Home Pontevedra Soutomaior acollerá por primeira vez na súa historia un foro sobre Memoria...

Soutomaior acollerá por primeira vez na súa historia un foro sobre Memoria Histórica

- Anuncio -

O encontro divídese en dous días e analizará desde diferentes perspectivas o proceso de recuperación da memoria histórica a nivel político, social e cultural

O Concello de Soutomaior acollerá por primeira vez na súa historia un foro sobre Memoria Histórica. Baixo o nome ‘Recuperar para construír’, o foro desenvolverase este venres e este sábado no Multiusos de Arcade, cunha extensa programación que abrangue desde varios coloquios e exposicións ata a proxección dun documental e a representación dunha peza teatral.
O I Foro sobre Memoria Histórica de Soutomaior comezará o venres ás 17:00 horas coa apertura das exposicións ‘Acorda’ e ‘Reixa’, que se poderán visitar tanto o venres como o sábado entre as 17:00 e as 21:00 horas no salón de actos do Multiusos. O venres ás 20:00 horas levarase a cabo a proxección do documental ‘Acorda’ e posteriormente, ás 21:00 horas, terá lugar o coloquio ‘O papel das institucións públicas no proceso de recuperación’, no que intervirán o alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo; o deputado no Parlamento galego Luís Bará; a ex deputada de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra, María Ortega; e a deputada no Congreso español, Marica Adrio.
Xa o sábado, ademais de poder visitar ambas exposicións xa mencionadas, a compañía Os Quinquilláns representará a obra teatral ‘A señora de Forcadela’, centrada na vida de Josefa García Segret, mestra represaliada durante a época do franquismo. A continuación decorra o coloquio ‘Espertar a memoria’, no que participarán Montse Fajardo, xornalista e escritora especializada en memoria histórica; Natalia Jorge Pereira, historiadora e autora do libro ‘Abaixo as dictaduras’; Tero Rodríguez, directora de escena e actriz; e Xosé Álvarez Castro, historiador que analiza e escribe sobre a represión na guerra e postguerra.

Relacionadas

A sede da Deputación en Vigo acolle unha conferencia do ilustrador Paco Roca no...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, abriu este xoves na sede da institución en Vigo unha das actividades que acolle as instalacións...

A Casa Consistorial abrirase ao público cun acto institucional no que participarán todas Corporacións...

0
A inauguración está prevista para o venres, 15 de novembro, a partir das 18 horas. Están convidados 166 concelleiros e concelleiras municipais que estarán...

Pontevedra celebra a XI Milla Móvete pola diabetes da man de Anedia e do...

0
Anabel Gulías: “A milla é un acto de visibilización dunha realidade que pasa desapercibida e unha reivindicación do deporte como piar do benestar". O CGTD...

O Circo de Pinocho chega a Salceda de Caselas

0
Ofrecerán funcións o 15, 16 e 17 de novembro fronte a Igrexa de Santa María de SalcedaEducateatro Producións sae dos teatros para poñer en...

Luis López lembra que a Deputación reforzará o apoio ao sector gandeiro con 100.000...

0
O presidente provincial participa en Lalín nun encontro con gandeiros da comarca do Deza promovido por Xundeva para avanzar na formación e competitividade do...

O Concello de Nigrán pecha o fegateatro coa actuación ‘A decisión de María’ este...

0
A obra, do grupo Atrezo Teatro, vai sobre o embarazo adolescente e haberá un coloquio ao rematar O Concello de Nigrán pechará este domingo o...

Publicacións Relacionadas