Home O Morrazo Marín Marín organiza unhas xornadas para abordar a violencia de xénero desde todas...

Marín organiza unhas xornadas para abordar a violencia de xénero desde todas as perspectivas

- Anuncio -

A iniciativa enmárcase dentro da programación que se desenvolverá polo 25 de novembro, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, e aínda que son abertas a toda cidadanía, están especialmente dirixidas a profesionais de ámbito sanitario, xurídico, policial, educativo e social 

A violencia machista é un problema estrutural que debe abordarse desde distintos puntos de vista para poder seguir traballando na loita contra ela. Aínda que esta lacra social non entende de datas, o mes de novembro céntrase moito na reivindicación do seu rexeitamento, coa celebración o 25N do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. 

O Concello, a través do Centro de Información á Muller, está a preparar unha intensa programación con motivo deste día, na que se incluirán o proxecto “Xornadas de Violencia de Xénero: unha mirada integral”, que se celebrarán o 20 e 21 de novembro no Museo Manuel Torres, e que aínda que son abertas a toda cidadanía, están especialmente dirixidas a profesionais de ámbito sanitario, xurídico, policial, educativo e social. 

A inauguración das xornadas será o mércores, 20 de novembro, ás 16.30 horas a cargo da alcaldesa, María Ramallo, e da xefa da Unidade de Violencia sobre a Muller da Subdelegación do Goberno de Pontevedra, María José Rodríguez Pérez. 

Ás 17.00 horas, darán comezo as mesas coloquio. A primeira estará cenrtrada no ámbito xurídico-policial, na que participarán a fiscal da Fiscalía Provincial de Pontevedra, Paula Blasco Muela, e o xefe da Comisaría de Policía Nacional de Marín, Javier Rodríguez Fos.

Despois dunha pausa-café, será a mesa sobre intervención asistencial onde participarán a directora do Centro de Emerxencia de Vigo, María Elena Molanes Piñeiro; a referente en Pontevedra do Servizo de Teleasistencia a Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero, Silvia Abelleira Barros, e a responsable da coordinación do Punto de Encontro Familiar de Pontevedra, Andrea Abilleira Escudero. 

O xoves, 21 de novembro, o segundo día das xornadas arrancará ás 17.00 cunha mesa centrada no ámbito socio-sanitario, coa terapeuta do programa de Atención a Homes “Abramos o círculo” así como doutros programas, Raúl Casariego, e co axente de Igualdade do Concello de Lalín, Celso Taboada. 

A clausura será ás 18.30, por parte da alcaldesa e o director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero da Xunta de Galicia, Roberto Barba Albedro. 

Inscricións 

Será preciso inscribirse a través da sede electrónica do Concello e poderá solicitarse certificado de asistencia.

Relacionadas

Tui aposta pola eficiencia enerxética renovando as luminarias dos accesos á cidade

0
Co cambio a led deixaranse de emitir 51,46 toneladas de CO2 O Concello de Tui vai proceder ao cambio das luminarias dos accesos á cidade...

O 53% do alumnado do Programa Integrado de Emprego de Ponteareas acadou a inserción...

0
• A Xunta destinou máis de dous millóns de euros en obradoiros e programas de inserción laboral • Cen persoas comezaron hoxe o segundo Programa...

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

BlackBird Barber Concept brilla nos Premios SOYBARBUDO e fai historia na Barber League

0
A barbaría porriñesa fíxose con tres estrelas no reputado circuíto nacional SoyBarbudo, que destaca as mellores do paísIgor Drodzov alzouse co premio ao Mellor...

Publicacións Relacionadas