Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación promove coa Xunta un documental de 5 capítulos sobre Vicente...

A Deputación promove coa Xunta un documental de 5 capítulos sobre Vicente Risco que afondará no seu legado e suporá novo material didáctico na escola

- Anuncio -

Na presentación de “Os trazos de Risco participaron o director da Área de Cultura, Marcos Vázquez; o secretario xeral  de Política Lingüística, Valentín García, e a responsable da produtora Nós Televisión, Rosabel Candal

Coincidindo co 140 cabodano do pasamento de Vicente Risco, a Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, colaboraron para poñer en marcha “Os trazos de Risco”, un traballo audiovisual documental, gravado no Teatro Principal e  conformado por 5 capítulos que afondan na figura literaria e cultural que supuxo para a historia da Galicia moderna o escritor ourensán.

O director da Área de Cultura, Marcos Vázquez, recalcou que esta iniciativa enmárcase “na liña da Deputación de manter o legado cultural nosos nosos grandes” e destacou a súa calidade artística así como a súa importancia histórica.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentin García, sinalou tamén a excelencia deste traballo “dun dos grandes arquitectos do pensamento galeguista cuxo papel na historia da Galicia moderna non sempre estivo ben visibilizado”. Ademáis de analizar que pese “á súa inmensa profundidade analítica e a que foi o autor con a visión máis cosmopolita da Xeración Nós, el sempre optou por ser un señor de Ourense e cuxa vida e obra apaixoantes merecen ser coñecidas en Galicia”.

Pola súa banda, a responsable da produtora Nós Televisión, Rosabel Candal, explicou que estes 5 capítulos baséanse en conversas con persoas que coñeceron a Vicente Risco, coa fin de “revisitar a súa figura desde diferentes perspectivas”. Este traballo tamén ten unha fonda vocación didáctica, sinalou, ao ser perfectamente válido para a utilización nas aulas por parte dos equipos docentes de Galicia.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

O Concello adxudica as obras de acondicionamento e mellora de espazos urbanos na rúa...

0
Aproba tamén as bases da convocatoria de subvencións para actuacións de rehabilitación A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou este mediodía en...

O Concello fai pública a programación de Nadal, cunha morea de actividades para todos...

0
Papá Noel visitará a cidade cos seus renos e elfos o día 21 de decembro, e os Reis Magos o día 5 na tradicional...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

A Deputación organiza encontros coas entidades beneficiarias dos programas de acción comunitaria en Lalín,...

0
O deputado de Acción Comunitaria, Javier Tourís, salientou o éxito dun plan que repartiu preto de 141.000 euros entre 15 entidades da capital de...

Luis López resume a acción da Deputación en Pontevedra e a súa contorna: 27...

0
O presidente provincial, acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez e os deputados María Ramallo e Jorge Cubela, fai balance dos proxectos e programas que o...

Publicacións Relacionadas