• Juncal: “Co horario de inverno, é case imposible adestrar con seguridade a partir das 18.00 horas pola falta de luz e porque o pavimento está nunhas condicións lamentables de conservación”
• Os populares fanse eco da preocupación dos deportistas que realizan actividade física nesta contorna natural co risco de sufrir unha caída
O Partido Popular de Pontevedra instará o alcalde da cidade, #Miguel Anxo Fernández Lores, e á concelleira de Deportes, Anabel Gulías, a que solucionen, o máis axiña posible, os problemas de iluminación e de asfaltado que dificultan o paso de transeúntes polas zonas peonís da contorna da Illa dás Esculturas.
O popular Guille Juncal constatou o “profundo malestar” das decenas de atletas e afeccionados que realizan exercicio físico nesta paraxe natural a beiras do Lérez que, salvo en momentos puntuais pola celebración de competicións deportivas, atópase nunhas “condicións lamentables de conservación”.
Desde o PP de Rafa Domínguez insistirase na necesidade de actuar na zona ata que “o Goberno nacionalista proceda á reparación do pavimento danado en toda a contorna da Illa do Covo, especialmente nos accesos á ponte peonil que conecta estes 70.000 metros cadrados de espazo verde coa avenida de Buenos Aires, que leva demasiado tempo sen asfaltar”.
Outro dos hándicaps cos que se atopan as persoas que realizan actividade física nesta contorna é a iluminación deficiente: “Co horario de inverno, é case imposible adestrar a partir das 18:00 horas pola falta de luz e porque moitos farois están apagadas e/o fundidas, o que supón un perigo para a integridade física dos deportistas”, explicou Juncal.
Con esta esixencia, o PP local faise eco da preocupación latente entre os pontevedreses polo risco de sufrir unha caída, debido á falta de iluminación e o estado do pavimento nas dúas marxes do Lérez. Por iso, e co afán de buscar unha solución de inmediato, urxen aos responsables municipais a “poñerse as pilas co deporte amateur”.