Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación avanza nun proxecto piloto para revalorizar os residuos das viñas...

A Deputación avanza nun proxecto piloto para revalorizar os residuos das viñas e reducir a contaminación

- Anuncio -

A comarca de Monterrei probará solucións a favor dunha viticultura rexenerativa, no marco dun proxecto cofinanciado con fondos europeos e liderado a través do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde)

Os socios do proxecto Circular Ecosystems, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER) no marco do programa Interreg VI-A España-Portugal 2021-2027 (POCTEP), visitaron a Denominación de Orixe Monterrei durante a súa reunión de seguemento semestral, no marco da iniciativa liderada pola Deputación de Ourense, a través do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde). O organismo provincial promove no marco deste proxecto o deseño dunha solución sistémica e unha acción piloto aplicada á viticultura rexenerativa, que terá como área de intervención a comarca de Monterrei.

En concreto, a comarca de Monterrei será obxecto dunha iniciativa que contribuirá a impulsar unha viticultura máis respectuosa co solo e coa propia viña. Esta experiencia piloto centrarase en revalorizar os residuos orgánicos da propia viña e reducir a contaminación.

Os socios do proxecto coñeceron a sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei, o viñedo experimental provincial, así como adegas que aplican prácticas circulares e novas plantacións, que contribúen á rexeneración do solo degradado e a prevención de incendios forestais.

A axenda tamén contemplou unha reunión de traballo entre os socios Fundación Patrimonio Natural de Castilla y León, Ayuntamiento de Valladolid, Diputación de Ávila, Municipio de Guimarães, Municipio de Matosinhos e o propio Inorde. No encontro de traballo, os socios analizaron o plan de acción nos territorios implicados e o mapeo das cadeas de valor que se estudan no proxecto, tales como a de solo, auga e nutrientes; téxtil e otros productos de consumo ou construción.

Neste sentido, o Inorde presentou o mapeo de axentes da cadea de valor “solo, auga e nutrientes” na provincia de Ourense, como paso previo á fase de deseño da solución sistémica e da acción piloto que contribuirá a impulsar unha viticultura rexenerativa.

O proxecto “Circular Ecosystems: Ecosistemas territoriales y soluciones sistémicas de Economía Circular”, cuxo obxectivo é previr a contaminación, estará en execución ata o ano 2026. O obxectivo é seguir impulsando unha estratexia provincial que promove unha agricultura sostible, dotando de ferramentas ao tecido produtivo.

Relacionadas

A Xunta de Goberno Local aproba o Plan estratéxico de subvencións da área de...

0
O Concello convoca un certame infantil de debuxos para elixir a postal coa que felicitará o Nadal 2024 A Xunta de Goberno Local do Concello...

O alcalde recibe no salón de plenos a halterófila Uxía Romero

0
A ourensá Uxía Romero é a primeira deportista internacional de halterofilia en máis de 25 anos e tamén a primeira en traer á nosa...

A Deputación de Ourense estreita lazos co centro penitenciario de Pereiro en proxectos deportivos,...

0
O presidente provincial, Luis Menor, mantivo un encontro de traballo co director do centro penitenciario, Francisco González; e a subdirectora de Tratamento, Ana Martínez,...

Luis Menor analiza co presidente do Consello Regulador a situación da Denominación de Orixe...

0
Accións de mellora para os produtores, xestión e turismo son os eixos nos que estará implicada a institución provincial, “por ser un sector absolutamente...

Luis Berardo Araújo releva a Roberto González como portavoz do grupo municipal do PP...

0
●         Luis Berardo Araújo recolle esta encarga con “moitas ganas e ilusión” e Roberto González expresa que este cambio chega por motivos estritamente profesionais, “pero...

O goberno provincial presenta na comisión de Facenda os orzamentos da Deputación para 2025,...

0
Por primeira vez na historia da institución supéranse os cen millóns de euros, cun incremento de 9.050.000 €, que supón un 9,42 % máis O...

Publicacións Relacionadas