Home A Coruña Xornada de Educación Canina na Casa da Xuventude

Xornada de Educación Canina na Casa da Xuventude

- Anuncio -

Ribeira conta cunha gran cantidade de mascotas caninas e para que toda a veciñanza interesada en mellorar a educación e condutas dos cans, realízase esta xornada de balde a cargo da asociación Peludonia.

Hoxe presentouse nas instalacións da Casa da Xuventude, onde se vai a impartir a xornada, estas xornadas da man da concelleira de Benestar Animal, Antía Alberte xunto con José Manuel Buceta da asociación Peludonia.

A xornada vaise a impartir o vindeiro 29 de novembro de 17:00 a 20:00 h e para informarse e facer a inscrición haberá que facelo na propia Casa da Xuventude de Ribeira ou escribindo ao correo electrónico xuventude@ribeira.gal.

As xornadas pretenden mellorar a comunicación dende o coñecemento e a comprensión que se acadan cunha comunicación máis fluída, tamén abordaranse a solución de problemas conductuales con adestramento e xogo para corrixilas.

Ensinaranse rutinas de adestramento para gozar do can ao mesmo tempo que se educa, en definitiva; chegar a ese vínculo equilibrado no respecto e o cariño para chegar a ter unha convivencia saña.
A concelleira animou a toda a veciñanza interesada a acudir a esta xornada que será para un máximo de 50 persoas e tamén falou das dinámicas da Casa da Xuventude que está aberta a propostas de asociacións e como non, dos mozos e mozas do concello.

Pola outra banda, José Buceta falou dos temas a desenvolver na xornada e tamén contextualizou sobre a situación dos cánidos “pretendemos concienciar sobre a situación actual, estamos demandando a unha especie un cambio evolutivo; hai vinte anos os cans vivían amarrados nunha cadea e agora lle estamos pedindo que saian tres veces ao día, que se comporten ben, que non ladren para non molestar e que se leven ben con outros cans. Estámoslle pedindo un cambio evolutivo moi grande, un salto evolutivo realmente”.

Buceta para rematar argumentou que dende a asociación teñen un novo método de traballo partindo da base de que o adestramento tradicional se queda corto na actual demanda da sociedade e basean o seu método no coñecemento e no estudo do comportamento canino e pretenden, a parte de concienciar sobre esa educación que é necesaria, levala á práctica nun espazo axeitado que teñen acondicionado na propia asociación.

Relacionadas

Así de espectacular será este ano o Nadal en Carballo!

0
A carpa da Praza do Concello será “o centro neurálxico” do programa, que tamén encherá de actividade o Pazo da Cultura, o Fórum, as...

Inés Rey reclama un maior recoñecemento ás mulleres no eido gastronómico na presentación de...

0
A alcaldesa participou no acto de presentación do libro de Xavier Castro A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de presentación do libro...

Oito locais de hostalaría da Coruña optan á mellor tapa da cidade a través...

0
O xurado profesional seleccionou as creacións de oito locais, dun total de 44 participantes, con dez tapas elixidas para ser finalistas: cinco na modalidade...

O concello dá a benvida ao Nadal este xovés ás 18:30 horas co acendido...

0
Tamén se presenta a programación cultural municipal para as festas, que contará con moitas iniciativas para o público infantil e familiar. O Nadal chegará este...

Cinco Équidos habitarán o Castro de Montes Claros para realizar o control ecolóxico e...

0
A iniciativa é impulsada polo Concello coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e Poni Club Galicia. Desde este mediodía o recinto do Castro...

Neda recibe este mércores a visita dun dos ‘foodtruck’ da campaña GALICIA SABE AMAR

0
Neda recibirá este mércores a visita dun dos foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR, destinada a promocionar os produtos do mar de Galicia, e...

Publicacións Relacionadas