Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación leva este venres o circuíto +Escénicas ata Moaña con “Os...

A Deputación leva este venres o circuíto +Escénicas ata Moaña con “Os contos de Violeta”, de Bea Campos

- Anuncio -

A peza teatral, para maiores de tres anos, poderá verse ás 18:00 horas no Centro Sociocultural Rosalía de Castro de Domaio

+Escénicas trátase dun novo circuíto da institución provincial, dotado con 150.000 euros, que espallará unha completa programación de teatro e danza en 49 concellos da provincia ata marzo de 2025

A Deputación de Pontevedra leva este venres 15 de novembro o circuíto +Escénicas ata Moaña. A peza teatral “Os contos de Violeta” de Bea Campos poderá verse ás 18:00 horas no Centro Sociocultural Rosalía de Castro de Domaio. +Escénicas trátase dun novo circuíto da institución provincial, dotado con 150.000 euros, que vai espallar unha completa programación de teatro e danza en 49 concellos da provincia ata marzo de 2025.

“Os contos de Violeta”, pensado para un público de máis de tres anos, é un espectáculo de contos con música que xira arredor de Violeta, unha pequena á que lle encantan as historias onde os nenos e as nenas poden facer as mesmas cousas, e leva sempre unha maleta na que garda os seus libros favoritos para compartir con todos. Nesta proposta de teatro, contos e música os cativos atoparán aventuras que rompen os estereotipos e os roles asignados tradicionalmente aos nenos e as nenas. Música, cancións e expresión dramática nesta divertida proposta a cargo de Bea Campos e coa música de Jonathan Caramés.

Co circuíto +Escénicas, a Deputación busca dar resposta á demanda que o sector profesional ven facendo dende hai máis de 15 anos. Ao seu abeiro a cada concello correspóndelle unha achega máxima de 3.400 euros e para a súa posta en marcha a institución provincial lanzou un amplo catálogo de espectáculos de danza e teatro que está dispoñible na páxina web da Deputación de Pontevedra.

Relacionadas

A Deputación de Ourense propón no Congreso Internacional de Termalismo de Archena un “programa...

0
O presidente #Luis Menor solicitou a colaboración doutras administracións, vilas termais e instalacións balnearias para ofertar un volume suficiente de prazas “e así chegar...

A Deputación aposta polo baloncesto veterano federado co Torneo DepOUbasKet Másters +35

0
Xogadores e xogadoras da provincia e convidados de toda Galicia disputarán no Pazo Paco Pac mañá sábado, 23 de novembro, esta nova cita da...

Tui será en 2026 a sede de Hispacon, o Congreso de Fantasía, Ciencia Ficción...

0
Será a cuarta cidade galega en acoller este evento que reunirá a nomes relevantes do xénero fantástico e que brindará múltiples actividades Tui será a...

A rapazada de Redondela plasma as súas reivindicacións no Pleno Infantil

0
O auditorio do Xunqueira acolleu esta mañá a celebración dun pleno infantil no que participaron alumnos e alumnas dos centros de primaria e secundaria...

Ponteareas celebra o seu pleno infantil

0
Na semana na que celebramos o Día Mundial da Infancia o Concello de Ponteareas celebra o seu pleno infantil no que escoitar e recoller...

Luis López presume en Marín “dunha provincia extraordinaria, chea de xente extraordinaria” na entrega...

0
O presidente provincial destacou a calidade do sector hostaleiro da provincia, da beleza paisaxística das Rías Baixas e do talento dos pontevedreses e pontevedresas...

Publicacións Relacionadas