Home Xunta de Galicia Turismo promociona en Bilbao a proposta urbana con ‘De Tapas por Galicia’...

Turismo promociona en Bilbao a proposta urbana con ‘De Tapas por Galicia’ para incrementar o fluxo de visitantes todo o ano da man da gastronomía

- Anuncio -

— O ano pasado, o mercado vasco situouse en 269.000 visitantes que fixeron 2,1 millóns de noites, o que supón crecementos dun 7% e un 12% respectivamente

— O Mercado de La Ribera de Bilbao acolle desde mañá a Semana Gastronómica con sete propostas de sete cociñeiros das sete principais cidades de Galicia

Bilbao (Vizcaya), 7 de novembro de 2024.- O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, presentou esta tarde a semana gastronómica De Tapas por Galicia en Bilbao coa que Turismo de Galicia presenta na capital de Vizcaya as tapas gañadoras este ano nos certames celebrados nas sete cidades galegas. A promoción da oferta turística urbana é un dos obxectivos da Estratexia de Turismo de Galicia 2030 e que se persegue tamén con esta acción con miras postas en incrementar os 269.000 turistas vascos rexistrados en 2023 e tamén garantir un fluxo de visitantes durante todo o ano.

Durante a súa intervención, o director de Turismo de Galicia puxo en valor a gastronomía como un dos principais atractivos para turistas que cada día outorgan máis valor a experiencias de calidade e singulares. Así, destacou a estratexia do Goberno galego de promoción de gastronomía galega co Plan Territorial de Sostibilidade Turística de Enogastronomía de Galicia dotado, con 34,5M€, que dá conta “da nosa férrea aposta pola gastronomía e o noso traballo para posicionar Galicia como un destino de excelencia”.

O director de Turismo de Galicia puxo en valor tamén a gastronomía do País Vasco, á que se referiu como un referente en todo o territorio nacional. En relación a De Tapas por Galicia dixo que é “un dos nosos mellores escaparates para amosar o mellor dos nosos produtos de proximidade, o mellor modo de facer dos nosos cociñeiros e o carácter máis innovador da nosa cociña”.

Tapas e viños das DO
Desde mañá e ata o vindeiro 17 de novembro, sete cociñeiros das sete principais cidades galegas reuniranse no Mercado de La Ribera da capital bilbaína para amosar as súas propostas gastronómicas en forma de tapa, maridadas con viños das cinco Denominacións de Orixe de Galicia. Cada cociñeiro elaborará unha media de 300 tapas nos distintos días desta semana.

Así, este vernes será a quenda de Manu Triay que rexenta a Taberta Triay na Coruña e que presentará a tapa Donete recheo de cocido. O sábado será Álvaro Pérez de Artesana Gastrobar en Santiago de Compostela, o que elabore a tapa Estamos como cabras para logo o domingo, Iñaki Bretal do Restaurante Loaira en Pontevedra, presente a proposta Trasmallos entre neboeiro.

O xoves 14 chegará a tapa Nigiri crokketa de carabineiro, elaborada por Nicolás Pío de Nikko Espacio Gastronómico de Vigo, e o venres, será Gabi Conde do Restaurante Portovello de Ourense o que explique e cociñe a tapa A Terma. O sábado tocaralle a quenda ao gañador da tapa na cidade de Lugo, Bret Fernández de Prebe by Bret que elaborará Xurelo Black Coupage e o último día, o domingo 17 de novembro, será Adrián Pérez do restaurante ferrolán Sinxelo, quen presente e tapa Recordos da miña nenez.

Relacionadas

A Xunta activa a alerta laranxa por chuvias no oeste da Coruña

0
― Cómpre lembrar que se mantén desde esta tarde o nivel de aviso laranxa por temporal costeiro no litoral da Coruña e en Pontevedra ―...

A Xunta comproba o avance das obras da nova residencia e centro de día...

0
O Goberno galego achegou máis de 130.000 euros ao soterramento da liña eléctrica que estaba instalada na parcela na que se constrúe o centro O...

O Servizo Galego de Saúde destina máis de 3,7 M€ a realizar máis de...

0
 Fabricáronse 1.500 doses de radiofármacos extra e fixéronse 4.100 informes adicionais das unidades móbiles de resonancias magnéticas  A sanidade pública dispón así de...

A Xunta licita por 3,3 M€ as obras de renovación do firme en 5...

0
Acondicionarase o firme en varios treitos das estradas PO-226, PO-303, PO-307, PO-308 e PO-550, que discorren polos concellos de Cuntis, Moraña, Barro, Poio, Sanxenxo,...

A Xunta autoriza 114 prazas para novos profesores axudantes doutores en todas as ramas...

0
Por áreas, 52 prazas son para Ciencias Sociais e Xurídicas, 25 para Enxeñaría e Arquitectura, 19 para Ciencias da Saúde, 9 para Artes e...

Un total de 36 centros educativos intercambian boas prácticas docentes na fase autonómica do...

0
A Xunta impulsa desde hai dez cursos esta iniciativa baseada na observación do traballo na aula que permite as docentes coñecer outras realidades e...

Publicacións Relacionadas