Home Pontevedra O PP esixe a “conservación, mantemento e posta en valor” da parroquia...

O PP esixe a “conservación, mantemento e posta en valor” da parroquia de Alba

- Anuncio -

• “A roza dos camiños e a limpeza das cunetas e dos contedores é claramente insuficiente, pero é máis sanguento constatar que hai sinais que levan meses tiradas na estrada ou un farol caído no lugar de Pontecabras”

• Junco acusa ao BNG dunha “absoluta despreocupación” por incumprir os servizos mínimos no rural pontevedrés

O Partido Popular de Pontevedra visitou este venres a parroquia de Alba para esixir ao Goberno local a realización de “tarefas de conservación, mantemento e posta en valor” desta zona rural pontevedrés.

Os concelleiros populares Pepa Pardo, Silvia Junco e Martín Martínez denunciaron o “abandono” da parroquia tras constatar sobre o terreo as numerosas deficiencias que os veciños expuxeron ao PP local.

“A roza dos camiños e a limpeza das cunetas e dos contedores é claramente insuficiente, pero é máis sanguento ver que hai sinais que levan meses tiradas na estrada ou un farol caído no lugar de Pontecabras”, criticou Junco.

A edil popular ha evidenciado a “despreocupación absoluta” pola parroquia do goberno en minoría de #Miguel Anxo Fernández Lores, “máxime cando é zona de paso de decenas de peregrinos do Camiño de Santiago”.

Por todo iso, esixe aos concelleiros do BNG “poñerse as pilas” para mellorar o estado do rural pontevedrés que “paga os mesmos impostos que os residentes do centro urbano para ter as súas parroquias en óptimas condicións”.

Relacionadas

A Deputación e o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) poñen en...

0
Trátase dunha iniciativa para proxectar a identidade galega a nivel global, cunha especial atención á conexión co universo lusófono e as relacións Galicia-Portugal A Deputación...

Ventosela presenta o libro sobre a toponimia da parroquia

0
A autora do libro, a profesora Olga Nogueira, dará a coñecer a publicación xunto a alcaldesa, Digna Rivas, nunha charla este sábado día 16...

Luis López salienta o “camiño conxunto” que a Deputación e a Academia Galega do...

0
O presidente provincial lembra a colaboración para organizar por primeira vez na historia os premios Mestre Mateo en Lalín ou para entregar estes galardóns...

Salvaterra de Miño contará un ano máis cun Mercado de Nadal para inaugurar a...

0
O venres 20 de decembro terá lugar a inauguración na que participan @s alumn@s dos centros educativos e do módulo de carpintaría do IES...

O BNG facilita á veciñanza un modelo de alegación contra a ordenanza de vados...

0
Os nacionalistas lembran que as alegacións poden presentarse ata este venres, 15 de novembro, e que as persoas interesadas poden obter o documento na...

O BNG critica que Abel Caballero insista no “mesmo deseño fracasado” que colapsou Vigo...

0
A fronte nacionalista demanda acceso ao plan de tráfico “pantasma” anunciado polo alcalde do que non existe ningún documento nin figura na páxina oficial...

Publicacións Relacionadas