Home Pontevedra Mosquera: "Coa nova taxa de residuos a metade os usuarios reducirán o...

Mosquera: “Coa nova taxa de residuos a metade os usuarios reducirán o seu recibo e a outra metade subiralles”

- Anuncio -

Tras a Comisión de Mobilidade, o concelleiro indicou que os criterios polos que se rexerá a nova ordenanza económica “serán obxectivos”.

A Comisión de Mobilidade, Infraestruturas, Obras e Servizos aprobou esta mañá cos votos a favor dos grupos municipais do BNG e do PSOE, os criterios para a adaptación da ordenanza económica de residuos municipais á lexislación emanada da directiva marco de residuos e á necesidade de avanzar no camiño do pago por xeración. O grupo municipal do PP votou en contra.

O concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera explicou que a directriz da nova ordenanza será “quen teña máis capacidade económica pague máis, e nos que teñan menos, paguen menos”. Pendente de baixar aos números concretos, o concelleiro estimou que “a metade dos suxeitos pasivos reducirán o seu recibo e a outra metade subiralles”.
Tamén quixo aclarar a información imprecisa “que anda circulando por aí de que a lei obriga a que a taxa non sexa deficitaria”. A este respecto indicou que aos custes da taxa hai que retirar o custe da limpeza viaria, do denominado “orixe disperso”, os residuos que xeran os edificios e as actividades municipais e as bonificacións.
Partindo desta base, a Comisión traballa “con criterios obxectivos”. Polo tanto, o concelleiro aclarou que no caso das vivendas os criterios serán a superficie catastral máis o consumo de auga, xa que de non coller este último factor quedarían fóra do pago da taxa as vivendas alugadas ao non constar residentes.

En canto á actividade económica, manteríase o criterio da superficie catastral e engadiríase o número de traballadores (a parte correspondente a os residuos domésticos) e o aforo (a parte correspondente aos residuos comerciais).
Ao respecto dos grandes xeradores (os producen máis de 10 toneladas ao ano), teñen a posibilidade de facer a súa propia xestión de residuos como o caso de Zara, Carrefour ou Montecelo, por exemplo, ou ben adherirse ao sistema municipal.

As bonificacións serían as seguintes:
• Compostaxe individual
• Compostaxe comunitaria
• Familia numerosa
• Achegas ao punto limpo
• Recollidas ou achegas especiais adicadas á reutilización
• Doación de alimentos
• Protocolo de tratamento dos residuos e actividades formativas
• Persoas en risco de exclusión social.
A maiores, a nova ordenanza xeraría dúas novas categorías non existentes na actualidade na normativa municipal de Pontevedra (nin en moitas ordenanzas galegas):
• Actividades sen local (concertos, por exemplo)
• Servizos específicos (solicitude dun particular de traslado de grandes cantidades de residuo). Ademais, a Comisión tamén aprobou hoxe a elaboración dun estudo económico da nova ordenanza.

Relacionadas

Luis Menor enxalza a “vangarda” do Centro de Procesado Avícola de Coren e a...

0
O presidente da Deputación visitou as instalacións do Centro de Procesado Avícola, en Santa Cruz de Arrabaldo, onde traballan máis dun millar de empregados Menor...

A Xunta pon en marcha o novo polo de Vilanova de Arousa, consolidando con...

0
― José González puxo en valor a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego que prestou axuda a máis de 2.800 proxectos...

O Concello de Baiona celebra o seu magosto popular

0
A zona vella de Baiona acollerá este sábado 16 de novembro de 2024, un tradicional magosto popular. O evento terá lugar na carpa instalada...

Escape Room “Rexeita os malos tratos” no IES Primeiro de Marzo

0
Mais de 200 alumnos e alumnas do IES Primeiro de Marzo participan esta semana na actividade Escape Room educativo “Rexeita os malos tratos”, organizada...

Alumnado de 4º da ESO asistiu hoxe a unha nova proxección do programa O...

0
A través do cine traballarán na importancia do deporte, a inclusión, as redes sociais, a discapacidade intelectual e os videoxogos O cinema coma ferramenta educativa...

Sindy Takanashi e Diana López conversarán en Marín sobre ciberacoso, violencia sexual e machismo...

0
O coloquio feminista entre a creadora de contidos e a xornalista será o 21 de novembro ás 19.30 horas no Museo Torres e forma...

Publicacións Relacionadas