Home Xunta de Galicia A Xunta destaca a proactividade e o compromiso de Galicia na prevención...

A Xunta destaca a proactividade e o compromiso de Galicia na prevención de riscos laborais e a prol de contornas de traballo saudables e seguras

- Anuncio -

― José González subliñou o papel activo da comunidade galega na representación das autonomías durante a negociación da Estratexia Española de Seguridade e Saúde no Traballo e na coordinación de accións desta folla de ruta, entre outras accións

― Puxo en valor a Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia: Horizonte 2027, unha ferramenta transversal que atende tanto ás situacións de riscos tradicionais como ás novas realidades do mercado laboral

― Destacou o papel das arredor de 300 persoas participantes no Congreso Nacional de Seguridade e Saúde Laboral para garantir a saúde das persoas traballadoras

― Salientou a suba do 3% no orzamento de 2025 do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, que será de arredor de 8 M€, para reforzar o labor deste centro

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, puxo hoxe de relevo a proactividade e o compromiso de Galicia na prevención de riscos laborais e a prol de contornas de traballo saudables e seguras. Nesta liña, destacou o papel activo da comunidade galega na representación das autonomías durante a negociación da Estratexia Española de Seguridade e Saúde no Traballo e na coordinación de accións desta folla de ruta, así como o ofrecemento da comunidade para acoller o I Congreso Nacional de Seguridade e Saúde Laboral.
Así o sinalou na clausura deste evento, que se celebrou onte e hoxe na Coruña e onde estivo acompañado polo secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, e pola xerente do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga), Adela Quinzá-Torroja, e que foi organizado polo Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo.
Alí tamén puxo en valor a Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia: Horizonte 2027, unha ferramenta transversal que complementa á folla de ruta nacional e que atende tanto ás situacións de riscos tradicionais como ás novas realidades do mercado laboral e que é froito da escoita activa e do diálogo social cos axentes implicados.
Dentro desta estratexia salientou o Laboratorio de riscos psicosociais, ferramenta creada recentemente entre o Goberno galego e a Universidade de Santiago de Compostela para atallar cuestións como o estrés, a violencia e o desgaste profesional. Tamén se referiu ás campañas de prevención e concienciación do Issga en distintos sectores.
Nesta liña, José González subliñou o valor da colaboración público-privada para poñer en marcha medidas que impliquen ás administracións, empresas e ás persoas traballadoras a prol de contornas laborais seguras, saudables e sostibles e para facer fronte aos riscos psicosociais e a retos como o cambio climático, a dixitalización ou o absentismo.
Ademais, destacou o papel das arredor de 300 persoas que reuniu este congreso en facer da prevención de riscos unha prioridade e en garantir a saúde das persoas traballadoras. Entre eles, directores xerais da área de traballo das administracións estatal e autonómicas e responsables de institutos autonómicos de seguridade e saúde laboral e doutros países. Tamén representantes das persoas traballadoras, de empresas e persoal técnico en prevención de riscos laborais, entre outros.
Impulso ao Issga
En canto ao Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, o conselleiro puxo de relevo o incremento dun 3% no orzamento de 2025 deste centro dependente da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, que será de arredor de 8 millóns de euros. A este importe hai que sumarlle o das axudas en materia de prevención de riscos laborais, incluída promoción, de preto de 3 millóns de euros.

Relacionadas

A Xunta activa a alerta laranxa por chuvias no oeste da Coruña

0
― Cómpre lembrar que se mantén desde esta tarde o nivel de aviso laranxa por temporal costeiro no litoral da Coruña e en Pontevedra ―...

A Xunta comproba o avance das obras da nova residencia e centro de día...

0
O Goberno galego achegou máis de 130.000 euros ao soterramento da liña eléctrica que estaba instalada na parcela na que se constrúe o centro O...

O Servizo Galego de Saúde destina máis de 3,7 M€ a realizar máis de...

0
 Fabricáronse 1.500 doses de radiofármacos extra e fixéronse 4.100 informes adicionais das unidades móbiles de resonancias magnéticas  A sanidade pública dispón así de...

A Xunta licita por 3,3 M€ as obras de renovación do firme en 5...

0
Acondicionarase o firme en varios treitos das estradas PO-226, PO-303, PO-307, PO-308 e PO-550, que discorren polos concellos de Cuntis, Moraña, Barro, Poio, Sanxenxo,...

A Xunta autoriza 114 prazas para novos profesores axudantes doutores en todas as ramas...

0
Por áreas, 52 prazas son para Ciencias Sociais e Xurídicas, 25 para Enxeñaría e Arquitectura, 19 para Ciencias da Saúde, 9 para Artes e...

Un total de 36 centros educativos intercambian boas prácticas docentes na fase autonómica do...

0
A Xunta impulsa desde hai dez cursos esta iniciativa baseada na observación do traballo na aula que permite as docentes coñecer outras realidades e...

Publicacións Relacionadas