Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación adica o 8 de novembro ás mulleres investigadoras e científicas...

A Deputación adica o 8 de novembro ás mulleres investigadoras e científicas dentro da súa campaña “8M, mes a mes”

- Anuncio -

A doutora en Farmacia e investigadora no Campus Auga, Julia Carballo Rodríguez, é a muller elixida pola Área de Igualdade da institución provincial para encarnar este recoñecemento, que neste mes leva por lema “fermentando o feminismo”

Julia Carballo promove a inserción das mulleres na ciencia e a tecnoloxía a través do colectivo “eXXperimenta en feminino”

Como cada día 8, a Área de Igualdade da Deputación de Ourense activa a súa iniciativa “8M, mes a mes”, que consiste en realizar un destacamento especial á muller e a súa importancia no mundo laboral, poñendo en valor o seu labor durante todo ano, sobre todo en sectores tradicionalmente masculinizados. Neste 8M, a iniciativa destaca a importancia das mulleres na Ciencia e a Investigación, encarnada na doutora Julia Carballo Rodríguez.

Así, tendo en conta a elección deste mes, o lema seleccionado é “Fermentando o feminismo”, en relación ao poder dos microorganismos que realizan a fermentación, pois a muller seleccionada é experta en Microbioloxía. Julia Carballo é doutora en Farmacia e traballa como investigadora no Campus Auga da Universidade de Vigo. Desde hai máis de 30 anos ten o seu posto de traballo como investigadora na área de Microbioloxía da Facultade de Ciencias e imparte clases nos graos de Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos e Ciencias Ambientais. Tamén participa en Aprendizaxe-Servizo no proxecto Micromundo no que, mediante a colaboración entre alumnado universitario e alumnado de Secundaria e Bacharelato, fai divulgación da problemática da resistencia bacteriana aos antibióticos e á procura de novos microorganismos produtores.

A doutora Carballo está volcada en apoiar a ciencia e a tecnoloxia, polo que promove a inserción das mulleres na mesma a través do colectivo “eXXperimenta en feminino” (http://exxperimentaenfeminino.webs.uvigo.es/es/inicio), do que é co-fundadora e que anualmente organiza unha xornada e actividades divulgativas dirixidas a atraer nenas ás titulacións científico-técnicas. Nestas xornadas tamén se amosa á sociedade en xeral o traballo das mulleres científicas para así poder visibilizar á muller na Ciencia algo que hai anos era pouco visible.

Relacionadas

A Deputación bota o peche do xogo de escapismo do Castelo de Soutomaior coas...

0
O xogo, para o que están á venda as entradas dos oito pases que se realizarán o sábado 11 e o domingo 12 de...

A Deputación acada en 2024 o maior dato en dez anos de visitas ás...

0
Increméntase o número de visitantes individuais, grupos e participantes en actividades, aínda que o dato global baixa debido ao peche das ruínas de San...

A Deputación mantén aberta a exposición “Cines de Pontevedra” en Vigo ata o próximo...

0
A mostra pode visitarse na sala Rosalía de Castro da sede viguesa da institución provincial e busca rememorar os recordos dos vellos cines e...

A Cabalgata de Reis de Ourense sairá mañá ás 18.00 h desde o Pavillón...

0
O Concello activa este plan alternativo á vista das previsións de intensas chuvias para mañá á tarde A finalidade do cambio é acadar as mellores...

A execución de obras requirirá pechar ao tráfico a Avenida das Caldas desde o...

0
As obras que executa a Xunta de Galicia na Avenida das Caldas ocasionarán restricións de tráfico desde o vindeiro martes, día 7, até o...

A Deputación vístese de gala para recibir aos Reis Magos por primeira vez na...

0
As súas maxestades de Oriente recolleron as cartas da cativada e foron recibidos polo vicepresidente Rafa Domínguez despois de pasar polo Centro Príncipe Felipe,...

Publicacións Relacionadas