Home Deputacións Deputación Pontevedra Luis López anuncia o reparto de 35.000 € para que clubs e...

Luis López anuncia o reparto de 35.000 € para que clubs e federacións das comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes organicen preto de 20 competicións e eventos deportivos

- Anuncio -

Son 13.000 € da liña 1, que permitirán organizar competicións deportivas federadas oficiais de ámbito estatal e de alto nivel, e 22.000 € da liña 2, para competicións oficiais doutros ámbitos territoriais e eventos deportivos

“As axudas, que ascenden no conxunto da provincia aos 500.000 euros, están dotadas este ano de 200.000 euros máis que en 2024, proba de que o noso compromiso co deporte non só se sustenta en palabras, tamén en feitos”, asegurou o presidente provincial

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, anunciou o reparto de 35.000 euros entre clubs e federacións deportivas para que organicen preto de 20 competicións e eventos deportivos en catro concellos das comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes. O obxectivo da institución provincial con estas axudas é a promoción da práctica deportiva en Pontevedra a través dunha programación que axude a impulsar o desenvolvemento social, mellorar a calidade de vida, crear emprego e fomentar o crecemento sustentable do territorio e da súa sociedade. Ademais, con elas búscase implicar a todos axentes sociais, económicos e institucionais da provincia de Pontevedra para obter unha perspectiva ampla, multidisciplinar e plural. “As axudas, que ascenden no conxunto da provincia aos 500.000 euros, están dotadas este ano de 200.000 euros máis que en 2024, proba de que o noso compromiso co deporte non só se sustenta en palabras, tamén en feitos”, asegurou o presidente provincial.

En concreto, trátanse de dúas liñas de subvencións que permitirán subvencionar gastos federativos, de viaxe, de organización, publicitarios, sanitarios e de material e premios. Desta maneira, nas comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes a primeira das liñas reparte 13.000 euros entre tres clubs deportivos de dous concellos, que poderán organizar competicións deportivas federadas oficiais de ámbito estatal ou internacional, é dicir, campionatos ou copas de España ou do Mundo, e competicións deportivas oficiais de alto nivel. Na Estrada o Club Bádminton A Estrada (bádminton) recibe 2.803 € e, en Lalín, o Club Balonmán Lalín (balonmán) recibe 2.237 € e o Extol-La Gramola Team (ciclismo) 8.267 €.

Por outra banda, a segunda das liñas reparte 22.000 entre 16 entidades deportivas de catro concellos para organizar competicións deportivas oficiais e non oficiais de todos os ámbitos territoriais non incluídas na liña 1 de eventos deportivos. Na Estrada o Club Deportivo Estradense (fútbol) contará con 901 €, a Club de Tenis Recreo Cultural (tenis) con 1.044 €, o Club Natación e Salvamento A Estrada (natación e salvamento) con 469 €, a Escola Estrada de Fútbol Base (fútbol 8) con 2.295 €, a Escudería Estradense (automobilismo) con 2.295 €, o Estrada Fútbol Sala Feminino (fútbol sala) con 452 €, a Federación Galega de Voleibol (voleibol) con 1.378 € e The Paws By Patas (caza) con 1.299 €. Ademais, en Cerdedo-Cotobade o Tenorio Fútbol Sala (fútbol) recibirá 386 €; en Lalín o Club Escudería Lalín-Deza (automobilismo) 2.295 €, o Club Petanca Lalín (petanca) 1.107 € e o GTR Galaico Trail Run (montañismo) 2.295 €, e en Silleda a Asociación de Criadores de Caballos Españoles de Galicia (hípica) 2.295 €, a BTT Trasdeza 960 € (ciclismo), o Club Petanca Bandeira (petanca) 648 € e a Escudería Silleda (automobilismo) 2.295 €.

Relacionadas

Luis Menor enxalza a “vangarda” do Centro de Procesado Avícola de Coren e a...

0
O presidente da Deputación visitou as instalacións do Centro de Procesado Avícola, en Santa Cruz de Arrabaldo, onde traballan máis dun millar de empregados Menor...

A Xunta pon en marcha o novo polo de Vilanova de Arousa, consolidando con...

0
― José González puxo en valor a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego que prestou axuda a máis de 2.800 proxectos...

O Concello de Baiona celebra o seu magosto popular

0
A zona vella de Baiona acollerá este sábado 16 de novembro de 2024, un tradicional magosto popular. O evento terá lugar na carpa instalada...

Escape Room “Rexeita os malos tratos” no IES Primeiro de Marzo

0
Mais de 200 alumnos e alumnas do IES Primeiro de Marzo participan esta semana na actividade Escape Room educativo “Rexeita os malos tratos”, organizada...

Alumnado de 4º da ESO asistiu hoxe a unha nova proxección do programa O...

0
A través do cine traballarán na importancia do deporte, a inclusión, as redes sociais, a discapacidade intelectual e os videoxogos O cinema coma ferramenta educativa...

Sindy Takanashi e Diana López conversarán en Marín sobre ciberacoso, violencia sexual e machismo...

0
O coloquio feminista entre a creadora de contidos e a xornalista será o 21 de novembro ás 19.30 horas no Museo Torres e forma...

Publicacións Relacionadas