Home Pontevedra O Concello de Pontevedra presenta a campaña do 25-N: Son muller, son...

O Concello de Pontevedra presenta a campaña do 25-N: Son muller, son Diana: a quen teñen que apuntar para que che importe?

- Anuncio -

Anabel Gulías, concelleira de Igualdade: “Temos que poñer no centro da axenda política, da axenda pública, que nos seguen matando por ser mulleres”

O despregamento da pancarta co lema do 25-N na fachada da Casa Consistorial será o vindeiro martes, 19 de novembro e o día 25 inaugurarase unha intervención artística permanente en recordo das vítimas na praza da Audiencia

A xornalista e escritora Cristina Fallarás exporá o seu traballo coas vítimas da violencia machista nun acto que terá lugar no Teatro Principal o 17 de decembro

Son muller, son Diana, lema da campaña do 25-N do Concello de Pontevedra, que presentou hoxe a concelleira de Igualdade, Anabel Gulías. Aínda cos ecos do último asasinato machista, a veciña de Baiona Estela B.S. e a poucas semanas da veciña de Pontevedra, Fadua; a concelleira subliñou “a necesidade de reivindicar, de poñer no centro da axenda política, da axenda pública que nos seguen matando por ser mulleres”.
A campaña quere transmitir mensaxes claras “fronte a certos temas que, nos últimos tempos, están sendo obxecto de negacionismo político”, indicou Gulías Torreiro. A proposta municipal artéllase e pon o foco en dúas cuestións:

  1. Tratar a violencia machista como unha cuestión estrutural. “Non falamos do caso de catro tolos que matan as súas mulleres; é unha cuestión que ten que ver co patriarcado, coa educación, que ten que ver coas prácticas políticas, coas prácticas que todas e todos temos na esfera pública e na esfera privada… nos matan, por sermos mulleres”, explica a concelleira de Igualdade
  2. Loitar contra a percepción de que os asasinatos machistas son unha efeméride máis. “Percibimos que cada vez que asasinan a unha muller, respondemos dun xeito rutineiro: unha concentración diante das institucións, cando un feito así tiña que sacar ás persoas ás rúas para reclamar xustiza, reparación e dignidade”, indico Anabel Gulías. “É un regueiro de mulleres asasinadas pola violencia machista, que leva a preguntarnos a quen teñen que apuntar para que che importe (subtítulo da campaña 25-N)”, engadiu.
    Catro mulleres de Pontevedra prestan a súa imaxe para os carteis de Son muller, son Diana. Son catro veciñas de Pontevedra, de distinta idade e perfil, que amosan que a violencia machista cébase na metada da poboación polo feito de ser muller.
    A campaña gráfica Son muller, son Diana. A quen teñen que apuntar para que che importe? É un piar esencial dunha programación que inclúe tamén a inauguración dunha intervención artística que deixará unha pegada permanente na praza da Audiencia de Pontevedra en lembranza das vítimas da violencia machista: 32 persoas (20 mulleres e 2 nenos) da provincia, desde o 2003.
    Ademais terá como colofón, o 17 de decembro, unha charla-coloquio coa xornalista e escritora Cristina Fallarás, que traballa desde hai anos na recollida de testemuños de mulleres que sufriron violencia machista para que non caian no esquecemento. Con ela estará a ex-concelleira de Igualdade, Carme Fouces, impulsora da campaña #PrimAcoso do Concello de Pontevedra.
  3. PROGRAMACIÓN 25-N
    Os fitos da campaña 25-N que tinguen de violeta o mes de novembro, arroupados coa imaxe gráfica presentada hoxe. Son os seguintes
  4. • Premios Feroz. Con perspectiva feminista
    Venres 15, ás 18.30 horas na Facultade de Comunicación de Pontevedra. Proxección da película Jamón, jamón de Bigas Luna e coloquio con Laura Seoane, productora executiva dos premios Feroz.
    Xoves 21, ás 18.30. Proxección de Amanece que no es poco de José Luis Cuerda. Coloquio con Marta Armengou, fundadora e directora de filmtopia.net
  5. • Ciclo Conversas do primeiro andar do Mercado
    Xoves, 21, ás 20.00 horas. Presentación do libro “Que no se te note” de Rocío Saiz.
    Presentación da adega Anónimas Viticultoras (Cristina Yagüe e María Falcón)
    Showcase de Buenatarde e Rocío Saíz
  6. • Luns 18 de novembro. Lectura do manifesto 25-N do Concello de Pontevedra no Pleno municipal, a cargo do Colexio de Psicoloxía de Galicia.
  7. • Martes 19, ás 11.30 horas. Despregamento da pancarta do 25.N na fachada da Casa Consistorial.
  8. • Luns 25, ás 11.00 horas. Inauguración dunha intervención artística permanente en memoria das vitimas da violencia machista da provincia: 32 desde o ano 2003. Na praza da Audiencia.
  9. • Martes 17 de decemebro, ás 20.00 horas no Teatro Principal. A xornalista e escritora Cristina Fallarás e a ex concelleira de Igualdade, Carme Fouces, falarán sobre espazos seguros de denuncia para as mulleres vítimas da violencia machista.

Relacionadas

Luisa Sánchez anuncia na gala de entrega dos XIX Premios Joven Empresario/a de AJE...

0
O goberno da Deputación investirá 1,45 millóns de euros na xestión de Smartpeme + e das oficinas Acelera Pyme Rural, que desde Barro, Cambados,...

Baiona presenta a imaxe da Festa da Arribada 2025

0
Baiona desvela a imaxe da XIX Festa da Arribada 2025, que se celebrará do 28 de febreiro ao 2 de marzo, nun acto en...

O concello do Porriño rende homenaxe aos gañadores do concurso ‘Internetional Dragon’s Den’

0
Os estudantes presentaron aos asistentes o seu proxecto “Greenpocket Solutions” xunto cun prototipo do produto 'Eco Snack Bag', amosando a súa proposta innovadora de...

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Marín para informar a...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou o concello coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para...

Rafa Domínguez e Jorge Cubela percorren Pontevedra con Santiago Gamboa na véspera da conferencia...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, xunto co deputado de Cultura e Xuventude, Jorge Cubela, percorreron Pontevedra con Santiago Gamboa na véspera...

A Xunta e o concello de Moraña avalían vías de colaboracion para mellorar a...

0
A Xunta de Galicia e o Concello de Moraña estudarán a posibilidade de mellorar o acondicionamento e poñer en valor a contorna do río...

Publicacións Relacionadas