Home A Coruña A Coruña, o ‘turismo da moda’ e a potencia da industria téxtil...

A Coruña, o ‘turismo da moda’ e a potencia da industria téxtil galega, protagonistas da segunda edición do Congreso Modiña Summit

- Anuncio -

O evento, presentado hoxe no centro empresarial ACCEDE Papagaio polo concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, rendeu homenaxe ao falecido e recoñecido deseñador galego José Castro

A Coruña referenda de novo a súa posición como unha cidade de moda e co ‘turismo de moda’ como un dos seus atractivos turísticos máis potentes grazas á segunda edición do Modiña Summit, un congreso impulsado polas empresas Galicia de Moda e Diesemm, co apoio do Concello da Coruña, que hoxe finaliza a súa actividade na cidade tras iniciala este xoves.

Máis de 20 conferenciantes, 30 representantes das principais empresas de moda galegas, provedores, estilistas, deseñadores e prensa especializada déronse cita nun evento único en Galicia para amosar ao público o talento e o futuro do sector téxtil galego. E fixérono en dúas localizacións: a Fundación Luís Seaone e o centro de empresas ACCEDE Papagaio, onde se mostrou o potencial da moda como industria a través de mesas redondas, relatorios, talleres ou meetings. Hoxe interviron, entre outros, Óscar Castro, director de comunicación de Pull&Bear, e Marcos Míguez, director do Campus Industrial de Ferrol.
“O Goberno de Inés Rey ten claro cales son os grandes potenciais turísticos da Coruña e un deles é indubidablemente o mundo da moda. Por iso apoiamos esta iniciativa, que en só dúas edicións amosou ter un gran potencial”, sinalou Gonzalo Castro na a apertura das xornadas. Atelieres, tendas vintage, locais con roupa vangardista e outros con complementos máis tradicionais e artesanais chaman a atención, cada vez máis, daquelas persoas que visitan A Coruña interesados no ‘turismo da moda’.

Homenaxe a José Castro
O certame deste ano rendeu homenaxe á figura do deseñador galego José Castro (A Cañiza, 1971-2023), un dos grandes xenios da moda do noso país das últimas décadas. De feito, no 2008 converteuse no terceiro español, despois de Balenciaga e Paco Rabanne, en entrar na Federación Francesa da Costura. Modista de renome, vestiu a celebridades como Sarah Jessica Parker, Lady Gaga ou Paz Vega e levando a alma da moda galega ás pasarelas máis importantes do mundo.

Relacionadas

A Concellaría de Medio Ambiente organiza unha xornada de formación sobre produción de castañas

0
A Concellaría de Medio Ambiente organiza unha xornada de formación sobre produción de castañas, unha iniciativa na que contamos coa colaboración da Asociación Galega...

O concello de Carral organiza unha visita guiada polo sepulcro tardorromano de Paleo

0
• Será realizada polo arqueólogo Antón Malde e terá lugar este sábado, 9 de novembro, desde a Casa da Cultura ata a igrexa de...

A creación dun xardín no Pazo de Baldomir, proposta gañadora dos orzamentos participativos

0
· A proposta, que se incorporará nas partidas do orzamento municipal para 2025, foi seleccionada entre as 13 opcións viables presentadas. · Catro persoas coincidiron...

Neda proxectará o vindeiro xoves o documental que conmemora o 30 aniversario do movemento...

0
Neda será un dos 25 municipios da provincia nos que se estreará “Bravú XXX", documental producido por Nós Televisión para conmemorar o 30º aniversario...

Un novo equipo con 13 bombeiros voluntarios parte a Valencia para apoiar na resposta...

0
O equipo dará o relevo aos 12 efectivos que dende o luns se atopan colaborando na Comunitat Valenciana en diferentes tarefas e municipios O Concello...

O Concello promove a quinta velada de boxeo Coruña en Loita, que terá lugar...

0
O evento, cuxas entradas xa están á venda, contará co seu primeiro combate profesional femininoO Frontón de Riazor acollerá o vindeiro sábado 16 de...

Publicacións Relacionadas