Home O Morrazo Marín Sindy Takanashi e Diana López conversarán en Marín sobre ciberacoso, violencia sexual...

Sindy Takanashi e Diana López conversarán en Marín sobre ciberacoso, violencia sexual e machismo en Internet

- Anuncio -

O coloquio feminista entre a creadora de contidos e a xornalista será o 21 de novembro ás 19.30 horas no Museo Torres e forma parte da programación do Concello de Marín polo 25 de Novembro

Internet e os seus recunchos escuros, onde campa as súas anchas a ciberviolencia e o acoso sexual, será o tema que tratarán a creadora de contido Sindy Takanashi e a xornalista Diana López nun coloquio enmarcado dentro da programación do Concello de Marín polo 25 de novemebro e que terá lugar o xoves 21 ás 19.30 horas no Museo Municipal Manuel Torres.

Esta charla, especialmente dirixida á mocidade, que é a que máis vive no mundo dixital, pretende poñer o foco en como se producen situacións constantes de violencia machista nun entorno que ten as súas propias características: a inmediatez, a dispoñibilidade, o anonimato… Cuestións que acaban exercendo un enorme control do acosador sobre a vítima e que poden acabar producindo situacións de violencia como ciberamenazas, ciberextorsión, ciberdifamación, hacking, acceso a contidos sen consentimento…

Para falar de todas estas cousas, Sindy é unha persoa idónea pola súa traxectoria persoal e profesional. Creadora de contido para redes sociais e presentadora de programas en diversos formatos, actualmente está á fronte do pódcast Queridas hermanas e copresenta Utameda, ambos en Podimo.

É una coñecida influencer feminista, con máis de 390 mil seguidores e seguidoras en Instagram e que acadou fama desde o 2018, conforme entraba no activismo feminista. Agora, a súa conta está especializada nos problemas que atinxen ás milleres e ás nenas só polo feito de selo. Loita especialmente pola abolición da prostitución e expón todo tipo de violencias machistas no seu contido en redes.

Presentou tamén o programa de entrevistas Las uñas en Flooxer, polo que pasaron mulleres tan diversas como Rigoberta Bandini, Amelia Tiganus ou Ana Peleteiro. Forma parte do Instituto YEM para a saúde integral da muller.

Un coloquio con Diana López

Sindy estará acompañada nesta xornada na xornalista e guionista Diana López Lovar. Licenciouse en Xornalismo na USC e conta con varios másteres. En 2012, creou o seu blog Suspenso en Religión e en 2013 fixo o seu primeiro artículo viral, Mi coño, no que se opuña ao anteproxecto de lei contra o aborto. Desde entón, está vinculada ao activismo polo sdereitos das mulleres e fai opinión en clave feminista.

Traballou en prensa escrita, radio, televisión e cine como redactora e guionista, vinculada en moitos casos á TVG. A maternidade e pandemia aparatáronna da televisión e agora centra o seu labor na docencia.

Publicou ensaios como No es país para coños, do que despois dirixiu unha obra teatral, e Maternofobia. Como directora, tamén sacou adiante a curta Feminazi e colaborou na novela ilustrada Voces que contan, cun relato persoal sobre a anorexia.
Desde 2018, coorganiza o encontro As Mulleres Que Opinan Son Perigosas, xunto coa xornalista Susana Pedreira. Actualmente, dirixe o monólogo teatral A Síndrom de Lis e colabora co xornal Público.

Relacionadas

Tui será en 2026 a sede de Hispacon, o Congreso de Fantasía, Ciencia Ficción...

0
Será a cuarta cidade galega en acoller este evento que reunirá a nomes relevantes do xénero fantástico e que brindará múltiples actividades Tui será a...

A rapazada de Redondela plasma as súas reivindicacións no Pleno Infantil

0
O auditorio do Xunqueira acolleu esta mañá a celebración dun pleno infantil no que participaron alumnos e alumnas dos centros de primaria e secundaria...

Ponteareas celebra o seu pleno infantil

0
Na semana na que celebramos o Día Mundial da Infancia o Concello de Ponteareas celebra o seu pleno infantil no que escoitar e recoller...

Luis López presume en Marín “dunha provincia extraordinaria, chea de xente extraordinaria” na entrega...

0
O presidente provincial destacou a calidade do sector hostaleiro da provincia, da beleza paisaxística das Rías Baixas e do talento dos pontevedreses e pontevedresas...

Unanimidade en Salceda ante o proxecto de saneamento da parroquia de Entenza proposto polo...

0
O Pleno aproba o proxecto por valor de 856.850,01 € para dar servizo a 115 vivendasO Goberno presenta o proxecto no Plan Provincia extraordinaria...

O concello presenta o seu espazo de conciliación para este Nadal

0
Este ano haberá 4 horarios para conciliar nas vacacións de Nadal, dende o 23 de decembro ao 3 de xaneiro. Trátase dun espazo de...

Publicacións Relacionadas