Home A Coruña O Novembro, mes do humor continúa este venres co espectáculo Eran elas,...

O Novembro, mes do humor continúa este venres co espectáculo Eran elas, de Avelino González

- Anuncio -

O Museo do Humor Xaquín Marín de Fene acollerá este venres, 22 de novembro, a terceira función do Novembro, mes do humor, ciclo co que está a conmemorar o seu 40º aniversario. Desta vez o protagonista será o monologuista e actor Avelino González. O espectáculo, titulado Eran elas, comezará ás 20.00 horas e a entrada será de balde, previa recollida de invitacións (até un máximo de dúas por persoa adulta) na conserxería da Casa da Cultura de Fene ese mesmo día a partir das 19 horas. Aforo limitado.

De que vai Eran ellas? Segundo adianta Avelino González, neste espectáculo pártese da premisa de que os príncipes azuis son un invento moderno. Antes de que os Grimm, Perrault, Andersen ou Walt Disney collesen eses contos, as mozas pelexaban con dragóns, as vellas salvaban ós novos, Isolda valíase sen Tristán, as princesas … Antes de que eses contos fosen adaptados á moral, a tradición era máis plural e irreverente, máis divertida, vaia. E ser home era máis descansado!

Trata cita deste venres, o “Novembro, mes do humor” concluirá o venres 29 de novembro con Brais das Hortas actuando na Casa da Cultura de Fene e presentando Contos de defuntos (e outros asuntos).

Ciclo organizado pola Concellería de Cultura de Fene coa colaboración da Deputación da Coruña (Rede Cultural).

Relacionadas

Así de espectacular será este ano o Nadal en Carballo!

0
A carpa da Praza do Concello será “o centro neurálxico” do programa, que tamén encherá de actividade o Pazo da Cultura, o Fórum, as...

Inés Rey reclama un maior recoñecemento ás mulleres no eido gastronómico na presentación de...

0
A alcaldesa participou no acto de presentación do libro de Xavier Castro A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de presentación do libro...

Oito locais de hostalaría da Coruña optan á mellor tapa da cidade a través...

0
O xurado profesional seleccionou as creacións de oito locais, dun total de 44 participantes, con dez tapas elixidas para ser finalistas: cinco na modalidade...

O concello dá a benvida ao Nadal este xovés ás 18:30 horas co acendido...

0
Tamén se presenta a programación cultural municipal para as festas, que contará con moitas iniciativas para o público infantil e familiar. O Nadal chegará este...

Cinco Équidos habitarán o Castro de Montes Claros para realizar o control ecolóxico e...

0
A iniciativa é impulsada polo Concello coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e Poni Club Galicia. Desde este mediodía o recinto do Castro...

Neda recibe este mércores a visita dun dos ‘foodtruck’ da campaña GALICIA SABE AMAR

0
Neda recibirá este mércores a visita dun dos foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR, destinada a promocionar os produtos do mar de Galicia, e...

Publicacións Relacionadas