Home Deputacións Deputación Pontevedra Luis López anuncia a posta en marcha dos Campamentos A Lanzada 2025...

Luis López anuncia a posta en marcha dos Campamentos A Lanzada 2025 con 300.000 € para elaborar o proxecto técnico-educativo

- Anuncio -

A institución provincial ofertará o vindeiro ano un total de 1.540 prazas para que menores de entre 8 e 13 anos poidan desfrutar dun programa de actividades socioculturais, recreativas, formativas, ambientais, científicas e de convivencia na Lanzada

A Deputación de Pontevedra pon en marcha a edición do 2025 dos Campamentos A Lanzada, aos que destina os primeiros 300.000 euros para contratar a asistencia técnico-educativa do programa para o vindeiro ano. Con esta iniciativa, tal e como adiantou o presidente da Deputación Luis López, un total de 1.540 menores de entre 8 e 13 anos poderán desfrutar de actividades socioculturais, recreativas, formativas, ambientais, científicas e de convivencia.

Segundo explicou López “non imos escatimar esforzos para que os rapaces e rapazas desta provincia continúen a gozar dun verán 100% Rías Baixas, dunha contorna marabillosa como é a Lanzada e aprendan valores tan importantes como o respecto, a tolerancia, o coidado do medio ambiente e a igualdade”. Deste xeito, tal e como informou o presidente, con estes 300.000 euros poderase contar cun proxecto técnico e educativo no que se inclúan, ademais das actividades a desenvolver no campamento, as saídas e as excursións que realizarán os cativos no verán do próximo ano.

Os Campamentos A Lanzada 2025 ofertarán un total de 1.540 prazas distribuídas en 11 quendas, participando en cada unha delas 140 menores. Cada quenda terá unha duración de 7 días, de domingo a sábado, e estenderanse entre o 22 de xuño e o 6 de setembro de 2025.

Relacionadas

Rematan os cursos gratuítos de dixitalización aplicada na Casa de Cultura de Salvaterr de...

0
Este pasado xoves remataron os cursos de dixitalización aplicada na nova aula da Casa Cultura de Salvaterra de Miño. En total foron 75 alumn@s...

O Goberno de Soutomaior sumará preto de 20 prazas de aparcadoiro gratuítas ao núcleo...

0
O alcalde Manu Lourenzo sinalou que coa habilitación deste novo aparcadoiro quedan solucionados os problemas de estacionamento que Arcade levaba anos a sufrir O Goberno...

O PP esixe a “conservación, mantemento e posta en valor” da parroquia de Alba

0
• “A roza dos camiños e a limpeza das cunetas e dos contedores é claramente insuficiente, pero é máis sanguento constatar que hai sinais...

O concello de Nigrán continúa desde este sábado do programa ‘Paseando Nigrán’

0
O primeiro roteiro será polo parque forestal Os Matos-Río Táboas. É imprescindible inscribirse previamente en oficinaturismo@nigran.org O Concello de Nigrán continua este sábado 9 de novembro co programa 'Paseando Nigrán' cun...

Alberto Álvarez toma posesión como concelleiro no pleno da corporación

0
No pleno da corporación do Concello de Redondela tomou onte posesión da súa acta de concelleiro Alberto Álvarez Pérez polo grupo municipal socialista. Álvarez...

A Deputación de Ourense ratifica o seu compromiso coas áreas industriais co novo estacionamento...

0
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, visitou a parcela na que se situará unha infraestrutura de relevancia para o desenvolvemento da área...

Publicacións Relacionadas