Home A Coruña Jaione Camborda Coll e "O corno" abren este martes a programación do...

Jaione Camborda Coll e “O corno” abren este martes a programación do Concello de San Sadurniño con motivo do Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres e nenas

- Anuncio -

A directora premiada en San Sebastián en 2023 participará nun coloquio ao remate do filme, que chega a San Sadurniño dentro do VII Ciclo Nacional de Cine e Mulleres Rurais organizado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación

O Concello de San Sadurniño iniciará no serán deste martes as actividades co gallo do 25N, día en que se fai unha chamada de atención mundial sobre a necesidade de acabar dunha vez por todas e para sempre coas violencias exercidas sobre as mulleres e as nenas. O ciclo abrirao a proxección do filme “O corno”, dirixido por Jaione Camborda Coll, que obtivo o premio á mellor película na 71ª edición do Festival de San Sebastián. A directora asistirá ao pase -Casa da Cultura, 18:00h- e participará no coloquio posterior co público. A entrada é libre e ao remate serviranse uns petiscos no recibidor do centro cultural.

“O corno”, que chega a San Sadurniño por unha proposta do GDR Seitura 22, forma parte do catálogo de películas que este ano percorren todo o Estado dentro do VII Ciclo Nacional de Cine e Mulleres Rurais organizado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. Un ciclo que comprende 17 longametraxes e 6 curtas de autoría española, todas centradas no mundo rural, ademais doutras actividades complementarias.

No programa ministerial atopamos nomes de realizadoras galegas destacadas, como é o caso de Sonia Méndez ou Jaione Camborda, que en ambos casos participaron na primeira edición do Chanfaina lab, Méndez con “Café Bar Santos peluquería” e Camborda coa peza experimental “Proba de axilidade”.

Desde o ano 2015 en que se estrearon estas pezas, tanto unha coma a outra foron encadeando proxectos cada vez máis complexos e con maior repercusión dentro e fóra de Galicia.Tal é así que Jaione Camborda Coll conseguiu con “O corno”, a súa segunda longametraxe, a Cuncha de Ouro á mellor película no Festival de Cine de San Sebastián de 2023.

O filme está ambientado na Illa de Arousa a comezos da década dos 70. María, a protagonista, é unha mariscadora que asiste a outras mulleres no parto con especial dedicación e cariño. Porén, tras un terrible acontecemento, vese na obriga de converterse nunha fuxitiva. Trátase dun drama interpretado por Janet Novás no papel principal (premio Goya á mellor actriz revelación), ademais de Carla Rivas, Siobhan Fernándes e Diego Anido, entre outros nomes.

A proxección da película comezará ás 18:00h e non fai falla reservar entradas. Tan pronto remate iniciarase un pequeno coloquio coa directora vasca -aínda que afincada en Galicia desde hai anos- para falar do contido do filme, de cine feito por mulleres desde a perspectiva feminina e tamén do camiño que aínda queda por percorrer para erradicar as violencias e para conseguir unha igualdade de dereitos plena.

O domingo, obradoiro de defensa persoal
O pase deste martes encádrase no ciclo organizado polo Concello con motivo do 25N, Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres e nenas. A seguinte cita está programada para o próximo domingo, 17 de novembro, a partir das 10:00h, tamén na Casa da Cultura. Ese día desenvolverase un curso intensivo de defensa persoal feminina apoiado pola Consellaría de Política Social e Igualdade e a FEGAMP.

Na sesión, que durará até a tardiña con parada a mediodía para tomar uns petiscos, aprenderanse técnicas físicas e psicolóxicas que axuden a xestionar situacións de violencia ou potencialmente violentas. Trátase de proporcionarlles ás mulleres participantes “ferramentas coas que sentírmonos seguras e poder enfrontar diversos tipos de abusos e agresións machistas”, apuntan desde a área de Igualdade.

O curso estará dirixido polo coach deportivo e motivacional José Martínez e vai dirixido a mulleres e rapazas maiores de 16 anos. Fai falla inscrición previa -antes do 14 de novembro- a través do teléfono 695 876 178 ou do correo oriana.lopez@sansadurnino.gal.

Relacionadas

Así de espectacular será este ano o Nadal en Carballo!

0
A carpa da Praza do Concello será “o centro neurálxico” do programa, que tamén encherá de actividade o Pazo da Cultura, o Fórum, as...

Inés Rey reclama un maior recoñecemento ás mulleres no eido gastronómico na presentación de...

0
A alcaldesa participou no acto de presentación do libro de Xavier Castro A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de presentación do libro...

Oito locais de hostalaría da Coruña optan á mellor tapa da cidade a través...

0
O xurado profesional seleccionou as creacións de oito locais, dun total de 44 participantes, con dez tapas elixidas para ser finalistas: cinco na modalidade...

O concello dá a benvida ao Nadal este xovés ás 18:30 horas co acendido...

0
Tamén se presenta a programación cultural municipal para as festas, que contará con moitas iniciativas para o público infantil e familiar. O Nadal chegará este...

Cinco Équidos habitarán o Castro de Montes Claros para realizar o control ecolóxico e...

0
A iniciativa é impulsada polo Concello coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e Poni Club Galicia. Desde este mediodía o recinto do Castro...

Neda recibe este mércores a visita dun dos ‘foodtruck’ da campaña GALICIA SABE AMAR

0
Neda recibirá este mércores a visita dun dos foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR, destinada a promocionar os produtos do mar de Galicia, e...

Publicacións Relacionadas