O grave non é ocultamento ao BNG destes datos por parte do PP. O grave é que hai 200 familias que mentres agardan por un servizo que debe prestar o concello, o goberno que dirixe o Sr. Gonzalo Louzao vai gastar 1.200.000 euros en reformar a Praza da Farola, un espazo que, como xa dixemos en reiteradas ocasións non necesita arranxo de ningún tipo
O 25 de setembro de 2023, o BNG da Estrada, a través da nosa ex-concelleira, Vanesa Iglesias, solicitamos polo rexistro do concello os seguintes datos sobre o Servizo de Axuda no Fogar e dependencia:
- lista de agarda de solicitantes;
- número de usuarios detallado por sexos;
- Grao de dependencia das persoas con servizo.
- Número de horas adxudicadas ao concello e número de horas prestadas.
- Datos económicos: importe da subvención da Xunta, achegas dos usuarios e achega de fondos propios dos 3/4 últimos anos.
A día de hoxe, 413 días despois desta solicitude o goberno municipal do PP aínda non nos facilitou os datos solicitados, a pesar de que segundo o Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamiento e Réximen Xurídico das Entidades Locais, o alcalde ten 5 días para responder (Artigo 77). Cinco días.
O grave non é que o goberno non facilite estes datos ao BNG, algo cremos que impresncindíbel se queremos facer unha labor de oposición seria e rigorosa. Non, o grave é que sabemos oficiosamente que hai máis de 200 persoas na lista de agarda do SAF. Son 200 familias que agardan que o goberno municipal do PP lles proporcione un servizo que lle faga máis doado o día a día e mellorar a calidade de vida das persoas dependentes.
O grave non é ocultamento ao BNG destes datos por parte do PP. O grave é que hai 200 familias que mentres agardan por un servizo que debe prestar o concello, o goberno que dirixe o Sr. Gonzalo Louzao vai gastar 1.200.000 euros en reformar a Praza da Farola, un espazo que, como xa dixemos en reiteradas ocasións non necesita arranxo de ningún tipo.
O BNG da Estrada, a través dos seus actuais concelleiros, Xoán Reices e Ricardo Camba, presentaron unha moción de urxencia non só para parar esta obra, senón para adicar eses cartos a cuestións máis importantes e máis necesarias para os veciños e veciñas da Estrada. Non houbo sorpresas, todos os concelleiros e concelleiras do PP votaron en contra da urxencia; para o PP o urxente é dilapidar os cartos públicos de calquera maneira e sempre nos mesmos sitios.
Isto pon en evidencia que hai dous modelos antagónicos: o do PP é malgastar os cartos públicos; o do BNG é mellorar a vida dos veciños e veciñas adicando os cartos de todas e todos a cuestións como o SAF, abrir novas rúas, saneamento do rural, … cuestións necesarias que non nos fartaremos en explicitar e explicar.