Home Xunta de Galicia A Xunta avalía na Mesa do Emprego Autónomo a nova orde unificada...

A Xunta avalía na Mesa do Emprego Autónomo a nova orde unificada con 40 M€ en axudas para o colectivo

- Anuncio -

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, presidiu esta tarde unha nova xuntanza da Mesa do Emprego Autónomo de Galicia, onde se avaliou a nova orde que o ano que vén unificará 40 millóns de euros en axudas específicas para o colectivo. Unha orde que dá cumprimento ao compromiso adquirido polo presidente da Xunta co gallo de reducir trámites e axilizar a concesión de achegas.

En concreto, no encontro -que contou coa representación das entidades APE Galicia, ATA e UPTA-Agtamar- detállouse que a convocatoria reunirá a cota cero e apoio ao inicio de actividade, o Bono Autónomo, o programa de Nova Oportunidade, o Bono Remuda e axudas á conciliación, que se enmarcan no total de 60 millóns de euros que se mobilizan cada ano en políticas de traballo autónomo e emprendemento.

Relacionadas

A Xunta activa a alerta laranxa por chuvias no oeste da Coruña

0
― Cómpre lembrar que se mantén desde esta tarde o nivel de aviso laranxa por temporal costeiro no litoral da Coruña e en Pontevedra ―...

A Xunta comproba o avance das obras da nova residencia e centro de día...

0
O Goberno galego achegou máis de 130.000 euros ao soterramento da liña eléctrica que estaba instalada na parcela na que se constrúe o centro O...

O Servizo Galego de Saúde destina máis de 3,7 M€ a realizar máis de...

0
 Fabricáronse 1.500 doses de radiofármacos extra e fixéronse 4.100 informes adicionais das unidades móbiles de resonancias magnéticas  A sanidade pública dispón así de...

A Xunta licita por 3,3 M€ as obras de renovación do firme en 5...

0
Acondicionarase o firme en varios treitos das estradas PO-226, PO-303, PO-307, PO-308 e PO-550, que discorren polos concellos de Cuntis, Moraña, Barro, Poio, Sanxenxo,...

A Xunta autoriza 114 prazas para novos profesores axudantes doutores en todas as ramas...

0
Por áreas, 52 prazas son para Ciencias Sociais e Xurídicas, 25 para Enxeñaría e Arquitectura, 19 para Ciencias da Saúde, 9 para Artes e...

Un total de 36 centros educativos intercambian boas prácticas docentes na fase autonómica do...

0
A Xunta impulsa desde hai dez cursos esta iniciativa baseada na observación do traballo na aula que permite as docentes coñecer outras realidades e...

Publicacións Relacionadas