Home A Coruña O BNG pon a disposición da veciñanza formularios de alegación pola limpeza...

O BNG pon a disposición da veciñanza formularios de alegación pola limpeza de fincas

- Anuncio -

O Grupo Municipal do BNG vén de publicar na súa web formularios para a alegación ou a solicitude de ampliación do prazo frónte aos requirimentos enviados nas últimas semanas polo Concello.

Diante das numerosas consultas recibidas acompaña a estes formularios unha pequena guía con resposta ás preguntas máis frecuentes.


O Concello de Culleredo emitiu nas últimas semanas unhas 6.000 dilixencias de notificación requirindo á veciñanza a xestión da biomasa nas parcelas afectadas no ámbito das redes de faixas de xestión de biomasa, segundo o recollido na Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galiza.

Diante das numerosas consultas que recibimos no BNG de Culleredo pola caótica situación provocada pola falta de recursos por parte do goberno municipal, da Xunta de Galiza e da empresa encargada das labores de inspección, SEAGA, para atender as demandas de información, decidimos aportar as explicacións que fomos obtendo ás preguntas máis habituais e que poñemos a disposición da veciñanza a través dunha pequena guía e dous formularios para a presentación de alegacións ou para a solicitude dunha ampliación do prazo para a execución dos traballos requiridos.

Toda esta información pode consultarse a través da web www.culleredo.bng.gal onde se poden descargar os modelos de formulario para a súa presentación a través do rexistro municipal, ben na sede electrónica ou ben de xeito presencial nos rexistros da Casa do Concello e do Edificio de Servizos Múltiples.

Relacionadas

O Concello de Fene convida ao acto de izado da bandeira galega en San...

0
O evento terá lugar este sábado, 23 de novembro, ás 12h, e forma parte dun acto expansivo que se desenvolverá en concellos de todo...

Marián Ferreiro entregou ao padelista Iago Fuertes Leonardo o premio ao Mellor Deportista de...

0
O Pazo da Cultura foi novamente esta noite o escenario no que se desenvolveu a Gala do Deporte de Narón, que alcanzou a súa...

O Consorcio Provincial da Coruña aproba o convenio de colaboración co Concello de Arteixo...

0
• Segundo o acordo o goberno local asumirá a cesión da parcela e a edificación das novas instalacións, moito máis acordes para a correcta...

O Concello de Frades reclámalle a Sanidade que garanta unha atención de calidade nos...

0
O alcalde solicitou unha entrevista co conselleiro de Sanidade para buscar unha solución definitiva ás incidencias no servizo, que se traducen en atrasos nas...

A Pobra premiará as vivendas mellor decoradas polo Nadal

0
Un ano máis, as vivendas mellor decoradas da Pobra do Caramiñal terán premio co V Concurso de Embelecemento de Balcóns e Fachadas no seo...

Leiva actuará o próximo 12 de xullo no ciclo Coruña Sounds 2025

0
O Goberno de Inés Rey volve a apostar polas grandes actuacións musicais na cidade durante o verán Leiva actuará na cidade no verán do 2025...

Publicacións Relacionadas