Home Pontevedra Baixo Miño Cita dobre coa unidade móbil de doazón de sangue a vindeira semana

Cita dobre coa unidade móbil de doazón de sangue a vindeira semana

- Anuncio -

O autobús estará situado o luns 11 na parada do bus na Carballeira de Goián e o martes 12 na rúa Daniel Calzado Poceiro de Tomiño

Tomiño ten cita dobre neste mes de novembro coa solidariedade. O vindeiro luns 11, unha unidade móbil da Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue achegarase a Goián, onde estará na parada de autobús na Carballeira en horario de tarde, de 16.00 a 21.00 horas. Xa ao día seguinte, o martes 12, a unidade móbil estará na rúa Daniel Calzado Poceiro, en Tomiño, coas portas abertas para todas aquelas persoas que queiran achegar a súa pinga de solidariedade. Será tamén en quenda de tarde, de 16.00 a 21.00 horas.
A Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) é un organismo público dependente da Consellería de Sanidade que engloba o centro de transfusión de Galicia. Entre os seus obxectivos atópase o de subministrar compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia en función das súas necesidades. Dende a Axencia lembran que nestes intres están baixas as reservas dos grupos A+ e convida a toda a veciñanza a doar.
Cada día ADOS despraza dez unidades móbiles a diferentes puntos de Galicia e mantén abertos sete puntos fixos de doazón nos principais hospitais na procura de doazóns de sangue que despois son procesadas e preparadas para atender ás e aos doentes que así o precisen. Dende a Axencia lembran que as mulleres poden doar 3 veces ao ano e os homes catro e que cada doante que achega a súa pinga solidaria desde os 18 aos 65 anos podería salvar a máis de 500 persoas.
As persoas interesadas en doar deben lembrar que só poden doar os maiores de 18 anos cun peso mínimo de 50 kg, que hai que almorzar ou agardar dúas horas despois do xantar e levar tarxeta de doazón, DNI ou documento similar. Recoméndase non acudir a doar se nos últimos 15 días se tivo febre, tose ou problemas respiratorios e débese informar ao persoal médico se se está a tomar algunha medicación.

Relacionadas

O BNG vota en contra dos presupostos da Deputación por paralizar o Revitaliza e...

0
Mosquera lamenta que os cartos que sube o orzamento se destinen a gasto corrente, que baixen os fondos para o Museo, que non haxa...

O vicepresidente Rafa Domínguez inaugura a exposición que percorre sete décadas de pintura de...

0
Ata o 19 de xaneiro poderá visitarse no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra a mostra ‘José Benito Otero Baena’ O vicepresidente da Deputación, Rafa...

A Deputación divulga a traxectoria artística de Mercedes Ruibal nun novo faladoiro de Aquí...

0
Sandra Bastos: “A provincia de Pontevedra ten mulleres extraordinarias que chegaron á cima, como Ruibal, pero non reciben o mesmo crédito que homes cos...

Rematan os cursos gratuítos de dixitalización aplicada na Casa de Cultura de Salvaterr de...

0
Este pasado xoves remataron os cursos de dixitalización aplicada na nova aula da Casa Cultura de Salvaterra de Miño. En total foron 75 alumn@s...

O Goberno de Soutomaior sumará preto de 20 prazas de aparcadoiro gratuítas ao núcleo...

0
O alcalde Manu Lourenzo sinalou que coa habilitación deste novo aparcadoiro quedan solucionados os problemas de estacionamento que Arcade levaba anos a sufrir O Goberno...

O PP esixe a “conservación, mantemento e posta en valor” da parroquia de Alba

0
• “A roza dos camiños e a limpeza das cunetas e dos contedores é claramente insuficiente, pero é máis sanguento constatar que hai sinais...

Publicacións Relacionadas