro divídese en dous días e analizará desde diferentes perspectivas o proceso de recuperación da memoria histórica a nivel político, social e cultural O...

Pontevedra celebra a XI Milla Móvete pola diabetes da man de Anedia e do...

0
Anabel Gulías: “A milla é un acto de visibilización dunha realidade que pasa desapercibida e unha reivindicación do deporte como piar do benestar". O CGTD...

Luis López lembra que a Deputación reforzará o apoio ao sector gandeiro con 100.000...

0
O presidente provincial participa en Lalín nun encontro con gandeiros da comarca do Deza promovido por Xundeva para avanzar na formación e competitividade do...

O Concello de Nigrán pecha o fegateatro coa actuación ‘A decisión de María’ este...

0
A obra, do grupo Atrezo Teatro, vai sobre o embarazo adolescente e haberá un coloquio ao rematar O Concello de Nigrán pechará este domingo o...

Publicacións Relacionadas