Home A Coruña O Concello de Frades organiza unha charla informativa de introdución ao ictus...

O Concello de Frades organiza unha charla informativa de introdución ao ictus o 22 de novembro no local social do Vedral (Abellá)

- Anuncio -

O Concello de Frades continúa coas súas xornadas gratuítas sobre a saúde, postas en marcha o pasado mes de xullo e que están a rexistrar unha grande aceptación entre a veciñanza. Así o corrobora o concelleiro de Sanidade, Manuel Ferreiro, quen sinala que “o interese que están espertando estas xornadas, nas que se debate sobre nutrición, actividade física ou saúde mental fixo que tiveramos que dobrar a oferta formativa e organizar unha segunda sesión no local social de Abellá”.

Foi o caso das xornadas de nutrición e saúde, celebrada o paseo mes de setembro, e volverá acontecer o día 22 de novembro, coa charla “Introdución ao Ictus”. Esta xornada terá lugar a partir das 17:00 horas no local social do Vedral (Abellá) e será impartida pola neurofisioterapeuta Noelia Gómez Regueira, de NeuroLar Ordes, quen explicará os tipos de ictus existentes, cales son os factores de risco, os sinais de alerta e como facer para previlos ou tratalos.

As inscricións están abertas no Concello de Frades ou no teléfono 981 695 567. Estas xornadas están organizadas polo Concello de Frades en colaboración coa Deputación da Coruña.

Relacionadas

Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers, empresas gañadoras da XXV edición dos Premios Manuel...

0
Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers foron as empresas seleccionadas polo xurado na XXV edición dos Premios Manuel Beiras que este ano se presentou...

A viaxe a Eurodisney da campaña comercial de novembro da Pobra xa ten gañadora

0
A campaña comercial de novembro na Pobra do Caramiñal chegou ao seu fin co sorteo da viaxe a Eurodisney na mañá deste 2 de...

A Xunta de Goberno Local inicia os procedementos para a contratación de obras por...

0
Adxudicado por 44.724 euros o contrato de reposición das butacas do auditorio do Pazo da Cultura A Xunta de Goberno Local aprobou na sesión ordinaria...

O executivo municipal destinará case 380.000 euros á reparación da cuberta do pavillón municipal...

0
O executivo municipal deu luz verde á aprobación do expediente de contratación das obras de reparación da cuberta do pavillón municipal do CEIP Quiroga...

O Concello de Fene retira as copas de varias palmeiras afectadas pola praga do...

0
Os traballos, realizados polo persoal municipal, afectaron a exemplares situados en diversos puntos do concello, como San Valentín ou Chamoso O Concello de Fene continúa...

Brión acollerá unha exposición solidaria con dous artistas dos Encontros da Arte que perderon...

0
José Galarzo e María Carmen Martínez, que impartiron obradoiros de acuarela e cerámica á rapazada de Brión, perderon o seu estudo emprazado en Paiporta O...

Publicacións Relacionadas