Home A Coruña Un novo equipo con 13 bombeiros voluntarios parte a Valencia para apoiar...

Un novo equipo con 13 bombeiros voluntarios parte a Valencia para apoiar na resposta á DANA

- Anuncio -

O equipo dará o relevo aos 12 efectivos que dende o luns se atopan colaborando na Comunitat Valenciana en diferentes tarefas e municipios

O Concello da Coruña mobilizou un novo equipo de voluntarios dos Bombeiros da Coruña. Esta mañá, a alcaldesa despediu a 13 novos efectivos que partiron cara a Comunitat Valenciana en resposta á situación de emerxencia derivada da DANA en Valencia. Este cadro dará o relevo ao equipo de 12 bombeiros e cinco vehículos que dende este luns se atopan en Valencia a disposición da Generalitat Valenciana e en coordinación coa Xunta de Galicia, colaborando en diferentes tarefas e municipios.
En concreto, os Bombeiros da Coruña prestaron axuda nos concellos de Masanasa, Albail, Catarroja e Paiporta, realizando tarefas como liberación de garaxes, achique de auga e revisión de vehículos. Tamén prestan axuda noutras tarefas ordinarias de acordo coas necesidades da poboación das localidades afectadas.

En colaboración coa UME, os Bombeiros da Coruña estiveron traballando durante o día de onte no Barranco de Torrent en Catarroja para liberalo de vehículos, cortando árbores e retirando e inspeccionando coches así como colaborando na búsqueda de persoas desaparecidas. Continuarán coa tarefa durante o día de hoxe.

A alcaldesa agradeceulle aos Bombeiros da Coruña a súa solidariedade e disposición para axudar á poboación afectada. Así mesmo, Rey lembrou que o Concello da Coruña continuará colaborando “no que sexa preciso” e en colaboración coas administracións implicadas, mobilizando recursos e persoal para dar resposta á DANA.

Relacionadas

A veciñanza de Aguiño pide médicos a tempo completo

0
A veciñanza de Aguiño mobilizouse un venres máis para demandar a cobertura completa de profesionais médicos no centro de saúde da parroquia. Membros do equipo...

A CREBA presenta os seus servizos e a situación das mulleres ante a violencia...

0
O salón de plenos lousamiá acolleu esta mañá a decimoquinta xuntanza da Mesa, presidida pola concelleira de Igualdade Silvia Agrafojo O salón de plenos do...

Presentación dos concursos de embelecemento do Nadal de Ribeira Ribeira, 8 de novembro de...

0
Hoxe pola maná celebrouse a convocatoria para presentar os concursos de embelecemento do Nadal, ao acto asistiron o segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez-Puerta,...

Goretti Sanmartín participa no acto de inauguración do Centro de Investigación Mestrelab

0
Goretti Sanmartín participa no acto de inauguración do Centro de Investigación Mestrelab A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participou hoxe na inauguración Mestrelab CIM, na...

O Concello organiza un obradoiro de auto coñecemento para o coidado da saúde feminina...

0
O luns abre o prazo de inscrición para participar no obradoiro de auto coñecemento para o coidado da saúde feminina a partir dos 50...

O Teatro Colón acollerá o 22 de novembro o 30 aniversario do bravú

0
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, presentou o evento, que consistirá na proxección do documental BRAVÚ XXX e a actuación de Orquestra...

Publicacións Relacionadas