Home A Paradanta A Cañiza A Deputación aproba o expediente para dotar de instalacións de xeotermia a...

A Deputación aproba o expediente para dotar de instalacións de xeotermia a edificios municipais da Cañiza e A Illa de Arousa

- Anuncio -

As obras, que teñen un orzamento de 385.000 euros, permitirán prover deste tipo de enerxía limpa á Casa Consistorial, no caso da Cañiza, e ao centro sociocultural, na Illa

A Deputación de Pontevedra aprobou hoxe o expediente para dotar a edificios municipais dos concellos da Cañiza e A Illa de Arousa de instalacións de xeotermia sostibles, unha iniciativa enmarcada no programa de axudas para investimentos a proxectos singulares locais de enerxía limpa en municipios de reto demográfico (Programa DUS 5000) e que conta cun orzamento total de 385.000 euros. “Seguimos dando pasos para reducir a pegada enerxética da nosa provincia – asegurou o presidente Luis López sobre esta actuación financiada ao 85% polo Instituto de Diversificación e Aforro Enerxético (IDAE), ao 8% pola Deputación e ao 7% polos respectivos municipios – e facémolo, ademais, da man dos concellos, implantando medidas de eficiencia enerxética que contribúen ao desenvolvemento económico sostible local.

En concreto, na Cañiza, cun orzamento total de 215.000 euros, as actuacións realizaranse na Casa do Concello, onde se substituirá a actual caldeira de gasoil por un sistema de xeotermia, o que levará consigo, ademais, o cambio de todos os radiadores do edificio por outros máis modernos e adaptados ao novo procedemento.

Por outra banda, no caso da Illa de Arousa as actuacións, que teñen un orzamento de 170.000 euros, centraranse no centro sociocultural, situado no complexo das Casas Modernistas do concello. Neste caso instalarase unha bomba de calor xeotérmica para a calefacción e a refrixeración, así como unha rede de distribución térmica para ambos edificios.

Relacionadas

Rafa Domínguez asiste á celebración do décimo aniversario do grupo BNI Milenium Pontevedra

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou este venres no Liceo Casino de Pontevedra nos actos de celebración do décimo aniversario do...

Rafa Domínguez asiste á reunión da Asociación Galega de Anestesioloxía, Reanimación e Terapia da...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu este venres á apertura da reunión da Asociación Galega de Anestesioloxía, Reanimación e Terapia da...

O Concello de Tui lanza un programa pioneiro para acelerar a dixitalización do comercio...

0
As solicitudes poden presentarse até o domingo 17 de novembro ás 23.59 h O Concello de Tui pon en marcha nas próximas semanas un ambicioso...

Comezan as obreas danova Escola Pública Infantil

0
A alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro e a concelleira de Urbanismo, Silvia F. Táboas achegaronse ao parque Ferro-Ucha para supervisar o replanteo da obras...

Luis López sinala ante máis de 400 asistentes á Gala do Deporte que a...

0
O presidente provincial destacou o labor de todo o tecido deportivo para facer de Pontevedra “a provincia do deporte” nunha cerimonia na que foron...

Máis de mil escolares participan na 14ª edición do Campionato Escolar Zonal de Campo...

0
Máis de corenta docentes e mil alumnas e alumnos participaron onte no Campionato Escolar Zonal de Campo a Través 2024 organizado pola Asociación Deportiva...

Publicacións Relacionadas