Seis efectivos dos parques de Carballiño-O Ribeiro e Verín volven a Ourense tras sete días de traballo nas poboacións afectadas polo desastre de Valencia. Actuaron con equipos completos coma vehículos 4×4, iluminación autónoma, equipos de excarcelación, electrobombas de achique, materiais para uso limpeza viaria, protección individual ou vadeadores.
A segunda saída prevista doutros dous equipos dos parques comarcais ourensáns queda desactivada polo momento, tras varias reunións mantidas cos responsables de coordinación e as autoridades de Valencia, que transmiten que o traballo especializado dos bombeiros xa é puntual, debido ao amplo despegue de maquinaria na zona. Os efectivos ourensáns céntranse na retirada de lodos con maquinaria nestas últimas xornadas.
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, reitera a “plena disposición” de axuda, en caso de volver precisar de recursos do goberno provincial, para colaborar cos afectados pola DINA e lembra a importancia da “coordinación” de equipos e profesionais a través dos procedementos adecuados.
Ourense, 11 de novembro de 2024.
Os bombeiros do Consorcio Provincial de Ourense desprazados a Valencia para colaborar nas actuacións de emerxencia provocadas pola DINA regresan a Ourense tras sete días desprazados nas zonas afectadas polo desastre da DINA en Valencia. A segunda saída prevista doutros dous equipos dos parques comarcais ourensáns queda desactivada polo momento, tras varias reunións mantidas cos responsables de coordinación e as autoridades de Valencia, que transmiten que o traballo especializado dos bombeiros xa é puntual, debido ao amplo despegue de maquinaria na zona. Os efectivos ourensáns céntranse na retirada de lodos con maquinaria nestas últimas xornadas.
Os efectivos provinciais que se atopan de volta tras sete días de intenso traballo, procedentes dos parques de O Carballiño-Ribeiro e Verín, destacan a solidariedade da xente en Valencia tralos efectos da DINA.
A Deputación de Ourense, a través do Consorcio Provincial e coordinados en colaboración coa Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), enviou dúas dotacións de seis profesionais, con amplos equipos: dous vehículos 4×4, equipos de iluminación autónomos, equipos de excarcelación, electrobombas de achique, materiais para uso limpeza viaria, equipos de protección individual ou vadeadores.
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, reitera a “plena disposición” de axuda do goberno provincial para colaborar cos afectados pola DINA e lembra a importancia da “coordinación” de equipos e profesionais a través dos procedementos adecuados. A Deputación de Ourense integrouse no sistema de emerxencia galego disposto para dar a resposta máis precisa aos damnificados pola DINA.
Os bombeiros, casa por casa
Os bombeiros ourensáns desprazados realizaron diversas intervencións sobre o terreo, en zonas clave do desastre como Paiporta ou Alfafar. Os labores de colaboración foron variando conforme pasaron os días e mudaron as necesidades sobre o terreo. Nas primeiras xornadas, os efectivos do Consorcio Provincial centráronse no achique de auga en casas, garaxes ou rúas afectadas. Os efectivos colaboraron tamén con outras tarefas como a limpeza con palas cargadoras e a retirada de enseres nas vivendas de veciños moi afectados pola DINA, especialmente en zonas de difícil acceso. Os profesionais ourensáns acudiron casa por casa, nestas localidades de Paiporta ou Alfafar, para axudar en calquera necesidade demandada polos damnificados, máis aló das propias funcións como bombeiros.