Home A Coruña O Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña, premiado pola súa xestión...

O Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña, premiado pola súa xestión no desenvolvemento do turismo provincial

- Anuncio -

O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, recolleu o galardón esta tarde na I Gala de Turismo da Deputación celebrado no Hotel NH Finisterre

O Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña recibiu esta tarde un galardón na I Gala de Turismo da Deputación en recoñecemento á súa aportación na planificación e desenvolvemento do turismo provincial. O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, recolleu o premio nun evento celebrado no Hotel NH Finisterre e ao que asistiron máis de 150 persoas.
Este premio destaca o labor do Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña a nivel provincial grazas ás accións turísticas e promocionais desenvolvidas na cidade galega que, tan só este verán, recibiu a máis de 660.000 persoas grazas a eventos propios como as Festas de María Pita e tamén a aqueles que estiveron promovidos polo Concello da Coruña como o Coruña Sounds ou o Morriña Fest. Eventos gastronómicos, musicais, artísticos e culturais que posicionan A Coruña como un referente turístico estatal repercutindo así nos datos positivos alcanzados na provincia.
A gala deste venres foi conducida pola xornalista Lorena Pose e contou coas intervencións do presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e do vicepresidente e deputado de turismo, Xosé Regueira.

Relacionadas

Unha trintena de persoas participaron nunha andaina circular por Boqueixón seguindo os feitos históricos...

0
Algo máis de trinta persoas participaron este domingo nunha andaina circular e gratuíta organizada polo Concello de Boqueixón. Un percorrido de 13 quilómetros polas...

A Concellaría de Xuventude organiza unhas xornadas de sensibilización sobre as tecnoadiccións dirixidas ás...

0
O Concello de Santiago, a través do departamento de Xuventude, pón en marcha unhas xornadas de sensibilización sobre a problemática das tecnoadiccións, dirixidas ás...

Obradoiro de BD este sábado ás 12.00 h no Lustres Rivas

0
Este sábado 16 de novembro ás 12.00 h volvemos ter actividade no Lustres Rivas para as persoas máis pequenas da casa. FalaRedes trae a Ribeira...

O novo San Andrés avanza coa extensión do pavimento e a plantación das moreiras...

0
A alcaldesa, Inés Rey, acompañou aos nenos e nenas de 5º de Primaria do Eusebio da Guarda na plantación dunha das árbores Alumnas e alumnos...

A Coruña converterase na capital do turismo de congresos coa oitava edición de Nego.Connection...

0
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, presentou o evento que reunirá na Coruña a 600 profesionais do sector esta fin de semana Santos...

O Concello ofrece unha programación con medio cento de actividades xuvenís ate finais de...

0
Componse de citas no Espazo Xuvenil O Remanso xunto cos programas ‘Nocturnia’ e ‘Xoves de Achegas’ cos que o Goberno continúa ofrecendo alternativas de...

Publicacións Relacionadas