Home Pontevedra O Gafos e a Xunqueira da Gándara, exemplo de estratexia verde ...

O Gafos e a Xunqueira da Gándara, exemplo de estratexia verde no World Urban Forum da ONU-Hábitat no Cairo

- Anuncio -

O modelo de Pontevedra e a súa aposta pola recuperación dos espazos naturais urbanos e rurais chegou  onte ao Cairo, onde se celebrou o World Urban Forum (WUF), organizado polo Programa das Nacións Unidas  para os Asentamentos Humanos (ONU-Hábitat) para que os gobernos locais e rexionais compartan as súas  experiencias sostibles. O concelleiro de Servizos urbanos básicos, responsable das áreas verdes da cidade,  Xaquín Moreda puxo en común propostas como a recuperación do parque dos Gafos ou a recuperación da  Xunqueira da Gándara, incluídos dentro da estratexia verde da cidade. En ámbolos dous proxectos traballa na  actualidade o Goberno Local.  

O World Urban Forum reúne cada dous anos a líderes, expertos e representantes de diversas organizacións  para tratar temas relacionados coa urbanización sostible e o desenvolvemento urbano a nivel mundial. Na cita  celebrada onte, Pontevedra compartía mesa co Ministerio de Planificación Física, Construción e Patrimonio do  Estado de Croacia e do Banco Europeo para a Reconstrución e o Desenvolvemento.  

Pontevedra forma parte do Partnership Greening Cities da Axenda Urbana da Unión Europea e do que  forman parte outras cidades europeas, gobernos estatais como Croacia, e diferentes unidades da Comisión  Europea. Este grupo de traballo está a desenvolver un Plan de Acción que apoie a posta en marcha de  iniciativas que axuden a reverdecer as cidades e a adaptalas aos efectos do cambio climático, mellorando a  súa habitabilidade a medio e longo prazo. Pontevedra está a liderar actualmente 1 das 6 accións definidas,  centrada en establecer un sistema europeo de indicadores para avaliar a implementación de plans locais de  infraestrutura verde ou de renaturalización urbana. 

Relacionadas

Tui aposta pola eficiencia enerxética renovando as luminarias dos accesos á cidade

0
Co cambio a led deixaranse de emitir 51,46 toneladas de CO2 O Concello de Tui vai proceder ao cambio das luminarias dos accesos á cidade...

O 53% do alumnado do Programa Integrado de Emprego de Ponteareas acadou a inserción...

0
• A Xunta destinou máis de dous millóns de euros en obradoiros e programas de inserción laboral • Cen persoas comezaron hoxe o segundo Programa...

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

BlackBird Barber Concept brilla nos Premios SOYBARBUDO e fai historia na Barber League

0
A barbaría porriñesa fíxose con tres estrelas no reputado circuíto nacional SoyBarbudo, que destaca as mellores do paísIgor Drodzov alzouse co premio ao Mellor...

Publicacións Relacionadas