Home Pontevedra O BNG critica que Abel Caballero insista no “mesmo deseño fracasado” que...

O BNG critica que Abel Caballero insista no “mesmo deseño fracasado” que colapsou Vigo polo Nadal

- Anuncio -

A fronte nacionalista demanda acceso ao plan de tráfico “pantasma” anunciado polo alcalde do que non existe ningún documento nin figura na páxina oficial do Concello

Afea a chamada do rexedor a usar o bus urbano cando se prevén recortes no servizo así como a falla de medidas para asegurar a áxil circulación dos servizos de emerxencias

Xabier P. Igrexas: “Estamos a tempo de evitar que o Nadal volva ser un caos colosal, garantindo a mobilidade, seguridade, convivencia e respecto aos dereitos da veciñanza”

O Bloque Nacionalista Galego critica que Abel Caballero insista no “mesmo deseño fracasado” que colapsou Vigo nas anteriores edicións do Nadal. A fronte nacionalista reacciona así ás declaracións do alcalde que vén de anunciar o plan de tráfico a partir deste sábado do que, advirten, non existe constancia de ningún documento nin tampouco foi publicado na páxina oficial do Concello, malia as reiteradas demandas do Bloque para o redeseño do operativo.

“Polas declaracións de Caballero podemos comprobar que basicamente o Goberno municipal insiste no mesmo deseño fracasado que en anos anteriores non evitou o colapso de tráfico e as situacións de inseguridade que converteron o Nadal nun verdadeiro calvario para a veciñanza da cidade durante moitas semanas”, lamentou o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas.

Diante desta “falla de transparencia”, o Bloque vén de solicitar imos solicitar acceso a toda a documentación dese “presunto” plan de tráfico e que se informe se foi convocada unha Xunta Local de Seguridade para garantir a coordinación do dispositivo de tráfico. Adicionalmente, as nacionalistas anunciaron que na vindeira Comisión Informativa de Seguridade van reiterar a necesidade de adoptar medidas concretas e reais que “eviten que este Nadal de 2024 volva ser un caos colosal”.

Recortes do bus e aparcamentos disuasorios

Sobre as declaracións do alcalde, dende o Bloque afearon que chame a priorizar o uso do autobús urbano cando a única información a día de hoxe anticipa recortes no servizo, coa supresión de 8 paradas e de percorridos. “Caballero pide que se use máis o bus pero ao tempo precariza aínda máis un servizo xa estruturalmente insuficiente, prexudicando gravemente á veciñanza que vive e traballa no centro da cidade”, alertou Igrexas, quen pediu aclarar se van despregarse reforzos e lanzadeiras nas xornadas de maior afluencia.

Na mesma liña, o portavoz municipal nacionalista criticou que o rexedor non falase sobre a instalación de aparcamentos disuasorios, máis alá de pedir que se aparque en Samil. Ou da posibilidade de habilitar, como ten proposto o Bloque, un sistema de preferencia semafórica que facilite o paso de autobuses e de vehículos de emerxencia.

Sobre a mobilidade a pé, tamén recomendada polo alcalde, dende o BNG consideraron “moi preocupante” a falla de medidas para evitar situacións de inseguridade como as vividas en anos anteriores, entre outras, na rúa García Barbón. Nin tampouco para evitar, afeou Igrexas, a “temeridade ilegal” de que persoas voluntarias exerzan funcións de control de tráfico para as que non teñen competencias nin capacidade.

Corredores de emerxencia

“Como vai garantir o Goberno municipal o acceso dos servizos de emerxencia, ambulancias, bombeiros e corpos policiais, ao centro da cidade?”, interpelou tamén o portavoz municipal do Bloque, lembrando que os anunciados corredores de emerxencia se demostraron “claramente ineficaces e insuficientes” en anos anteriores, con escenas como ambulancias dando marcha atrás polo atranco de tráfico nun túnel. Igrexas advertiu que “non podemos aceptar que un ano máis o deseño irracional do Nadal acabe demorando entre 15 e 20 minutos o tempo de resposta diante de situacións de emerxencia que pode ser, literalmente, cuestión de vida ou morte”.

“Estamos a tempo”

O portavoz municipal do BNG apelou á responsabilidade do alcalde e do Goberno local para corrixir estas deficiencias, insistentemente denunciadas polos propios nacionalistas, así como por colectivos veciñais e mesmo por diferentes servizos do Concello de Vigo. “Estamos a tempo de evitar riscos innecesarios e de garantir a mobilidade, a seguridade, a convivencia e o respecto aos dereitos da veciñanza; fagámolo”, remachou Igrexas.

Relacionadas

A Real Academia Galega e o Museo de Pontevedra lembran esta tarde a Marcial...

0
· A musicóloga Laura Touriñán, autora do volume Marcial del Adalid e o seu legado na Real Academia Galega, presenta o libro ás 19:00...

O PSOE rexeita unha moción do BNG para paliar os efectos das enchentas...

0
Sol Seoane insta a xestionar o río coas premisas científicas e técnica deste século, avogando por facer un estudo técnico que permita eliminar  a...

A Oficina de Coordinación de Transplantes da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés...

0
― En concreto, asumíronse as doazóns de dous pulmóns, un fígado, seis riles e as ditas dúas córneas ― Nesta área sanitaria foron detectados tres...

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables á Estrada e Lalín para...

0
O deputado provincial Javier Tourís reuniuse con Gonzalo Louzao, alcalde da Estrada, e José Crespo, de Lalín, con motivo da visita da oficina móbil...

Baiona homenaxea aos campións do mundo de dardos

0
Iago Farto e Mauro Pazos, ambos os residentes en Baiona e, coñecidos no ámbito competitivo como Trafalgar e Mauro, lograron o título de campións...

Reggaeton Beach Festival e concello de Nigrán acordan un desconto do 50% nas entradas...

0
Nigrán prepárase para a cuarta edición de Reggaeton Beach Festival o 26 e 27 de xullo en Porto do Molle. O evento, que trae...

Publicacións Relacionadas