Home A Coruña Miño mobilízase contra a violencia machista con actividades para todas as idades

Miño mobilízase contra a violencia machista con actividades para todas as idades

- Anuncio -

O Concello organiza actos para promover a igualdade e erradicar a violencia.

O Concello de Miño organiza unha serie de eventos no marco do 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Baixo o lema “Todas e todos contra a violencia. Fronte a violencia, palabras”, estas actividades buscan concienciar á cidadanía e fomentar a implicación de todas as persoas na loita contra a violencia machista.

O día 25 de novembro, ás 17:00 horas, levará a cabo no local social da Rúa o taller “Maniféstate”, onde se convidará a persoas a partir de 4 anos a participar na creación de pancartas en rexeitamento á violencia. Ese mesmo día, ás 19:00 horas, tamén no local social da Rúa, procederase á lectura do manifesto contra a violencia machista, reafirmando o compromiso colectivo do Concello e a comunidade.
Ademais, a Biblioteca Concepción Arenal ofrecerá unha selección de lecturas dirixidas a todas as idades co obxectivo de sensibilizar e educar sobre a igualdade e a erradicación da violencia de xénero.
O programa culminará o 28 de novembro coa celebración de mesas de coordinación institucional no propio Concello de Miño, destinadas a traballar en estratexias conxuntas para facer fronte á violencia machista.

Con esta axenda, o Concello de Miño reforza o seu compromiso coa igualdade e a prevención da violencia de xénero, convidando a toda a cidadanía a unirse nesta importante causa.

Relacionadas

O concello concorre á convocatoria de axudas para actuacións en materia de xestión de residuos

0
O propósito é adquirir un novo camión para o servizo de recollida a domicilio de voluminosos e equipamento para a o punto limpo trala...

O Concello avanza no borrador da ordenanza do imposto sobre estadías turísticas

0
A alcaldesa, Goretti Sanmartín, acompañada pola concelleira de Turismo, Míriam Louzao, e polo concelleiro de Facenda, Manuel César, encabezou esta mañá a reunión de...

A terceira edición do Norte Cinema Diverso terá como eixo central o colectivo trans

0
O festival proxectará no Teatro Colón un total de tres longametraxes e catorce curtametraxes entre o 20 e o 22 de febreiro O concelleiro de...

San Sadurniño leva a pleno este xoves a distribución e os proxectos do POS...

0
Este xoves, derradeiro do mes de xaneiro, toca pleno ordinario en San Sadurniño. A sesión está posta para as 19:30h en primeira convocatoria, incluindo...

O Concello de Brión homenaxea a Xosé Vizoso, veciño do municipio a quen se...

0
A biblioteca municipal organiza unha exposición de carteis que ilustran a evolución deste artista plástico e agasalla aos visitantes cun marcador de páxinas dedicado...

O Ágora acolle ata o venres a mostra didáctica ‘Converxencias, arte e ciencia: Escher’

0
O concelleiro de Educación, Juan Ignacio Borrego, anima á cidadanía a asistir e comprobar a obra de Maurits Cornelis Escher, un dos artistas contemporáneos...

Publicacións Relacionadas