Home Deputacións Deputación Ourense Luis Menor sinala que o Premio Ourensanía 2024 outorgado a Olegario Vázquez...

Luis Menor sinala que o Premio Ourensanía 2024 outorgado a Olegario Vázquez Raña “conecta co máis profundo da idiosincrasia ourensá: a emigración”

- Anuncio -

O presidente provincial analizou a conexión emocional deste galardón coa emigración, parte fundamental da provincia de Ourense, e valorou a figura e o compromiso constante do empresario afincado en México que nunca perdeu as súas raíces co municipio de Avión

“A través de Olegario, facemos partícipes deste premio a milleiros de galegos na diáspora e que desde outros lares contribuíron a manter viva a nosa terra nos momentos máis complicados”, enfatizou o presidente da Deputación, que amosou o “orgullo da institución e da provincia” polo premiado deste ano

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda valorou como a emigración galega axudou a construír Galicia desde o exterior, ao tempo que tamén se integraban nas súas sociedades de acollida. Neste senso, remarcou o carácter “aberto” dos galegos

Olegario Vázquez Raña, sinalou que recibe o Premio Ourensanía 2024 “a corazón aberto, porque esta é a terra dos meus papás e a miña propia terra. Eu debo a esta terra moitas cousas”. O homenaxeado agradeceu o galardón a familia, equipos e amigos

O Teatro Principal acolleu esta mañá o acto solemne de entrega do Premio Ourensanía 2024 a Olegario Vázquez-Raña, empresario afincado en México que nunca esqueceu as súas raíces na provincia e que acode varias veces ao ano ao municipio de orixe da súa familia, Avión. A cerimonia, conducida pola xornalista Sonia Torre, contou coas actuacións da Real Banda de Gaitas e da Orquesta Sinfónica “Ourensanía”, así como coa presenza do presidente da Xunta, Alfonso Rueda; do presidente da Deputación, Luis Menor; e do galardoado, Olegario Vázquez-Raña, quen se mostrou emocionado pola distinción recibida.

Luis Menor enxalzou a “conexión emocional” que supuxo a concesión deste galardón, nomeadamente a conexión que vincula á provincia coa emigración: “Ourense é unha provincia emigrante e Olegario Vázquez Raña exemplifica a audacia, o esforzo, o sacrificio e o traballo daqueles que se viron obrigados a deixar a súa terra para buscar un porvir; e aínda atopándoo, nunca esqueceron as súas raíces”.

Por iso, e porque é difícil atopar a unha persoa en Ourense que non teña vínculos coa emigración, “é polo que o Premio Ourensanía deste ano conecta co máis profundo da idiosincrasia ourensá”, expresou o presidente provincial, quen abundou en que a través de Olegario Vázquez Raña, “facemos partícipes deste premio aos milleiros de galegos na diáspora e que desde outros lares contribuíron a manter viva a nosa terra nos momentos máis complicados”.

Menor tamén fixo un repaso á traxectoria vital, empresarial e deportiva do Premio Ourensanía 2024, co tiro olímpico como unha das súas grandes paixóns, xunto á súa familia, o piar fundamental da familia Vázquez Raña. Precisamente, o presidente provincial fixo súas unhas palabras da dona do premiado, María de los Ángeles Aldir: “Para el non existía o cansanzo nen o tropezo, sempre se levantaba co firme propósito de ser mellor cada día”, manifestando así o inspirador modo de vida dunha persoa que é “todo un orgullo para esta provincia e para esta Deputación”, concluíu o presidente provincial.

Galicia, territorio fértil para emprender

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, quixo destacar a contribución de toda a emigración, e nomeadamente de empresarios como Olegario Vázquez Raña, “á hora de transformar a Galicia nunha terra moderna e con oportunidades para emprender e traballar”.

“A nova Galicia é un territorio fértil para emprender, traballar e triunfar grazas a esa xente que saíu cando todo estaba máis difícil”, apuntou. “Olegario é un home de mundo que nunca esqueceu as súas raíces; un home incansable, valente, con valores familiares e gran deportista”, afirmou Rueda, en referencia isto último aos “enormes éxitos” que colleitou na disciplina de tiro olímpico.

O titular do Executivo galego valorou como a emigración galega axudou a construír Galicia desde o exterior, ao tempo que tamén se integraban nas súas sociedades de acollida. Neste sentido, puxo en valor o “carácter aberto” da galeguidade que axudou a establecer comunidades fortes e que “busca por enriba de todo a unión”.

“Afortunado de vivir entre dúas terras”

O Premio Ourensanía 2024, Olegario Vázquez Raña, confesou que recibir o Premio Ourensanía “é profundamente emotivo, non só como empresario e deportista, senón como esposo, pai e amigo”. Durante o seu discurso, o homenaxeado subliñou o “traballo constante” como o “verdadeiro valor da vida”. “A disciplina constitúe soños”, sinalou.

Olegario Vázquez Raña agradeceu tamén a familia, equipo e amigos a súa compañía en cada logro e desafío. “A miña vida foi un reflexo de amor e comprensión e son afortunado de vivir entre dúas terras que amo profundamente, España e México”.

O premiado fixo un repaso pola súa vida, contando anécdotas como o desexo da súa muller de celebrar a lúa de mel só se ían a Galicia, historia que arrincou sorrisos entre o público. “Este recoñecemento é moi importante para toda a miña familia”, subliñou o premiado, emocionado por recibir “a corazón aberto porque está é a terra dos meus papás e a miña propia terra. Eu debo a esta terra moitas cousas”.

Un premio con traxectoria desde 2012

O Premio Ourensanía instaurouse na Deputación para enxalzar a persoeiros vinculados coa provincia pola súa aportación á sociedade desde o seu ámbito profesional. O primeiro galardoado foi o xuiz José Antonio Vázquez Taín (2012), seguido polo arcebispo de Belcastro, monseñor Francisco José Rodríguez Carballo (2013); a xornalista Victoria Prego (2014); a presidenta da Fundación Barreiros, Mariluz Barreiros (2015); o cineasta José Sousa (2016); o lendario porteiro do Real Madrid, Miguel Ángel González (2017); en 2018 o Premio Ourensanía foi compartido para o Centro do Partido do Carballiño en Bos Aires e o Centro Ourensán de Montevideo; o xornalista e escritor Alfonso Sobrado Palomares (2019); a directora do departamento de Saúde Pública e Medio Ambiente da Organización Mundial da Saúde (OMS), María Purificación Neira González (2020); o presidente do Comité Olímpico Español (COE) Alejandro Blanco (2021); o fotógrafo Manuel Outumuro (2022); e o deseñador e modisto Adolfo Domínguez (2023).

Relacionadas

Luis Menor enxalza a “vangarda” do Centro de Procesado Avícola de Coren e a...

0
O presidente da Deputación visitou as instalacións do Centro de Procesado Avícola, en Santa Cruz de Arrabaldo, onde traballan máis dun millar de empregados Menor...

Luis López presenta o plan de acción da Deputación para converter os castelos de...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, dá a coñecer os obxectivos dunha campaña de catro anos para consolidar os castelos...

Luis López destaca a aposta polo deporte e o apoio da Deputación a Vilagarcía...

0
O remate da colocación de novas butacas e novos marcadores motiva a visita do presidente Luis López e o deputado Javier Tourís a unha...

Luisa Sánchez participa na presentación do Trail da Trega, a proba final da Pontevedra...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou este mércores, xunto co alcalde da Guarda e tamén deputado provincial Roberto Carrero, na presentación...

Isabel Couselo lembra ao Concello de Gondomar que o actual goberno provincial rescatou o...

0
A deputada Isabel Couselo asegura que foi o actual goberno provincial quen en pouco máis dun ano tivo que axilizar toda a tramitación deste...

A Deputación leva este sábado ata As Neves a película “¡Salta!” no marco do...

0
A proxección cinematográfica poderá verse no Auditorio municipal da vila ás 20:00 horas O ciclo, no que a institución provincial colabora coa Academia Galega do...

Publicacións Relacionadas