Home Xunta de Galicia Os fogares galegos con estudantes en idade escolar obrigatoria sitúanse por riba...

Os fogares galegos con estudantes en idade escolar obrigatoria sitúanse por riba da media en equipamento tecnolóxico e conexión a internet

- Anuncio -

 O 94,8% destes fogares conta con ordenador e un 65% dispón de tablets, netbooks e outros dispositivos portátiles, 30 puntos por riba que os fogares sen escolares

 Descende sete puntos os uso de dispositivos dixitais entre os nenos e nenas de 5 a 15 anos, que se sitúa no 84,5%

 No curso 2022-2023, Galicia supera á media estatal de aulas dotadas de sistemas dixitais interactivos en 7,6 puntos e sitúase no cuarto posto

Os fogares galegos con estudantes en idade escolar obrigatoria sitúanse por riba da media en equipamento tecnolóxico e conexión a internet. O 94,8% destes fogares dispón de ordenador, máis de 20 puntos por riba do resto, e un 65% conta con tablets, netbooks e outros dispositivos portátiles, a 30 puntos de distancia dos fogares sen nenos. En canto á contratación de internet, a práctica totalidade dos fogares con nenos e nenas (99,8%) conta con este servizo, superando en máis de sete puntos a media da comunidade.
Son parte dos datos do estudo “Rapaciñ@ dixitais. Edición 2023” elaborado polo Observatorio da Sociedade da Información en Galicia (Osimga), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
Respecto ao uso dos dispositivos electrónicos, o estudo sinala que o 84,5% dos nenos e nenas de 5 a 15 empregaron smartphones, ordenadores, tablets e similares, 7 puntos por debaixo do dato anterior de 2021.
Acceso a internet
O informe sinala que en 2023 o 82,8% dos rapaces de 5 a 15 anos accederon algunha vez a internet. Por idades, máis do 94,2% dos nenos e nenas de 10 a 15 anos empregan internet mentres que entre os máis pequenos, os de 5 a 9 anos, a porcentaxe sitúase no 67%.

En canto ao tipo de actividade que desenvolven na rede, 8 de cada dez nenos de 5 a 15 anos acceden para xogar ou descargar xogos (78,3%), escoitar ou descargar música (75,4%), ver series, películas ou programas baixo demanda (67,2%) ou usar mensaxeira instantánea (56,7%).
Ademais, o 92,6% dos nenos e nenas de 5 a 15 anos en Galicia que usan internet, utilizan portais ou sitios web educativos para comunicarse cos profesores.
Educación dixital
No curso 2022-2023, Galicia situouse no segundo posto a nivel estatal na ratio de porcentaxe de centros con plataformas virtuais de aprendizaxe, mellorando a media estatal en 17,3 puntos porcentuais. Tamén supera á media do conxunto do Estado de aulas dotadas de sistemas dixitais interactivos en 7,6 puntos porcentuais, rozando o 70%, o que sitúa á Comunidade no cuarto posto estatal.

Ademais, Galicia ocupa o quinto lugar en porcentaxe de centros educativos con velocidade de conexión superior a 100 Mbps, superando á media do Estado en máis de 22 puntos porcentuais.
No curso 2022-2023, Galicia situouse no sexto posto a nivel estatal na ratio de alumnos por ordenador nos centros educativos ao dispoñer dun ordenador por cada 2 alumnos, só superada por Navarra, País Vasco, Estremadura, Cantabria e Cataluña. A media estatal sitúase en 2,6 alumnos por ordenador.

Relacionadas

A Xunta recibe o premio ‘Personaje del Año’ polo seu labor de apoio á...

0
― O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, recolleu esta tarde en Madrid o galardón na categoría “Artesanía” outorgado polo semanario Fuera...

A Xunta impulsa a comercialización do sector artesanal galego favorecendo a súa presenza en...

0
— O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración cos beneficiarios da orde de comercialización...

A Xunta pon en marcha o novo polo de Vilanova de Arousa, consolidando con...

0
― José González puxo en valor a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego que prestou axuda a máis de 2.800 proxectos...

López Campos salienta a importance  participación de Galicia en rutas culturais europeas que “Testemuña...

0
— O titular de Cultura da Xunta pon en valor os itinerarios galegos recoñecidos polo Consello de Europa, como o do Camiño de Santiago...

A Xunta avanza na consolidación dunha Rede Galicia de ‘Mercados Excelentes’ co apoio a...

0
— O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a resolución da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración cos beneficiarios da orde para fomentar este...

A Xunta avanza no recoñecemento das empresas que destacan na aplicación das POLÍTICAS de...

0
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, acompañado polo secretario xeral técnico da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Joaquín Macho,...

Publicacións Relacionadas