Home Ourense O goberno municipal aprobará mañá en Xunta de Goberno o Plan de...

O goberno municipal aprobará mañá en Xunta de Goberno o Plan de Estabilización de emprego temporal, mantendo os criterios de desempate

- Anuncio -

O goberno municipal do Concello de Ourense aprobará mañá, venres, en Xunta de Goberno Local o plan de estabilización de emprego temporal, mantendo os criterios de desempate previamente establecidos.

Así o avanzou este mediodía o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, quen explica que “onte habilitamos 20 millóns de euros grazas á abstención do PP, tras unha negociación. Atendemos á súa esixencia de manter, no proceso de estabilización de empregados públicos temporais, o criterio de desempate que beneficiaría ao traballador que fose deste concello”.

Advirte Pérez Jácome que “dos 104 traballadores que estabilizarán, estimamos que tan só ao redor dun 5-10%, 5-10 persoas, poderían verse afectados polo feito de que funcionarios doutras administracións con máis 17 anos de antigüidade computasen máis méritos”.

Asegura o rexedor que “nós prefeririamos outro criterio de desempate, pero aceptamos por un ben superior, neste caso desbloquear a xestión do Concello con eses 20 millóns €. Á fin e ao cabo, ata podería darse o caso de que ningún funcionario doutras administracións quixese trasladarse ao Concello, co cal, o cambio seria irrelevante”, conclúe o alcalde.

Relacionadas

A Cabalgata de Reis de Ourense sairá mañá ás 18.00 h desde o Pavillón...

0
O Concello activa este plan alternativo á vista das previsións de intensas chuvias para mañá á tarde A finalidade do cambio é acadar as mellores...

A execución de obras requirirá pechar ao tráfico a Avenida das Caldas desde o...

0
As obras que executa a Xunta de Galicia na Avenida das Caldas ocasionarán restricións de tráfico desde o vindeiro martes, día 7, até o...

A execución de obras requirirá pechar ao tráfico a Avenida das Caldas desde o...

0
As obras que executa a Xunta de Galicia na Avenida das Caldas ocasionarán restricións de tráfico desde o vindeiro martes, día 7, até o...

O Concello ofrecerá en directo a xeolocalización da Cabalgata de Reis a través da...

0
O Concello de Ourense ofrecerá en directo a través da súa páxina web e da aplicación móbil a xeolocalización da Cabalgata de Reis que...

A Deputación executou durante 2024 máis de 40 proxectos de conservación, mantemento e reforma...

0
A Área de Infraestruturas atendeu máis dun millar de expedientes de autorización de particulares e concellos para levar a cabo obras nas zonas de...

Óscar Puente incumpriu o compromiso contraído, xustamente hai un ano, de licitar as obras...

0
· “Estamos ante un desprezo enorme aos cidadáns valdeorreses e bercianos que desde logo non se merecen este incalificable comportamento”, sinala o deputado Celso...

Publicacións Relacionadas