Home Deputacións Deputación Pontevedra Luis López salienta o “camiño conxunto” que a Deputación e a Academia...

Luis López salienta o “camiño conxunto” que a Deputación e a Academia Galega do Audiovisual percorren para potenciar a cultura e a lingua galega

- Anuncio -

O presidente provincial lembra a colaboración para organizar por primeira vez na historia os premios Mestre Mateo en Lalín ou para entregar estes galardóns no Pazo provincial

A Deputación incrementa nun 14 % os recursos destinados á Cultura e un 9 % os dedicados a Normalización Lingüística no xa aprobado Orzamento do vindeiro 2025

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, destaca o compromiso do organismo provincial coa cultura e a lingua galega na oitava edición da entrega dos Premios María Luz Morales que a Academia Galega do Audiovisual organizou este martes no Salón de plenos do Pazo provincial. “Uns premios que poñen en valor os talento dos amantes do audiovisual, recoñecen a calidade do audiovisual galego e poñen en valor a figura dunha muller pioneira e referencia no feminismo, a cultura e o audiovisual”, sinalou o presidente Luis López, despois de dar a benvida aos asistentes á “casa da cultura galega” e salientar a importancia da colaboración das catro deputacións galegas, cuxos representantes estiveron presentes na entrega destes premios.

A gala serviu para entregar catro galardóns aos investigadores que presentaron os seus ensaios sobre o audiovisual a este certame que promove a Academia Galega do Audiovisual e cuxa organización organízase cada ano de xeito rotatorio nas sedes das catro deputacións galegas. O premio ao mellor ensaio escrito sobre o audiovisual galego recaeu no vigués Breogán Xague pola súa obra “Desvelar o dispositivo: o río, a terra, a fábrica. Un achegamento ao potencial político da obra audiovisual de Carme Nogueira”. O mellor ensaio escrito sobre audiovisual internacional foi o do santiagués Manuel Barreiro, titulado “Resurrección dixital e deepfakes. Os desafíos da intelixencia artificial nun audiovisual hiperreal”. O galardón a mellor videoensaio sobre audiovisual galego levouno o silledense Juan Ares co traballo “Galicia, paisaxe de sangue”. Mentres que o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, entregou ao vigués Víctor Soho o recoñecemento polo mellor videoensaio sobre audiovisual internacional, que levaba o título “A gran imaxe non ten forma – Apuntamentos sobre a creación de símbolos identitarios”. Os representantes das outras tres deputacións foron os encargados de entregar os outros tres premios, mentres que o presidente da Academia Galega do Audiovisual encargouse de entregar os dous accésits ao pontevedrés Severiano Casalderrey e á uruguaia Rebeca Novo.

“Queremos salientar de xeito notorio e grande o traballo da Academia Galega do Audiovisual na protección e divulgación da nosa cultura, lingua e e do audiovisual”, subliñou o presidente provincial antes de dar comezo á entrega de premios. “Na Deputación sumámonos con forza a ese camiño que está percorrendo a Academia e facémolo da súa man. Hoxe coa entrega destes premios, o vindeiro 15 de marzo coa 23 edición dos premios Mestre Mateo, que se celebrarán en Lalín e por primeira vez na historia nun ámbito rural; e no futuro, porque estamos no camiño para desenvolver novos proxectos”, engadiu o dirixente pontevedrés.

Neste sentido, Luis López reafirmou o compromiso do goberno da Deputación coa cultura ao lembrar o incremento dun 14 %, ata os 5,4 millóns de euros, da partida de Cultura que recolle o orzamento da Deputación para o vindeiro ano 2025 e que foi aprobado o pasado venres no mesmo Salón de Plenos onde este martes se entregaron os premios María Luz Morales. Unhas contas que recollen tamén un impulso ao galego e á normalización lingüística cunha suba do 9 % na partida orzamentaria.

“Agradecemos o traballo de todos os que estades aquí en prol da cultura e o audiovisual. Levedes o premio ou non, para nós todos sodes gañadores”, rematou o presidente Luis López.

Relacionadas

Luis Menor enxalza a “vangarda” do Centro de Procesado Avícola de Coren e a...

0
O presidente da Deputación visitou as instalacións do Centro de Procesado Avícola, en Santa Cruz de Arrabaldo, onde traballan máis dun millar de empregados Menor...

A Xunta pon en marcha o novo polo de Vilanova de Arousa, consolidando con...

0
― José González puxo en valor a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego que prestou axuda a máis de 2.800 proxectos...

O Concello de Baiona celebra o seu magosto popular

0
A zona vella de Baiona acollerá este sábado 16 de novembro de 2024, un tradicional magosto popular. O evento terá lugar na carpa instalada...

Escape Room “Rexeita os malos tratos” no IES Primeiro de Marzo

0
Mais de 200 alumnos e alumnas do IES Primeiro de Marzo participan esta semana na actividade Escape Room educativo “Rexeita os malos tratos”, organizada...

Alumnado de 4º da ESO asistiu hoxe a unha nova proxección do programa O...

0
A través do cine traballarán na importancia do deporte, a inclusión, as redes sociais, a discapacidade intelectual e os videoxogos O cinema coma ferramenta educativa...

Sindy Takanashi e Diana López conversarán en Marín sobre ciberacoso, violencia sexual e machismo...

0
O coloquio feminista entre a creadora de contidos e a xornalista será o 21 de novembro ás 19.30 horas no Museo Torres e forma...

Publicacións Relacionadas