Home A Coruña O departamento de Servizos Sociais de San Sadurniño tramita as solicitudes do...

O departamento de Servizos Sociais de San Sadurniño tramita as solicitudes do programa autonómico “Xuntos polo Nadal”

- Anuncio -

Ata o luns 25 de novembro pode solicitarse a través dos Servizos Sociais do Concello a participación no programa para persoas maiores “Xuntos polo Nadal”, que ofrece unhas pequenas vacacións de lecer para quen non teña con quen pasar estas festas tan especiais. Hai 270 prazas dispoñibles ás que poderán optar persoas de 60 ou máis anos que vivan soas. O programa convócao a Consellaría de Política Social, quen lle dará prioridade a aquelas persoas máis anciás que realmente non teñan con quen pasar o Nadal, a quen quedase viúvo ou viúva -ou perdese a persoa coa que convivía- nos últimos anos ou a quen nunca gozase deste programa en anteriores edicións.

Outro requisito importante é que as persoas solicitantes poidan valerse por si mesmas, que non estean acollidas en ningún entorno residencial e que non padezan enfermidades contaxiosas nin trastornos que poidan alterar a convivencia. Ademais tamén se recomenda -non é obrigatorio- ter administradas a vacina contra a COVID-19 e a gripe segundo o calendario sanitario vixente.

A Xunta oferta 130 prazas na residencia de tempo libre do Carballiño -metade e metade para as persoas solicitantes das provincias da Coruña e Ourense- e outras 140 para a residencia de tempo libre de Panxón, en Nigrán (xusto á beira da Praia de Patos), das que se poderán beneficiar as persoas solicitantes de Pontevedra e Lugo.

O programa, que é totalmente gratuíto, contempla o aloxamento en habitacións compartidas e a mantenza en réxime de pensión completa durante 15 días (14 noites) entre o 24 de decembro e o 7 de xaneiro. Ademais, durante ese tempo, as persoas participantes gozarán dunha grande oferta de actividades paralelas para encher a estadía.

As solicitudes poden tramitarse a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia, aínda que o máis cómodo é acudir ao departamento municipal de Servizos Sociais, onde nos facilitarán o correspondente informe social e onde tamén nos axudarán a cubrir a documentación. Para pedir cita hai que chamar ao 981 490 027 ext.1. E cómpre non agardar ao último día, xa que o prazo remata o luns 25 de novembro.

Relacionadas

O Concello de Fene convida ao acto de izado da bandeira galega en San...

0
O evento terá lugar este sábado, 23 de novembro, ás 12h, e forma parte dun acto expansivo que se desenvolverá en concellos de todo...

Marián Ferreiro entregou ao padelista Iago Fuertes Leonardo o premio ao Mellor Deportista de...

0
O Pazo da Cultura foi novamente esta noite o escenario no que se desenvolveu a Gala do Deporte de Narón, que alcanzou a súa...

O Consorcio Provincial da Coruña aproba o convenio de colaboración co Concello de Arteixo...

0
• Segundo o acordo o goberno local asumirá a cesión da parcela e a edificación das novas instalacións, moito máis acordes para a correcta...

O Concello de Frades reclámalle a Sanidade que garanta unha atención de calidade nos...

0
O alcalde solicitou unha entrevista co conselleiro de Sanidade para buscar unha solución definitiva ás incidencias no servizo, que se traducen en atrasos nas...

A Pobra premiará as vivendas mellor decoradas polo Nadal

0
Un ano máis, as vivendas mellor decoradas da Pobra do Caramiñal terán premio co V Concurso de Embelecemento de Balcóns e Fachadas no seo...

Leiva actuará o próximo 12 de xullo no ciclo Coruña Sounds 2025

0
O Goberno de Inés Rey volve a apostar polas grandes actuacións musicais na cidade durante o verán Leiva actuará na cidade no verán do 2025...

Publicacións Relacionadas