Home Ourense Luis Berardo Araújo releva a Roberto González como portavoz do grupo municipal...

Luis Berardo Araújo releva a Roberto González como portavoz do grupo municipal do PP na Pobra de Trives

- Anuncio -

●         Luis Berardo Araújo recolle esta encarga con “moitas ganas e ilusión” e Roberto González expresa que este cambio chega por motivos estritamente profesionais, “pero non me esquecerei de Trives e apoiarei ao partido desde fóra”

●         Sandra Quintas agradeceu a Roberto Gónzalez todo o traballo feito ata o de agora e a Luis Berardo que recolla o relevo para traballar pola Pobra de Trives

O concelleiro do Partido Popular na Pobra de Trives, Luis Berardo Araújo Rodríguez, será o novo portavoz do grupo municipal en substitución de Roberto González Castro, que cede a representación popular no Concello por motivos estritamente profesionais. O relevo fíxose oficial durante a reunión que ambos edís mantiveron na sede provincial do PP coa secretaria xeral, Sandra Quintas.

Luis Berardo Araújo, número dous da lista do PP en Trives nas municipais de maio de 2023, afirmou que recolle esta encarga coas “mesmas ganas e ilusión que o meu compañeiro Roberto, para traballar a prol do pobo e polo ben da veciñanza”.

Roberto González, que encabezou a lista popular das pasadas municipais, agradeceu pola súa banda o apoio dos seus compañeiros de grupo durante esta “complexa” etapa, na que tivo que mesturar as cada vez maiores responsabilidades profesionais coa representación popular no Concello. Neste tempo como portavoz destacou que a pesar de todas as dificultades sempre buscou o ben dos veciños e veciñas. “Neste momento véxome obrigado a facer este cambio porque non podo estar na propia vila, pero, por suposto, non me esquecerei dela e apoiarei ao partido e aos meus compañeiros desde fóra en todo o que faga falta”, concluíu.

Entre tanto, Sandra Quintas agradeceu a Roberto González o traballo feito ata agora. “Somos conscientes dende o partido como afrontou as últimas eleccións municipais e o gran esforzo que fixeron tanto el como toda a candidatura”, expresou. Quintas deu a benvida a Luis Berardo, ao que tamén agradeceu que recolla este relevo para traballar por Trives e para ser alí a voz do Partido Popular.

Luis Berardo Araújo Rodríguez (Pobra de Trives, 1984) comezou a súa traxectoria política fai dous anos da man de Roberto González, ao que agradece todo este tempo compartido de aprendizaxe. Entre os seus obxectivos figura procurar solucións e escoitar todas as demandas dos habitantes da vila.

Relacionadas

A Deputación adxudica a creación dunha oficina transfronteiriza de apoio á transición enerxética

0
Esta acción enmárcase dentro do Proxecto 0052_COMENERG_1_E cofinanciado ao 75% polo Fondo Europeo de desenvolvemento rexional (FEDER) dentro do Programa INTERREG VI-A ESPAÑA-PORTUGAL (POCTEP)...

A Deputación de Ourense propón no Congreso Internacional de Termalismo de Archena un “programa...

0
O presidente #Luis Menor solicitou a colaboración doutras administracións, vilas termais e instalacións balnearias para ofertar un volume suficiente de prazas “e así chegar...

O PP de Ourense pon en marcha a súa campaña con motivo do 25N...

0
● A vicesecretaria de Igualdade, Elena Freijedo, recalca que con esta acción, os populares ourensáns “queremos poñernos do lado das mulleres vítimas de violencia,...

A execución da senda peonil á altura do Parque Barbaña obriga ao traslado provisional...

0
O postos de venda ambulante instalaranse no entorno da Praza de Abastos - rúas Tras Alameda, e baixada da Praza a carón do Rianxo...

A Deputación aposta polo baloncesto veterano federado co Torneo DepOUbasKet Másters +35

0
Xogadores e xogadoras da provincia e convidados de toda Galicia disputarán no Pazo Paco Pac mañá sábado, 23 de novembro, esta nova cita da...

A Xunta pon de relevo nos XIII Premios de AJE Ourense a estratexia de...

0
― O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a directora-xerente de...

Publicacións Relacionadas