Home Pontevedra O Goberno de Soutomaior sumará preto de 20 prazas de aparcadoiro gratuítas...

O Goberno de Soutomaior sumará preto de 20 prazas de aparcadoiro gratuítas ao núcleo urbano de Arcade

- Anuncio -

O alcalde Manu Lourenzo sinalou que coa habilitación deste novo aparcadoiro quedan solucionados os problemas de estacionamento que Arcade levaba anos a sufrir

O Goberno de Soutomaior iniciou este venres a construción dun novo aparcadoiro en pleno núcleo comercial de Arcade. A parcela, que se atopa na estrada que baixa desde o Colexio da Oliveira en paralelo á Avenida Xosé Solla, terá capacidade para entre 15 e 20 vehículos, e está previsto que estea habilitado e dispoñible para o seu uso nas vindeiras semanas.

Con esta son xa tres as bolsas de aparcamento gratuíto habilitadas polo Goberno de Soutomaior en Arcade desde o comezo de mandato. Xunto coa habilitación dun aparcadoiro na rúa Forneira e a ampliación do aparcadoiro principal da Avenida Xosé Solla, en total o Goberno local puxo a disposición da veciñanza e das persoas consumidoras do comercio local máis de 100 prazas de aparcadoiro gratuítas. Un importante incremento que permitirá desconxestionar o núcleo de Arcade nas horas puntas e impulsar o consumo no concello.
O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, sinalou que coa habilitación deste novo aparcadoiro quedarán solucionados os problemas de estacionamento que Arcade leva anos a sufrir. “A ampliación do aparcadoiro da Avenida Xosé Solla foi xa un paso de xigante por parte do Goberno de Soutomaior para dar solución a esta problemática, e agora con esta nova bolsa de estacionamento consideramos que o núcleo comercial de Arcade queda correctamente servido en termos de aparcadoiro gratuíto”.

Neste sentido, o alcalde mostrou unha vez máis o seu agradecemento aos veciños e veciñas que, nos tres aparcadoiros mencionados, cederon as súas parcelas para permitir levar a cabo esta importante ampliación de prazas.
“Hoxe Soutomaior conta cun modelo de tráfico e de estacionamento moito máis calmado, accesible e afastado do feísmo urbanístico do que había ao comezo do mandato”, subliñou Lourenzo, quen tamén indicou que “aínda queda moito traballo por facer, e Soutomaior vai necesitar da colaboración de todas as administracións implicadas para que o modelo urbano de Arcade se adecúe ás necesidades reais da veciñanza, do comercio local e de todas as persoas que cada vez máis deciden achegarse ao noso concello por todo o que ofrecemos”.

Relacionadas

O Concello de Tui avanza na constitución dunha Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra...

0
Os martes 19 e 26 deste mes desenvolverase unha formación para axentes locais O Concello de Tui avanza, con paso firme, na constitución da Mesa...

Ampliación do saneamento de Pontellas: rematadas as obras no barrio do Outeiro

0
● A obra, que abarca 1 quilómetro de nova rede, permitirá conectar un total de 25 vivendas, beneficiando directamente a preto de 100 veciños...

Mos inicia a acometida do proxecto senlleiro para a posta en valor de Alfacuca

0
O acondicionamento da histórica aldea na parroquia de Louredo conta con subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e forma parte do programa CoidaMOS...

O Centro Príncipe Felipe acolle este sábado o recital solidario organizado polos Coribantes de...

0
O deputado de Cultura, Xuventude e Reto Demográfico da Deputación de Pontevedra, Jorge Cubela, recibiu este martes no Pazo provincial a Banda de Gaitas...

Concello e UFD analizan investimentos que mellores a calidade do suministro en Vilaboa

0
César Poza demanda da distribuidora eléctrica un sistema de comunicación que permita avisar en tempo real á veciñanza de averías ou incidencias O alcalde de...

A Deputación e o Concello de Pontevedra gardan un minuto de silencio en sinal...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, xunto co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, presidiu o minuto de silencio convocado de...

Publicacións Relacionadas