Home A Coruña A parada de taxis de Ribeira situarase diante da estación de autobuses...

A parada de taxis de Ribeira situarase diante da estación de autobuses Ribeira 11 de novembro

- Anuncio -

O Concello de Ribeira informa á cidadanía do cambio de localización da parada de taxis municipal. Dende este mesmo luns 11 de novembro, o servizo de taxis trasládase da súa localización actual na rúa Otero Pedrayo á praza Heroínas de Sálvora, fronte á estación de autobuses, dende onde se prestarán os servizos a partir de agora.

Segundo informou o alcalde, Luís Pérez Barral, esta medida adóptase para poder iniciar as obras de remodelación que se van desenvolver na rúa Otero Pedrayo e que forman parte do proxecto de reforma da praza do Centenario. Nesta actuación establecerase unha plataforma única entre dous enclaves referentes de Ribeira como son o Centenario e a praza do Concello pero tamén cara á praza Uxío Novoneyra e rúa Mendiño, na que xa se está a actuar. Con estas actuacións vanse gañar espazos públicos centrados nas persoas, mellorando a mobilidade, a seguridade e aumentando as zonas verdes.

O traslado fíxose de mutuo acordo cos taxis, tras explorar diversas alternativas. Coa localización diante da estación de autobuses búscase mellorar a funcionalidade do servizo, facilitándolle á veciñanza a conexión entre diferentes medios de transporte e ofrecendo unha experiencia máis cómoda e eficiente para todas as persoas usuarias. Para garantir o confort de traballadores do taxi e persoas usuarias, a brigada de obras do Concello instalou unha marquesiña para poder gorecerse os días de chuvia e instalouse a cabina na que estará o teléfono do servizo.

O rexedor avanzou tamén que esta semana quedará aberta a estación de bus, na que se estivo traballando para habilitar un unha sala destinada aos taxistas, e na que tamén haberá unha sala de agarda para as persoas que usan o transporte público e uns baños públicos.

Relacionadas

Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers, empresas gañadoras da XXV edición dos Premios Manuel...

0
Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers foron as empresas seleccionadas polo xurado na XXV edición dos Premios Manuel Beiras que este ano se presentou...

A viaxe a Eurodisney da campaña comercial de novembro da Pobra xa ten gañadora

0
A campaña comercial de novembro na Pobra do Caramiñal chegou ao seu fin co sorteo da viaxe a Eurodisney na mañá deste 2 de...

A Xunta de Goberno Local inicia os procedementos para a contratación de obras por...

0
Adxudicado por 44.724 euros o contrato de reposición das butacas do auditorio do Pazo da Cultura A Xunta de Goberno Local aprobou na sesión ordinaria...

O executivo municipal destinará case 380.000 euros á reparación da cuberta do pavillón municipal...

0
O executivo municipal deu luz verde á aprobación do expediente de contratación das obras de reparación da cuberta do pavillón municipal do CEIP Quiroga...

O Concello de Fene retira as copas de varias palmeiras afectadas pola praga do...

0
Os traballos, realizados polo persoal municipal, afectaron a exemplares situados en diversos puntos do concello, como San Valentín ou Chamoso O Concello de Fene continúa...

Brión acollerá unha exposición solidaria con dous artistas dos Encontros da Arte que perderon...

0
José Galarzo e María Carmen Martínez, que impartiron obradoiros de acuarela e cerámica á rapazada de Brión, perderon o seu estudo emprazado en Paiporta O...

Publicacións Relacionadas