Home Deputacións Deputación Pontevedra Luis López anuncia o reparto de 245.000 € para que clubs e...

Luis López anuncia o reparto de 245.000 € para que clubs e federacións de Vigo e o sur da provincia organicen preto de 120 competicións e eventos deportivos

- Anuncio -

Son 150.000 € da liña 1, que permitirán organizar competicións deportivas federadas oficiais de ámbito estatal e de alto nivel, e 95.000 € da liña 2, para competicións oficiais doutros ámbitos territoriais e eventos deportivos

“As axudas, que ascenden no conxunto da provincia aos 500.000 euros, están dotadas este ano de 200.000 euros máis que en 2024, proba de que o noso compromiso co deporte non só se sustenta en palabras, tamén en feitos”, asegurou o presidente provincial

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, anunciou o reparto de 245.000 euros entre clubs e federacións deportivas para que organicen preto de 120 competicións e eventos deportivos en 20 concellos de Vigo e o sur da provincia. O obxectivo da institución provincial con estas axudas é a promoción da práctica deportiva en Pontevedra a través dunha programación que axude a impulsar o desenvolvemento social, mellorar a calidade de vida, crear emprego e fomentar o crecemento sustentable do territorio e da súa sociedade. Ademais, con elas búscase implicar a todos axentes sociais, económicos e institucionais da provincia de Pontevedra para obter unha perspectiva ampla, multidisciplinar e plural. “As axudas, que ascenden no conxunto da provincia aos 500.000 euros, están dotadas este ano de 200.000 euros máis que en 2024, proba de que o noso compromiso co deporte non só se sustenta en palabras, tamén en feitos”, asegurou o presidente provincial.

En concreto, trátanse de dúas liñas de subvencións que permitirán subvencionar gastos federativos, de viaxe, de organización, publicitarios, sanitarios e de material e premios. Desta maneira, en Vigo e o sur da provincia a primeira das liñas reparte 150.000 euros entre 28 clubs e federacións deportivas de oito concellos para organizar competicións deportivas federadas oficiais de ámbito estatal ou internacional, é dicir, campionatos ou copas de España ou do Mundo, e competicións deportivas oficiais de alto nivel. Na Guarda o Clube Balonmán Atlético A Guarda (balonmán) recibe 3.356 €; o Monte Real Club de Yates de Baiona (vela) 21.556 €; en Mondariz-Balneario o Club Tea (piragüismo) 807 €; en Nigrán o Club Bolos Camos (bolo celta) contará con 770 €, o Club Bolos Santa Eulalia (bolos) con 741 €, o Club Ciclista Rias Baixas (ciclismo) con 13.948 €, o Club de Tenis A Tobeira (tenis) con 2.254 € e o Clube de Bolos San Roque con 735 €, e en Ponteareas o Pontebike Team (ciclismo) con 3.039 €.

Ademais, ao abeiro da liña 1, en Redondela a Sociedad Atlética Redondela (balonmán) recibirá 2.173 €; o C. Kayak Tudense (piragüismo) 2.942 € e o Clube Deportivo Hípico Equigalia 12.741 €, e en Vigo serán 16 os clubs e federacións que conten con achegas. A Asociación Acudin (motonáutica) recibirá 1.094 €, o Club Sociedad Deportiva Carballal (balonmán) 1.458 €, o Club Volei Praia Vigo (voleibol) 1.323 €, a Escudería Rías Bajas (automobilismo) 24.316 €, a Federación Galega de Judo e Disciplinas Asociadas (6.443 €), a Federación Galega de Surf (surf) 2.144 €, a Federación Galega de Tenis (tenis) 12.206 €, a Federación Gallega de Balonmano (balonmán) 7.684 €; a Federación Gallega de Bolos (bolos) un total de 5.206 € para dos campionatos, a Federación Galega de Lucha (loita) 2.066 €, a Federación Gallega de Motonáutica (motonáutica) un total de 8.752 € para dous campionatos, Pádel en Cadeira de Rodas Sin Red Vigo Pádel (pádel) 1.695 €, o Real Club Náutico de Vigo (vela) 10.212 € e a Real Federación Gallega de Vela (vela) 1.215 €.

Por outra banda, a segunda das liñas reparte 95.000 entre 89 entidades deportivas de 19 concellos para organizar competicións deportivas oficiais e non oficias de todos os ámbitos territoriais non incluídas na liña 1 de eventos deportivos. Así, na Cañiza o Clube Balonmán Cañiza (balonmán) recibe 573 €, na Guarda a Asociación Cultural Deportiva Albatros (xadrez) 355 €, o Club de Tenis Codesal (tenis) 595 € e a Federación Española de Balonmano (balonmán) 2.295 €; en Baiona o Baíña Fútbol Sala (fútbol sala) contará con 573 €, o Clube de Baloncesto Baiona (baloncesto) con 2.295 € e a Escudería A.D. Cantera Competición (automobilismo) con 2.295 €; en Gondomar o Club Vincios Fútbol Sala (fútbol sala) contará con 362 €, a Federación Galega de Halterofilia (halterofilia) con 831 €, o Patinaxe Artística Gondomar (patinaxe) con 355 €; en Mondariz a Asociación Deportiva Mondariz (montañismo) 2.295 €; en Mos o Club de Fútbol Unión Deportiva Mos (fútbol) 431 €, o Club Xadrez Mos (xadrez) 375 €, o Santiaguiño de Guizán C.D. (fútbol) 360 €, e nas Neves o Cornelios (orientación) 2.295 €.

Ademais, na liña 2 reciben achegas en Nigrán o Centro Cultural y Deportivo Bolos da Carrasca (petanca), que contará con 1.033 €, o Patos Surf Club (surf) con 353 €, o Quenlla Surf Clube (surf) con 2.295 € e o Raza Palleira (orientación) con 673 €; en Oia a Asociación Recreativa Ciclismo Oiense (ciclismo) con 447 €; en Ponteareas a Asociación Deportiva Plan C (ciclismo) recibirá 2.295 €, o Club Ciclista Ponteareas (ciclismo) 621 €, o Club Natación Ponteareas (natación) 688 €, o Club Tenis Ponteareas (tenis) 579 €, o Hoquei Club Ponteareas (hoquei) 378 €; no Porriño a Asociación Deportiva Avanza (ciclismo) 439 €, o Club Balonmano Porriño (balonmán) 1.251 €, o Club Patín Porriño (patinaxe artístico) 592 €, o Club Polideportivo Aceesca Porriño (deporte adaptado) 344 €, o Master da Louriña (ciclismo) 1.463 € e o Porriño Industrial Fútbol Club (fútbol) 918 €, e en Redondela o Campito FS (fútbol sala) recibirá 525 €, o Club de Remo Chapela (remo) 877 €, o Redondela Fútbol Sala FS (fútbol sala) 516 € e o TM Kite Club Cesantes (vela) 2.295 €.

Tamén na segunda liña no Rosal o Club Unión Deportiva Ribera-O Rosal (fútbol) recibe 386 €; en Salceda de Caselas o Club Escola de Fútbol DSF (fútbol) 654 €; en Salvaterra de Miño o Club Patinaxe Artística Condado (patinaxe) 420 € a Escudería Surco (automobilismo) 2.295 €; en Soutomaior o Club Deportivo Arcade (fútbol) contará con 1.308 € e a Federación Gallega de Kárate y Disciplinas Asociadas (karate) con 1.197 €; en Tomiño a Federación Gallega de Caza (caza) recibirá un total de 1.511 € para dous campionatos, e en Tui o Club Balonmán Tui (balonmán) contará con 401 €, o Club de Patinaje Artístico Ribex (patinaxe) con 567 €, o Club Náutico Inclusivo Baixo Miño (motonáutica) con 360 €, o Club Náutico San Telmo (esquí náutico) con 579 €, o Motoclub Randulfe (motocrós) con 653 € e a Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas (ciclismo) con 1.005 €.

Por último, a liña 2 beneficiará a un total de 40 entidades deportivas de Vigo. A Agrupación Deportiva Xogara (cachibol) recibirá 429 €, a Agrupación Viguesa de Atletismo (atletismo) 516 €, a Asociación Centro Veciñal e Cultural de Valladares (xadrez) 367 €, o Círculo Cultural, Mercantil e Industrial de Vigo (pádel) 1.101 €, o Club Baile Deportivo Pasos-Baile Galicia (baile) 1.974 €, o Club Balonmano Reconquista de Vigo (balonmán) 1.170 €, o Club Bolos Valladares San Bartolomé (bolos) 347 €, o Club Ciclista Vigués (ciclismo), 2.295 €, o Club de Atletismo Veteranos de Samil (atletismo) 2.295 €, o Club de Campo de Vigo (tenis) 1.147 €, o Club Deportivo C.S.C.R. de Beade (atletismo) 373 €, o Club Deportivo Freestyle Slalom Vigo (patinaxe) 573 €, o Club Deportivo Minauta (motonáutica) 371 €, o Club de Remo de Coruxo (remo) 355 €, o Club de Remo Virgen de Guía (remo) 602 €, o Clube Petanca Ensino (petanca) 1.033 €, o Club Futevolei de Vigo (fútbol) 688 €, o Club Marítimo de Vigo (esquí náutico) 1.205 €, o Club Montañeiros Celtas (escalada) 345 €, o Club Novobasket Vigo (baloncesto) 924 €, o Club Patín Vagalume (patinaxe) 2.203 €, o Club Triatlón Mar de Vigo (tríatlon) 504 €, o Comesaña Sporting Club (atletismo) 883 €, o Corujo Club de Fútbol (fútbol) 2.295 €, as Escuelas Deportivas Vigo 2015 Fútbol Sala (fútbol e fútbol sala) 619 €, o Estibadores Fútbol Gaélico Vigo (fútbol gaélico) 1.205 €, a Federación Galega de Ciclismo (ciclismo) 2.295 €, a Federación Galega de Hockei (hoquei) 418 €, a Federación Galega de Judo e Disciplinas Asociadas (judo) 2.295 €, a Federación Galega de Surf (surf) 586 €, a Federación Galega de Ximnasia (ximnasia) 1.341 €, a Federación Gallega de Balonmano (balonmán) 2.295 €, a Federación Gallega de Tenis (tenis) 1.721 €, o Monteferro Bike Club (ciclismo) 1.434 €, o Rising Stars (fútbol) 2.295 €, o S.D. Atletismo San Miguel (atletismo) 2.044 €, o Traviesas Hockey Club (hoquei) 1.259 €, o Tu Meta Personal (natación) 2.295 €, o Twelve Pádel Zenter Club (pádel) 2.295 € e o Xadrez Lucena (xadrez) 1.560 €.

Relacionadas

Luis Menor enxalza a “vangarda” do Centro de Procesado Avícola de Coren e a...

0
O presidente da Deputación visitou as instalacións do Centro de Procesado Avícola, en Santa Cruz de Arrabaldo, onde traballan máis dun millar de empregados Menor...

A Xunta pon en marcha o novo polo de Vilanova de Arousa, consolidando con...

0
― José González puxo en valor a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego que prestou axuda a máis de 2.800 proxectos...

O Concello de Baiona celebra o seu magosto popular

0
A zona vella de Baiona acollerá este sábado 16 de novembro de 2024, un tradicional magosto popular. O evento terá lugar na carpa instalada...

Escape Room “Rexeita os malos tratos” no IES Primeiro de Marzo

0
Mais de 200 alumnos e alumnas do IES Primeiro de Marzo participan esta semana na actividade Escape Room educativo “Rexeita os malos tratos”, organizada...

Alumnado de 4º da ESO asistiu hoxe a unha nova proxección do programa O...

0
A través do cine traballarán na importancia do deporte, a inclusión, as redes sociais, a discapacidade intelectual e os videoxogos O cinema coma ferramenta educativa...

Sindy Takanashi e Diana López conversarán en Marín sobre ciberacoso, violencia sexual e machismo...

0
O coloquio feminista entre a creadora de contidos e a xornalista será o 21 de novembro ás 19.30 horas no Museo Torres e forma...

Publicacións Relacionadas