Home Vigo Nigrán O concello de Nigrán ofrece este sábado a obra humorística 'Comando Comadres'...

O concello de Nigrán ofrece este sábado a obra humorística ‘Comando Comadres’ de Matrioshka Teatro

- Anuncio -

O Concello deseñou para todo o mes de novembro unha programación específica polo 25-N, Día Internacional para a erradicación da violencia de xénero, e inclúe, entre outras actividades, esta representación

O Concello de Nigrán ofrece este sábado 16 de novembro ás 20:00 horas no Auditorio Municipal a obra ‘Comando comadres’, de Matrioshka Teatro, dentro da súa programación especial polo 25-N, Día Internacional para a Erradicación da Violencia de Xénero. A entrada é de balde ata completar aforo.
Trátase dun espectáculo en clave de humor para público adolescente e adulto no que un grupo de art-ivistas organizadas en diferentes comandos poñen en evidencia as múltiples manifestacións da violencia patriarcal e cuestionan a persistencia dos seus valores no pensamento hexemónico actual e na xestión dexenerativa dos recursos naturais. Os Comandos establécense como pequenas unidades artivistas preparadas para as encomendas máis perigosas: levar a cabo incursións no territorio inimigo para poñer luz sobre a inxustiza e volver airosas da misión. Son células combatentes de estratexias impredecibles e irreverentes que van creando unha rede de Comandos Comadres a nivel mundial centrada na importancia da igualdade de dereitos e deberes sociais entre ambos xéneros tanto no ámbito público coma no privado, dos coidados dos ecosistemas sanos e equilibrados, así coma dos afectos cos que crear lazos de sororidade e empatía, e coa que rendemos homenaxe a todas as heroínas de a diario, as señoras silenciadas, perseguidas, queimadas, torturadas, ós saberes invisibilizados e á historia oculta do noso pasado.
O sábado seguinte, 23 de novembro, no Auditorio Municipal ás 20:00 h. Terá lugar o monólogo “Os contos que elas me contaron”, a cargo de Paula Carballeira, escritora, actriz profesional de teatro e da narración oral. O espectáculo é un reflexo das vivencias de Carballeira na súa infancia e a súa paixón pola narración oral, oficio que cultiva durante mais de vinte anos. “Cando era nena non me contaron moitos contos pero despertaron en min pequenas intrigas que me fixeron buscar historias onde podía: nos libros, nas voces das persoas que coñecía ou que descoñecía, na vida pola que camiñaba, case correndo…”
A maiores, o Concello está a desenvolver actividades como o obradoiro de canto destinado a mulleres “Con voz propia”, actividade que mestura as estratexias propias do ensino convencional do canto cun enfoque músico-terapéutico, facendo da expresión musical un vehículo para a expresión emocional e o apoderamento das mulleres. Asimesmo, ata o 25 de novembro terán lugar nos centros educativos as charlas teatralizadas ‘A violencia de xénero nos videoxogos’, unha experiencia de ficción interactiva apoiada en actores que desenvolverán tres sketches. Cada un deles escenificará situacións relacionadas cos videoxogos. Unha presentadora/facilitadora incentivará o debate e interpelará ao alumnado/público sobre aspectos relacionados coa posta en escena sen obviar aqueles outros que poideran ser suxeridos. Tamén nos centros educativos de Nigrán, do 18 ata o 22 de novembro, o Concello ofrecerá o contacontos “Somos iguais. Contos pola igualdade”, a cargo de Raquel Queizás. Narraranse historias que rompen cos estereotipo que abundan nos contos, identificaranse situacións ás que as crianzas se enfrontan día a día e onde a violencia ou a agresividade fisíca e verbal pode ter solución grazas á palabra.

Relacionadas

Tui será en 2026 a sede de Hispacon, o Congreso de Fantasía, Ciencia Ficción...

0
Será a cuarta cidade galega en acoller este evento que reunirá a nomes relevantes do xénero fantástico e que brindará múltiples actividades Tui será a...

A rapazada de Redondela plasma as súas reivindicacións no Pleno Infantil

0
O auditorio do Xunqueira acolleu esta mañá a celebración dun pleno infantil no que participaron alumnos e alumnas dos centros de primaria e secundaria...

Ponteareas celebra o seu pleno infantil

0
Na semana na que celebramos o Día Mundial da Infancia o Concello de Ponteareas celebra o seu pleno infantil no que escoitar e recoller...

Luis López presume en Marín “dunha provincia extraordinaria, chea de xente extraordinaria” na entrega...

0
O presidente provincial destacou a calidade do sector hostaleiro da provincia, da beleza paisaxística das Rías Baixas e do talento dos pontevedreses e pontevedresas...

Unanimidade en Salceda ante o proxecto de saneamento da parroquia de Entenza proposto polo...

0
O Pleno aproba o proxecto por valor de 856.850,01 € para dar servizo a 115 vivendasO Goberno presenta o proxecto no Plan Provincia extraordinaria...

O concello presenta o seu espazo de conciliación para este Nadal

0
Este ano haberá 4 horarios para conciliar nas vacacións de Nadal, dende o 23 de decembro ao 3 de xaneiro. Trátase dun espazo de...

Publicacións Relacionadas