Home Pontevedra Baixo Miño A mocidade rosaleira defende unha participación activa e segura no XII Foro...

A mocidade rosaleira defende unha participación activa e segura no XII Foro Infantil Unicef

- Anuncio -

Representantes do grupo de participación infantil e xuvenil do Rosal participaron neste encontro no Parlamento de Galicia xunto con integrantes de consellos locais doutros municipios

O grupo de participación infantil e xuvenil do Rosal fixo hoxe de altofalante da mocidade rosaleira no XII Foro Infantil de Unicef do Parlamento de Galicia, un encontro celebrado este martes en Santiago de Compostela no que compartiron experiencias con nenos, nenas e adolescentes dos consellos locais de participación da Laracha, Vivero, Burela, Teo, Moaña, Tui, Nigrán, Ponteareas, Moeche e Tomiño.
Acompañadas e acompañados pola alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, e pola concelleira de Voluntariado, Beatriz Rodríguez, as rapazas e rapaces rosaleiros compartiron as súas vivencias, as súas propostas e as súas preocupacións sobre como debe ser unha participación real, efectiva e segura.
Durante o encontro, Elda, en nome dos seus compañeiros e compañeiras, destacou a obriga das persoas adultas que traballan con todas e todos eles neste proceso de participación de “tomar as medidas necesarias para minimizar os perigos e crear un espazo onde nos sintamos seguras e seguros”. E para conseguilo recalcaron a importancia da formación específica “para que as persoas que traballan con nós coñezan os nosos dereitos e os enfoques dende onde se debe traballar para poder promover unha participación real”.
Unha participación que, como expuxo no Parlamento galego a rapazada rosaleira, debe contar coa rendición de contas, un paso “clave para que a nosa participación non sexa simbólica. Cando presentamos unha proposta é imprescindible que saibamos canto tempo vaise tardar en poñer en marcha, como se vai facer ou se non é viable e por que”.
O encontro estivo presidido polo presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, que agradeceu a todas as mozas e mozos a súa participación e compromiso para facer dos seus municipios lugares cada día mellores e destacou a necesidade de fortalecer as campañas de concienciación a favor da saúde mental de nenos e nenas.

Relacionadas

Luis Menor enxalza a “vangarda” do Centro de Procesado Avícola de Coren e a...

0
O presidente da Deputación visitou as instalacións do Centro de Procesado Avícola, en Santa Cruz de Arrabaldo, onde traballan máis dun millar de empregados Menor...

A Xunta pon en marcha o novo polo de Vilanova de Arousa, consolidando con...

0
― José González puxo en valor a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego que prestou axuda a máis de 2.800 proxectos...

O Concello de Baiona celebra o seu magosto popular

0
A zona vella de Baiona acollerá este sábado 16 de novembro de 2024, un tradicional magosto popular. O evento terá lugar na carpa instalada...

Escape Room “Rexeita os malos tratos” no IES Primeiro de Marzo

0
Mais de 200 alumnos e alumnas do IES Primeiro de Marzo participan esta semana na actividade Escape Room educativo “Rexeita os malos tratos”, organizada...

Alumnado de 4º da ESO asistiu hoxe a unha nova proxección do programa O...

0
A través do cine traballarán na importancia do deporte, a inclusión, as redes sociais, a discapacidade intelectual e os videoxogos O cinema coma ferramenta educativa...

Sindy Takanashi e Diana López conversarán en Marín sobre ciberacoso, violencia sexual e machismo...

0
O coloquio feminista entre a creadora de contidos e a xornalista será o 21 de novembro ás 19.30 horas no Museo Torres e forma...

Publicacións Relacionadas