Home A Coruña Fene anuncia o I Concurso de Decoración de Nadal para engalanar as...

Fene anuncia o I Concurso de Decoración de Nadal para engalanar as vivendas do concello

- Anuncio -

O certame busca premiar a creatividade e dinamizar a participación veciñal durante o Nadal, promovendo o embelecemento das vivendas e fachadas de Fene

A inscrición está aberta até o 19 de decembro, con cestas de produtos como premios para as mellores decoracións

O Concello de Fene convoca a primeira edición do Concurso de Decoración de Nadal, unha iniciativa dirixida a recoñecer as mellores propostas de decoración exterior entre as veciñas e veciños do municipio. A través deste certame, o Concello pretende fomentar a implicación da cidadanía no embelecemento das rúas.

O concurso establece dúas modalidades: a modalidade A, dirixida a vivendas unifamiliares, e a modalidade B, para fachadas, balcóns e ventás. Poderán participar todas as persoas maiores de idade que residan en Fene e conten cun espazo susceptible de ser decorado. A inscrición debe realizarse enviando un correo electrónico a desenvolvemento.local@fene.gal antes do 19 de decembro, incluíndo o modelo oficial de inscrición dispoñible en fene.gal e, cando menos, unha fotografía da decoración.

Para que as decoracións poidan ser valoradas, deberán estar visibles entre o 21 de decembro e o 6 de xaneiro, ambos incluídos, e manter a súa forma orixinal durante este período. Ademais, todas as decoracións deberán contar cunha iluminación adecuada, e valoraranse aspectos como a creatividade, a orixinalidade, o uso de materiais reciclados e a composición inspirada na tradición popular.

O xurado visitará as decoracións durante a noite e seleccionará as dúas propostas gañadoras. Na modalidade de vivendas unifamiliares, o premio consistirá nunha cesta de produtos gourmet cortesía de Bodegas Barral, mentres que na categoría de fachadas, balcóns e ventás o premio consistirá nunha cesta de produtos ofrecida por Eroski Center.

“Queremos que o espírito do Nadal se reflicta nas nosas rúas e que a veciñanza sinta como súa esta celebración, creando espazos fermosos e cheos de luz que conviden a achegarse a Fene e que repercutan no comercio, na restauración e nos servizos locais”, destacou Ángeles Coira, concelleira de Promoción Económica e Turismo, quen anima a toda a veciñanza a participar.

Con iniciativas como esta, o Concello de Fene busca reforzar a identidade local, engalanando o municipio e incentivando á cidadanía a ser parte activa dun Nadal que promete encher de luz e cor as rúas de Fene.

Relacionadas

Así de espectacular será este ano o Nadal en Carballo!

0
A carpa da Praza do Concello será “o centro neurálxico” do programa, que tamén encherá de actividade o Pazo da Cultura, o Fórum, as...

Inés Rey reclama un maior recoñecemento ás mulleres no eido gastronómico na presentación de...

0
A alcaldesa participou no acto de presentación do libro de Xavier Castro A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de presentación do libro...

Oito locais de hostalaría da Coruña optan á mellor tapa da cidade a través...

0
O xurado profesional seleccionou as creacións de oito locais, dun total de 44 participantes, con dez tapas elixidas para ser finalistas: cinco na modalidade...

O concello dá a benvida ao Nadal este xovés ás 18:30 horas co acendido...

0
Tamén se presenta a programación cultural municipal para as festas, que contará con moitas iniciativas para o público infantil e familiar. O Nadal chegará este...

Cinco Équidos habitarán o Castro de Montes Claros para realizar o control ecolóxico e...

0
A iniciativa é impulsada polo Concello coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e Poni Club Galicia. Desde este mediodía o recinto do Castro...

Neda recibe este mércores a visita dun dos ‘foodtruck’ da campaña GALICIA SABE AMAR

0
Neda recibirá este mércores a visita dun dos foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR, destinada a promocionar os produtos do mar de Galicia, e...

Publicacións Relacionadas