Home Vigo Mos Mos mantén e reforza o apoio á industria local coa mellora do...

Mos mantén e reforza o apoio á industria local coa mellora do acceso ao Polígono do Rebullón

- Anuncio -

A obra de optimización dos viais de entrada á zona empresarial comezará de inmediato e ten un orzamento próximo aos 100.000 euros, dos que a Xunta asume o 80%

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o seu tenente de alcaldesa e concelleiro de Obra Pública, Camilo Grandal, e a concelleira de Emprego, Julia Loureiro, trataron esta mañá en Xunta de Goberno Local a inminente actuación de mellora do acceso de entrada ao Polígono do Rebullón que se realizará nos próximos días.

A devandita optimización será posible grazas a concesión dunha subvención autonómica enmarcada nas axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia da Consellería de Economía, Industria e Innovación.

O investimento total que se realizará no proxecto de mellora de infraestruturas viarias no Polígono do Rebullón, ascende a 96.250,43 € (IVE incluído), dos que a Xunta de Galicia subvenciona o 80% e o Concello de Mos asume o custe do 20% restante. Demóstrase deste xeito, como apuntaban rexedora local e concelleiros, “o firme compromiso tanto da Xunta como da administración mosense, e deste equipo de goberno en particular, co tecido empresarial do municipio, ao que apoiamos incondicionalmente por ser motor da economía e industria locais, e xerador de emprego de calidade para os veciños e veciñas de Mos, e doutros concellos”. “Somos territorio de oportunidades, e apoiamos e axudamos ás empresas con accións coma estas, para seguir a selo”, declarou Nidia Arévalo.

As actuacións proxectadas e que se prevé se inicien a vindeira semana, teñen por obxecto a mellora das infraestruturas viarias de acceso a interiores do Polígono do Rebullón, actuando no pavimento existente e, construíndo previamente redes de drenaxe para a recollida de augas pluviais a través de sumidoiros lonxitudinais para canalizar as augas recollidas a través de colectores enterrados ata a rede existente, para evitar o rápido deterioro dos pavimentos.

Así o explicaban os representantes municipais Arévalo, Grandal, e Loureiro quenes apuntaron tamén que “para esta obra optouse pola mellor solución, tanto técnica como medioambiental, para a mellora das infraestruturas viarias e evitar as continuas reparacións parciais, que non é outra que a execución de novos drenaxes lonxitudinais e canalización da auga recollida ata a rede de augas pluviais existente e, posteriormente, a renovación do pavimento dos viais afectados”.

As obras a executar nesta actuación, propoñen primeiramente, recoller as augas pluviais a través de sumidoiros lonxitudinais e canalizar as augas recollidas a través de colectores enterrados e superficiais ata a rede existente e, despois renovar a pavimentación da zona de actuación.

As actuacións constan da instalación de novos puntos de recollida de auga en formación de sumidoiros lonxitudinais de resistencia D400 para resistir o tráfico de vehículos pesados frecuente no polígono. Toda a auga recollida serán canalizada por gravidade a través de colectores formado por tubaxes de PVC liso, serie SN-4, rixidez anular nominal 4 kN/m². Prevese a execución de diferentes pozos de rexistro para conexión de novas aportacións de caudal, facilitar o trazado do colector e facer rexistrable a rede.

A renovación dos pavimentos realizarase a través dunha capa de aglomerado en quente de 5 centímetros no vial principal previo fresado de toda a superficie para evitar a subida do nivel final do aglomerado. Finalizarase as actuacións coa sinalización horizontal e vertical.

Relacionadas

O Goberno de Soutomaior impulsa un plan de asfaltados en estradas municipais de Moreira,...

0
O alcalde Manu Lourenzo sinalou que o Goberno local traballa para dotar a veciñanza do rural de Soutomaior cunhas estradas que lles permitan desprazarse...

A Deputación e o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) poñen en...

0
Trátase dunha iniciativa para proxectar a identidade galega a nivel global, cunha especial atención á conexión co universo lusófono e as relacións Galicia-Portugal A Deputación...

Ventosela presenta o libro sobre a toponimia da parroquia

0
A autora do libro, a profesora Olga Nogueira, dará a coñecer a publicación xunto a alcaldesa, Digna Rivas, nunha charla este sábado día 16...

Luis López salienta o “camiño conxunto” que a Deputación e a Academia Galega do...

0
O presidente provincial lembra a colaboración para organizar por primeira vez na historia os premios Mestre Mateo en Lalín ou para entregar estes galardóns...

Salvaterra de Miño contará un ano máis cun Mercado de Nadal para inaugurar a...

0
O venres 20 de decembro terá lugar a inauguración na que participan @s alumn@s dos centros educativos e do módulo de carpintaría do IES...

O BNG facilita á veciñanza un modelo de alegación contra a ordenanza de vados...

0
Os nacionalistas lembran que as alegacións poden presentarse ata este venres, 15 de novembro, e que as persoas interesadas poden obter o documento na...

Publicacións Relacionadas