Home A Coruña A Concellaría de Xuventude organiza unhas xornadas de sensibilización sobre as tecnoadiccións...

A Concellaría de Xuventude organiza unhas xornadas de sensibilización sobre as tecnoadiccións dirixidas ás familias

- Anuncio -

O Concello de Santiago, a través do departamento de Xuventude, pón en marcha unhas xornadas de sensibilización sobre a problemática das tecnoadiccións, dirixidas ás familias. A concelleira María Rozas e a técnica do departamento Noela Vilas presentaron hoxe o programa, que tén como obxectivo “achegarlle ás nais e pais as claves de cara á educación das crianzas no uso dos dispositivos dixitais” e que completa outros programas impulsados pola Concellaría para previr a adicción ás pantallas.

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude explicou que “son xa moitos os estudos e os datos que nos alertan de que temos un grave problema de adicción ás pantallas na infancia e na adolescencia, e as administracións estamos obrigadas a actuar, non só a local”. María Rozas lembrou que desde o departamento de Mocidade “impulsamos xa actividades de prevención da adicción ás pantallas dirixidas a adolescentes, que desenvolvimos nos centros de ensino e que repetiremos, pero queremos ir máis alá e concienciar tamén ás familias dos riscos que supón o mal uso destes dispositivos”.

A tenenta de alcaldesa lembrou que “contamos con moitos informes que nos alertan da gravidade desta problemática, e non queremos mirar para outro lado”. Así, Rozas citou o estudo sobre mocidade e internet en Galicia, presentado en maio por iCMedia, que sinaloa que o 47,2 % dos mozos e mozas galegas recoñece ter algún tipo de transtorno psicolóxico ou peores notas por pasar demasiadas horas en Internet; un de cada tres admite ter problemas de sono; o 15% falan de cambios de humor, o 11% de problemas de ansiedade, o 10 % de ataques de ira, e case o 8% de illamento social pola adicción ás pantallas.

Na mesma liña, citou o estudo elaborado en 2022 pola Universidade de Santiago en colaboración coa Fundación Barrié, o maior estudo realizado sobre o uso das TIC por parte dos adolescentes galegos, nos que participaron máis de 10.000 mozos e mozas. Nese informe alertábase de que o 44% dos adolescentes recoñecía consumir pornografía online; o 42% recoñecía ter intercambiado mensaxes sexuais online, o coñecido como sexting; e 1 de cada 5 rapaces e rapazas dicían sufrir acoso escolar relacionado co consumo de videoxogos.

O autor deste informe, o doutor en Psicoloxía e profesor titular da área de Metodoloxía das Ciencias do Comportamento da Universidade de Santiago, Antonio Rial Boubeta, será o encargado de abrir o programa, cunha charla o próximo 20 de novembro. Na súa ponencia, o profesor achegará as claves para promover un uso seguro e saudable das pantallas na infancia e na adolescencia, e para coñecer o impacto destes dispositivos no desenvolvemento dos máis novos.

Xa no mes de xaneiro están previstas outras dúas conferencias. O mércores 15 haberá unha ponencia coa pedagoga Anabel Mosquera, experta en prevención de condutas de risco con menores cunha ampla experiencia no desenvolvemento de programas de prevención. Por último, o 22 de xaneiro será o turno de Ramón Molina, educador social e responsable dos obradoiros de prevención das adiccións ás pantallas impulsados pola concellaría de Xuventude e dirixidos a alumnado de Primaria e Secundaria.

Todas as ponencias serán na Casa das Asociacións de Cornes, a partir das 18.30. A entrada será libre, ata completar a capacidade da sala.

Nova edición do programa de prevención en centros de ensino

A concelleira de Xuventude anunciou que se está traballando nunha nova edición do programa de prevención da adicción ás pantallas que se desenvolverá nos centros educativos. María Rozas mostrouse moi satisfeita cos resultados da primeira edición, “tanto polo interese que suscitou nos colexios, como polos resultados das sesións”. Nese sentido, a técnica do departamento, Noela Vilas, explicou que “moitos mozos e mozas dirixíronse á concellaría para mostrar o seu agradecemento porque o programa lles permitira descubrir un problema que non eran conscientes de que tiñan”. Tal e como apuntou, neste curso reforzarase o programa co dobre de sesións, nos que participarán máis dunha ducia de centros educativos.

Relacionadas

Unha trintena de persoas participaron nunha andaina circular por Boqueixón seguindo os feitos históricos...

0
Algo máis de trinta persoas participaron este domingo nunha andaina circular e gratuíta organizada polo Concello de Boqueixón. Un percorrido de 13 quilómetros polas...

Obradoiro de BD este sábado ás 12.00 h no Lustres Rivas

0
Este sábado 16 de novembro ás 12.00 h volvemos ter actividade no Lustres Rivas para as persoas máis pequenas da casa. FalaRedes trae a Ribeira...

O novo San Andrés avanza coa extensión do pavimento e a plantación das moreiras...

0
A alcaldesa, Inés Rey, acompañou aos nenos e nenas de 5º de Primaria do Eusebio da Guarda na plantación dunha das árbores Alumnas e alumnos...

A Coruña converterase na capital do turismo de congresos coa oitava edición de Nego.Connection...

0
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, presentou o evento que reunirá na Coruña a 600 profesionais do sector esta fin de semana Santos...

O Concello ofrece unha programación con medio cento de actividades xuvenís ate finais de...

0
Componse de citas no Espazo Xuvenil O Remanso xunto cos programas ‘Nocturnia’ e ‘Xoves de Achegas’ cos que o Goberno continúa ofrecendo alternativas de...

O Concello de Lousame pon en marcha a campaña “Quérenme ben”, de sensibilización contra...

0
O prazo para participar estará aberto ata o 29 de novembro O Concello de Lousame, en colaboración co CPI Plurilingüe Cernadas de Castro, vai desenvolver...

Publicacións Relacionadas