Home Pontevedra Baixo Miño 300 anos de historia no corazón do Rosal

300 anos de historia no corazón do Rosal

- Anuncio -

O Concello celebra unha nova edición das Xornadas de Patrimonio cunha charla o 22 de novembro sobre o retablo barroco da igrexa de Santa Mariña

O retablo barroco da igrexa de Santa Mariña está de aniversario: 300 anos, tres séculos de historia que o converten nun auténtico tesouro cultural do Rosal. Para conmemorar este fito, o Concello celebra unha nova edición das Xornadas de Patrimonio o vindeiro 22 de novembro cunha charla na que este histórico retablo será o protagonista.
A actividade, que será ás 20.00 horas na propia igrexa de Santa Mariña, contará coa participación de D. Julio Ramos, párroco do Rosal, quen achegará unha visión única grazas a unha intensa investigación no arquivo parroquial a través da que descubriu a data de construción do retablo e o nome dos artesáns que lle deron vida colocándolle o pan de ouro. Porén, o autor do retablo continúa a ser descoñecido.
O párroco estará acompañado ademais por Juan Manuel Monterroso, catedrático de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela, que contextualizará este retablo nunha análise máis ampla falando da ‘Forma, devoción e ilusión. Aproximación histórica ao retablo barroco galego’.
A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, destaca a importancia de celebrar un ano máis estas xornadas de balde abertas a todos os públicos, “unha oportunidade excepcional para poñer en valor o noso legado histórico e para achegar á veciñanza a riqueza artística, cultural e patrimonial que temos tan preto de nós”.
Pola súa parte, o concelleiro de Patrimonio, Carlos Villanueva, anima a todos os rosaleiros e rosaleiros a participar nesta xornada e achegarse un pouco máis á historia do retablo de Santa Mariña, “unha xoia que merece ser coñecida e celebrada. É un orgullo poder compartir esta parte da nosa historia cunha actividade que une coñecemento, arte e comunidade”.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

BlackBird Barber Concept brilla nos Premios SOYBARBUDO e fai historia na Barber League

0
A barbaría porriñesa fíxose con tres estrelas no reputado circuíto nacional SoyBarbudo, que destaca as mellores do paísIgor Drodzov alzouse co premio ao Mellor...

O Concello de Nigrán ofrecerá este venres o concerto do cuarteto de clarinetes da...

0
Terá lugar na capela da Alameda de San Campio ás 20:00 horas O Concello de Nigrán ofrecerá este venres 6 de decembro o concerto do...

Redondela celebra o Día Internacional da Diversidade Funcional esixindo “dereitos, non favores”

0
Como exemplo de adaptación inaugurouse esta mañá un semáforo con pictogramas na estrada de Vigo, na zona do Salgueiral. Deste xeito favorécese a comprensión...

Publicacións Relacionadas