Home A Coruña Máis de cincuenta persoas participaron na xornada de captación de voz en...

Máis de cincuenta persoas participaron na xornada de captación de voz en lingua galega no marco do Proxecto Nós

- Anuncio -

Entre os/as participantes estiveron varios membros do goberno municipal e representantes de entidades culturais do concello

Máis de cincuenta veciños e veciñas do noso concello achegáronse este venres ata a aula de informática (Aula CeMIT) do Pazo da Cultura para participar na xornada de “captación de voz” en lingua galega promovida pola Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia, no marco do Proxecto Nós, e que contou coa colaboración do Concello de Carballo para o seu desenvolvemento.

Entidades como Lumieira, Nemeth ou Escola do Alprende sumáronse a esta iniciativa xunto cunha ampla representación do goberno municipal. Belén Lendoiro, Daniel Pérez, Ángeles Pacoret e Iván Andrade doaron as súas voces co obxectivo de que todo tipo de máquinas e dispositivos electrónicos poidan “entender” e “falar” a nosa lingua e que, polo tanto, todo galego ou galega, poida empregar con total normalidade a súa lingua en calquera ámbito tecnolóxico: cando lle damos unha orde ao GPS do noso coche, cando falamos cun asistente de voz -como SIRI ou ALEXA-, cando se xeran subtítulos de contidos audiovisuais de forma automática, cando queremos traducir un documento, cando lle ditemos a un procesador de texto, cando pedimos unha cita no médico ou queremos facer unha xestión no banco, por pór só algúns exemplos.

O Concello de Carballo foi un do 16 concellos seleccionados polo Instituto da Lingua Galega (ILG) e a Secretaría Xeral da Lingua para a realización desta recollida in situ de voces entre a súa veciñanza.

Nese sentido, a alcaldesa en funcións, Belén Lendoiro, despois de doar a súa voz declarou “é un orgullo que se pensara en Carballo para desenvolver unha xornada deste tipo. Estou moi satisfeita da resposta que está a dar a nosa veciñanza, con ducias de veciños e veciñas que participaron a título individual, mais tamén con entidades culturais e sociais que se apuntaron e colaboraron de xeito altruísta con esta iniciativa. Isto demostra, máis unha vez que, a de Carballo é unha veciñanza solidaria e comprometida coa lingua galega” e acrecentou “a resposta da xente superou todas as nosas expectativas. Isto é unha mostra da importancia que a veciñanza de Carballo lle dá a súa lingua e en avanzar para que non fique excluída de ningún ámbito, incluído o ámbito tecnolóxico. Foi un esforzo organizativo e de convocatoria importante para o Concello de Carballo, pero pagou a pena. Grazas a esta xornada contribuímos desde Carballo a un gran proxecto de país que nos debera unir a todas e a todos e tamén a que se teña en conta o acento e forma de falar de toda a comarca de Bergantiños”.

Se non puideches achegarte pero queres participar tamén podes doar a túa voz online. O procedemento é moi simple. Entra en https://doagalego.nos.gal/ e só terás que ler unhas breves frases. As voces gravadas nunca serán usadas externamente fóra do ámbito do Proxecto Nós para o adestramento dos seus algoritmos.

Relacionadas

Unha trintena de persoas participaron nunha andaina circular por Boqueixón seguindo os feitos históricos...

0
Algo máis de trinta persoas participaron este domingo nunha andaina circular e gratuíta organizada polo Concello de Boqueixón. Un percorrido de 13 quilómetros polas...

A Concellaría de Xuventude organiza unhas xornadas de sensibilización sobre as tecnoadiccións dirixidas ás...

0
O Concello de Santiago, a través do departamento de Xuventude, pón en marcha unhas xornadas de sensibilización sobre a problemática das tecnoadiccións, dirixidas ás...

Obradoiro de BD este sábado ás 12.00 h no Lustres Rivas

0
Este sábado 16 de novembro ás 12.00 h volvemos ter actividade no Lustres Rivas para as persoas máis pequenas da casa. FalaRedes trae a Ribeira...

O novo San Andrés avanza coa extensión do pavimento e a plantación das moreiras...

0
A alcaldesa, Inés Rey, acompañou aos nenos e nenas de 5º de Primaria do Eusebio da Guarda na plantación dunha das árbores Alumnas e alumnos...

A Coruña converterase na capital do turismo de congresos coa oitava edición de Nego.Connection...

0
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, presentou o evento que reunirá na Coruña a 600 profesionais do sector esta fin de semana Santos...

O Concello ofrece unha programación con medio cento de actividades xuvenís ate finais de...

0
Componse de citas no Espazo Xuvenil O Remanso xunto cos programas ‘Nocturnia’ e ‘Xoves de Achegas’ cos que o Goberno continúa ofrecendo alternativas de...

Publicacións Relacionadas