Home Pontevedra O Condado Ponteareas e FCC colaboran para enviar un camión de recollida do lixo...

Ponteareas e FCC colaboran para enviar un camión de recollida do lixo a Valencia

- Anuncio -

O Concello de Ponteareas e FCC, empresa responsable do servizo de limpeza das rúas e recollida do lixo, únense para enviar a Valencia un camión de recollida do lixo para contribuír nas tarefas de emerxencia.

Coordinados coa delegación desta empresa en Levante voluntarias e voluntarias da das contratas galegas darán apoio aos concellos valenciáns afectados pola DANA. A empresa FCC explica que este apoio será totalmente solidario en canto a recursos humanos, materiais e maquinaria.

Hoxe un dos vehículos recolectores do Concello de Ponteareas parte rumbo a Quart de Poblet, Valencia, para sumarse aos efectivos existentes. A alcaldesa, Nava Castro, o tenente de alcaldesa, Juan Carlos González, e o concelleiro responsable do servizo de recollida do lixo, Jesús Cao, acompañados da concelleira de Infraestruturas Xerais, Raquel Bautista, e de representantes da empresa FCC, desexaron boa viaxe ao equipo.

No día de hoxe o goberno de Ponteareas tamén recibiu a unha representación dos bombeiros de Ponteareas para amosarlles o seu agradecemento e facerlles entrega dun diploma que simboliza o compromiso e solidariedade do equipo de bombeiros de Ponteareas. Alcaldesa e concelleiro de Seguridade coincidiron en salientar o carácter colaborador e a profesionalidade dos bombeiros de Ponteareas que atende a todos os Concellos do Condado e da Paradanta. Os bombeiros de Ponteareas estiveron cinco días desprazados nos concellos de Albal, Catarroja e Paiporta formando parte dos equipos de emerxencia enviados pola Xunta de Galicia.

Neste acto, aberto a cidadanía e celebrado no auditorio municipal Reveriano Soutullo, tamén participaron os centros educativos de Ponteareas coordinados pola concellería de Ensino. Os bombeiros explicaron ao público a súa intervención, a situación, os sentimentos da cidadanía valenciá, a importancia do cumprimento das normativas, a coordinación de equipos e deron exemplo de civismo e solidariedade.

Alcaldesa e Concelleiro de Seguridade agradeceron ademais o apoio das empresas locais, Darlim e Bopapel, que sufragaron os gastos da viaxe e aloxamento do equipo de bombeiros de Ponteareas.

Relacionadas

Tui aposta pola eficiencia enerxética renovando as luminarias dos accesos á cidade

0
Co cambio a led deixaranse de emitir 51,46 toneladas de CO2 O Concello de Tui vai proceder ao cambio das luminarias dos accesos á cidade...

O 53% do alumnado do Programa Integrado de Emprego de Ponteareas acadou a inserción...

0
• A Xunta destinou máis de dous millóns de euros en obradoiros e programas de inserción laboral • Cen persoas comezaron hoxe o segundo Programa...

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

BlackBird Barber Concept brilla nos Premios SOYBARBUDO e fai historia na Barber League

0
A barbaría porriñesa fíxose con tres estrelas no reputado circuíto nacional SoyBarbudo, que destaca as mellores do paísIgor Drodzov alzouse co premio ao Mellor...

Publicacións Relacionadas