Home A Coruña A Coruña reunirá os días 10 e 11 de decembro ‘As elixidas’,...

A Coruña reunirá os días 10 e 11 de decembro ‘As elixidas’, un encontro de alcaldesas e concelleiras de África, Brasil e Galicia

- Anuncio -

O encontro forma parte do programa de actividades nas que colaboran o Concello e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O Encontro Internacional ‘As Elixidas’ reunirá os días 10 e 11 de decembro na Coruña a alcaldesas e concelleiras de Cabo Verde, Mozambique, Brasil, Galicia e outros puntos do país co fin de poñer en valor o papel das donas no poder local e compartir os desafíos que enfrontan. O Pazo de María Pita e o Palexco acollerán este espazo de sororidade, diálogo e colaboración organizado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade en colaboración co Concello da Coruña, froito do convenio asinado o pasado mes de setembro entre a alcaldesa, Inés Rey, e o presidente da asociación, Juan Antonio González Pérez.
O obxectivo das xornadas é promover a participación das mulleres na política, especialmente no ámbito municipal, e tecer alianzas para solventar os retos que supón este liderado pois en todos os países participantes hai un déficit de representación feminina na toma de decisións. En Galicia, dos 313 concellos tan só 71 contan cunha alcaldesa á fronte. Deste xeito, o programa de ‘As Elixidas’ achegarase ao rol das mulleres no impulso de políticas públicas a prol da equidade de xénero, as metas e desafíos que atopan na política municipal ou o potencial das asociacións de concelleiras e alcaldesas, como a Rede de Mulleres Electas Locais de África (REFELA), amais de incluír un obradoiro sobre ferramentas para afrontar as violencias políticas.
O evento coincide coa conmemoración do Día Internacional dos Dereitos Humanos, que este ano se celebra baixo o lema ‘Os nosos dereitos, o noso futuro, xa!’, lembrándonos que “todas as persoas deben poder exercer o seu dereito a participar de maneira significativa na vida pública”. As persoas interesadas en asistir ás xornadas ‘As Elixidas’ teñen ata o 3 de decembro para inscribirse no formulario: https://forms.gle/PDUT5LmMe7QgTNB97.
A iniciativa súmase ao Encontro de alcaldesas posto en marcha pola alcaldesa, Inés Rey, o pasado mandato co obxectivo de posicionar A Coruña como espazo de reflexión e encontro de mulleres líderes no poder local e que conta xa con dúas edicións.
Nota de Prensa
PROGRAMA COMPLETO DAS XORNADAS
MARTES, 10 DE DECEMBRO
Palexco – Loft Dársena (espazo exclusivo para mulleres)
16.00 horas – Panel 1: As mulleres na toma de decisións no ámbito local: metas e desafíos.
– Leticia Santos, alcaldesa de Moaña.
– Jovial Setina, presidenta do Consello Municipal da Vila de Homoíne (Mozambique). – Maria Clara Rodrigues, presidenta da Asemblea Municipal de Praia (Cabo Verde). – Uxía Oviedo, alcaldesa de Maceda.
Moderadora: Felicidad González, educadora social do Concello de Cabanas. 17.15 horas – Obradoiro: Ferramentas para afrontar as violencias políticas. Impartido por Arabías. MÉRCORES, 11 DE DECEMBRO
Palexco. Loft Dársena (espazo exclusivo para mulleres)
9.30 horas – Panel 2: Mulleres no poder local: promotoras de políticas de equidade de xénero.
– Geraldina Bonifácio, presidenta do Consello Municipal da Vila de Boane (Mozambique). – Dora Pires, presidenta da Asemblea Municipal de São Vicente e deputada nacional (Cabo Verde).
– Elcione Ramos, alcaldesa de Igarassu (Brasil).
– María Teresa Villaverde, alcaldesa de Lousame.
Moderadora: Rocío Fanego, educadora familiar do Concello de Guitiriz.
11.15 horas – Panel 3: A sororidade como ferramenta: O rol das redes de mulleres electas no ámbito local.
– Maria Helena Langa, vicepresidenta da Rede de Mulleres Electas Locais de África (REFELA) pola rexión da África austral.
– Helena Bandeira, presidenta do Consello Municipal de Mocímboa da Praia e presidenta da Rede das Mulleres Autarcas de Mozambique.
– Aline Martins, coordinadora do programa +Iguais: Transformando cidades con políticas de xénero da Frente Nacional de Prefeitas e Prefeitos de Brasil (FNP).
– Margalida Fullana, alcaldesa de Algaida e tesoureira do Fons Mallorquí de Solidaritat i Cooperació (Illas Baleares).
Moderadora: María José Paz, pedagoga do Concello de Fene.
Nota de Prensa
12.00 horas – Conferencia maxistral: Imaxina ser humana.
– Princesa Peixoto, coordinadora da Área Social da Unión de Cidades Capitais de Lingua Portuguesa (UCCLA).
13.15 horas – Lectura e sinatura da Declaración da Coruña.
13.45 horas – Sesión de peche.
– Lara Fernández, Vogal do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Concelleira de Cultura e Igualdade do Concello de Viveiro.
– Nereida Canosa, Concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade do Concello da Coruña.

Relacionadas

O Concello de Fene convida ao acto de izado da bandeira galega en San...

0
O evento terá lugar este sábado, 23 de novembro, ás 12h, e forma parte dun acto expansivo que se desenvolverá en concellos de todo...

Marián Ferreiro entregou ao padelista Iago Fuertes Leonardo o premio ao Mellor Deportista de...

0
O Pazo da Cultura foi novamente esta noite o escenario no que se desenvolveu a Gala do Deporte de Narón, que alcanzou a súa...

O Consorcio Provincial da Coruña aproba o convenio de colaboración co Concello de Arteixo...

0
• Segundo o acordo o goberno local asumirá a cesión da parcela e a edificación das novas instalacións, moito máis acordes para a correcta...

O Concello de Frades reclámalle a Sanidade que garanta unha atención de calidade nos...

0
O alcalde solicitou unha entrevista co conselleiro de Sanidade para buscar unha solución definitiva ás incidencias no servizo, que se traducen en atrasos nas...

A Pobra premiará as vivendas mellor decoradas polo Nadal

0
Un ano máis, as vivendas mellor decoradas da Pobra do Caramiñal terán premio co V Concurso de Embelecemento de Balcóns e Fachadas no seo...

Leiva actuará o próximo 12 de xullo no ciclo Coruña Sounds 2025

0
O Goberno de Inés Rey volve a apostar polas grandes actuacións musicais na cidade durante o verán Leiva actuará na cidade no verán do 2025...

Publicacións Relacionadas